Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Redefinición da Cidade da Cultura

Lobeira destaca o traballo para corrixir "unha herdanza envelenada"

Pediulles o deputado nacionalista aos responsábeis do PPdeG que "dean as contas que non deron durante todo o proceso" ao respecto do proxecto.

Redacción - 09:30 31/07/2007

"Xa está ben de que pretendan responsabilizar a outros das actuacións exclusivas de Manuel Fraga e Xesús Pérez Varela", queixouse Bieito Lobeira este luns.

Lobeira destacou o traballo desde a Consellaría de Cultura durante os últimos dous anos para corrixir os "danos" da herdanza do proxecto da Cidade da Cultura. "Estase conseguindo que unhas obras xa contratadas e licitadas poidan servir para algo", afirmou, destacando que iso se fixese a través da "interlocución cos sectores culturais e estes se involucrasen no proxecto". O deputado nacionalista salientou as explicacións que no que vai de lexislatura recibiu o Parlamento ao respecto da Cidade da Cultura e a "transparencia" en todo o proceso.


0/5 (0 votos)


Comentarios (3)

DanielErreCe #1 31/Xullo/2007 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Contra as doenzas infecciosas (e por tanto, moi contaxiosas) non valen panos quentes.

Certo: desde a Consellería de Cultura actuose de boa fe e con criterio participativo. Pero non abonda. A cidadanía espera que se actúe con contundencia e eficacia contra o nepotismo e a malversación. Actuar máis e falar menos: en canto o BNG se poña en serio a actuar segundo o seu ideario, moitos respiraremos máis tranquilamente.

De nada serve gobernar a calquera prezo (si vale, pero para que gañen PP e PSOE). De momento, só panos quentes. En dous aniños escasos pasaremos a factura electoral. E non o dubides, Lobeira, os que pagades máis rápido e a xuros máis altos sodes os bloqueiros (aí está a historia para repasar).

moledo #2 31/Xullo/2007 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A cidadania nom se luziu muito neste assunto, ninguém se engane ou queira enganar agora. Nom houvo muita coerência entre os que participaram nesse comité de agentes culturais que ia estabelecer o que se fazia coa Cidade da Cultura. As suas conclusons foram patéticas e em nada ajudaram nem para reformular o projecto e menos para o contestar, cousa que, já agora, logo sim faziam em petit comité alguns dos seus membros. Os mesmos que foram convidados pola Conselharia a aportar ideias para fazer ou desfazer logo apanhavam a Voz (casualidades, desde há apenas dous anos o chicote da Cidade) e diziam, olha, olha, isto é o que eu lá disse. Ou ainda, eu lá nada disse, mas tudo é umha merda, e pérolas assim... Neste pais há muito conto progre de petisco chachi, muito duplo interesse e muita gana de nom se molhar em nada que nom sejam as praias das Caraíbas.

DanielErreCe #3 31/Xullo/2007 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É que a cidadanía non se ten que lucir. Tan só, que non é pouco, exercer os seus dereitos. E un deses é pedir contas dos impostos que paga. A non ser, Moledo, que por "cidadanía" te refiras ás elites intelectuais, o que sería un chisco reducionista. Claro que podemos acabar dicindo que temos o que merecemos (algo diso haberá), pero, desde logo para min, non ten moito sentido adubar ese argumento. Polo demais, comparto os teus comentarios, por iso coido que o urxente é apelar sentido común para tentar amortecer no que sexa posíbel esta sangría irresponsábel de recursos e, sobre todo, esixir que dunha vez por todas afondemos na CULTURA da persecución implacábel dos/as malversadores/as de caudais públicos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: