Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O delegado provincial en Lugo

Medio Rural pide que se investiguen as posíbeis "conexións especulativas" detrás dos lumes de 2006

Critica que o perfil do incendiario sexa "varón rural e desintegrado" por seren estes os autores "máis facilmente identificábeis".

Redacción - 17:22 28/08/2007
Emilio López Pérez

Emilio López Pérez

O delegado da Consellaría de Medio Rural en Lugo, Emilio López Pérez, pediu este martes que se investiguen as posíbeis "conexións especulativas" que pode haber detrás dos incendios forestais de hai un ano en Galiza . "É un problema cunha transcendencia suficiente como para investigar a fondo", defendeu.

En referencia á crise incendiaria en Grecia, onde o seu goberno apuntou nesta senso, López Pérez advertiu de que "cómpre ter en conta que pode haber moitos incendiarios con intereses criminais de facer dano e con intereses nada lexítimos". "En Grecia recaen as sospeitas sobre intereses especulativos. En Galiza existe tamén un grande cúmulo de causas na causa dos incendios", apuntou.

López Pérez admitiu que "non ve lóxico" que en Galiza "só se fale do perfil do incendiario como un varón do rural e desintegrado". Para López Pérez, este é o perfil dalgúns "incendiarios, precisamente daqueles que é máis doado de identificar".

O delegado de Medio Rural fixo fincapé noutras motivacións tras os incendios. Así, recordou que mesmo houbo "sabotaxes" a máquinas en Pontevedra, "non hai moito tempo". Por iso, concluíu que non se trata de "delincuentes calquera". "Hai cousas que merecen ser investigadas a fondo", insistiu.


4,25/5 (4 votos)

Comentarios (4)

Erasmo #1 28/Agosto/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agradécese a valentía aínda que chegue algo tarde... a ver canto tempo tarda en ser CESADO o Sr.Delegado de Lugo (polo ínclito Suarez Canal...?)

Se queren investigar teñen material dabondo na rede outra cousa ben distinta é poñerse a traballar cos medios necesarios para elo:

http://galiza.indymedia.org/gz...">http://galiza.indymedia.org/gz...

A SOLUCIÓN SEGUIR OS PLANOS DO LUME
(Publicado o 15 de Agosto 2006)

Se observamos con atención o mapa da devastación producida polo lume na nosa terra... podemos ver coma os terreos queimados están nas cabeceiras das rías, ó longo das rías que contan con vías rápidas e nos puntos onde as autopistas morren nas costas, ós arredores dos grandes nucleos de poboación que precisan arredores urbanizables en lugares privilexiados... co tempo precisaremos as áreas urbanizables xeradas polos incendios das mafias criminais...!

Animo a cantas persoas teñan medios para realizar estes estudios con facilidade que o fagan e non deixen esquecer esta aldraxe á dignidade do pobo galego: non todos somos narco-promotores!!!

Levamos anos observando como o diñeiro negro (e tamén branco!) refuxiase na especulación do ladrillo para obter dividendos aparentemente sinxelos (e libres de impostos!)...

É práctica común vender pisos en sesións restrinxidas de SUBASTAS onde Notarios 'ad hoc' rexistran escrituras pola metade do prezo da subasta do inmoble e os apoderados dos Bancos asinan avais bancarios coma churros... os maletíns van dun sitio a outro sen deixar nin rastro!

Só unha situación coma esta permite elevar os prezos da vivenda ata o INFINITO... áticos frente o mar por 110 millóns de pesetas que nunca máis se habitan... prantas enteiras de apartametos mercados sobre plano que nunca se poñen en aluguer en mans de Administradores de Fincas... urbanizacións que medran coma fungos mesmo contra as condicións iniciais...!

E así levamos anos e anos mirando sempre para outro lado...!

Esta vez as cousas foron demasiado lonxe:
QUEIMARON MEDIA GALIZA PARA FACER NEGOCIO...!

Ou plantamos cara ó narco-urbanismo ou hipotecamos a vida das xeracións futuras para sempre! ¡Non é ningunha broma!

Na manifestación do domingo 20 en Santiago 12 horas temos que berrarlles ben alto e claro que... NON OS QUEREMOS NESTA TERRA NUNCA MAIS...! Que se metan os seus millóns onde lles quepa...!

Que Galiza non se vende... nin hoxe nin mañán...!

Que IMOS IR POR ELES ATA O FINAL...!

A Lei do Solo de Galicia (aprobada por unanimidade) tiña letra pequena... aproveitaronse da inxenuidade do lexislador... agora temos que FACER OS PLANOS DO LUME:

Abrir un Rexistro Oficial e Público e Gratuíto (para que todos podamos acceder a el sen custe algún via Internet) de tódalas operacións de compra-venta que se realicen en terreos queimados... e lexislar todo o que cumpra para impedir que HIPOTEQUEN A NOSA TERRA...!!!

A recuperación do monte deben pagala os mesmos que o queimaron...! Non máis negocios á conta do orzamentos comunitarios...!
Os bens dos narco-urbanistas pagarán a rexeneración do monte...!

PARA DESEÑAR O FUTURO DO MONTE GALEGO compre aprender dos erros do pasado e escoitar ós que coñecen o tema!

http://incendios-forestales.bl...

==========================================

Este post entrou en GalizaIndymedia o día 17 de Agosto 2006...
http://galiza.indymedia.org/gz...">http://galiza.indymedia.org/gz...

Na rede existen moitas informacións que DEBERAN INVESTIGARSE...!!!

xansenmedo #2 28/Agosto/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Non me funciona a páxina!

Erasmo #3 28/Agosto/2007 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei porque fallan os enlaces?

http://galiza.indymedia.org/gz...

Aquí hai material dabondo para INVESTIGAR se queren facelo:

http://galiza.indymedia.org/gz...

BonKarallan #4 28/Agosto/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Chámase Medio Rural porque o outro Medio está queimado

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: