Na páxina poden descargarse etiquetas para libros ou carteis de rebaixas.
A poucas semanas do comezo do curso escolar, a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de colocar novos recursos descargábeis na súa páxina. Os usuarios poden acceder a etiquetas para a identificación de cadernos e libros ou mesmo un horario escolar para que cubra o interesado.
Mais a web tamén oferece a posibilidade de acceder a carteis galeguizados de rebaixas, descontos, liquidación por peche ou reformas dirixidos ao sector comercial ou descargar felicitacións en galego.
Pero por favor, ¿a que chaman "recursos descargabeis na rede"? Calquera dos meus alumnos de 12-15 anos se escachifollaría de risa coas parvadas que propoñen...E tardarían 2 minutos en facer mellores etiquetas para o seu material escolar. Porfa, que non nos tomen por parvos. É INDIGNANTE.
Para matar máis e a un menor prezo, non hai mellor sitio que Galiza
Canal Verde