O parque eólico das Brañas de Xestoso (Pontevedra) e as macropiscifactorías previstas no litoral galego son para Adega dous dos causantes da destrución destes espazos.
Para a asociación ecoloxista Adega a construción dun parque eólico no Lugar de Interese Comunitario (LIC) das Brañas de Xestoso (Pontevedra) e as macropiscifactorías proxectadas para a costa galega levan consigo a destrución da Rede Natura. Ámbolos dous son proxectos insustentábeis ecolóxica e economicamente, e deberan ser postos en coñecemento da UE.
Así o explican Adega no Canal Verde de Vieiros.
Galicia é unha marabilla natural pero estes políticos están a esnaquizala. Debemos levantar a voz e dicir que basta xa de especular cosa nosa terra para beneficio duns poucos. As grandes empresas multinacionais da acuicultura, da construción e da enerxía estannos a colonizar coa colaboración da clase política.
Basta xa de desfeita na nósa terra. Con tanta proliferación de parques eólicos sen control que ocupan moito e crean poucos postos de traballo, de acuicultura sen freno que levan miles de millóns de subvencións e destrúen cada unha delas ducias cando non centos de miles de metros cadrados para uns poucos postos de traballo, de urbanizacións que están a desnaturalizar toda a costa, de autovías a esgalla que dividen de forma irreparábel o medio natural e constitúen enormes trampas mortais para a fauna.
Qué clase de Galicia estamos a construir?
Mmmm, eu lembro hai anos que se falava das "energias alternativas" como a soluçom mágica para o futuro, entre outras cousas falava-se da sua inocuidade e da sua limpeza.
Despois de ver a destruiçom de certos lugares por culpa dos parques eólicos (a que mais me chocou e indignou foi a da Serra do Gistral, no norte de Lugo) haveria que ter-se qüestionado há já muito tempo certas ideias. Mesmo talvez no fututo haja que voltar a falar da energia nuclear, ou isso ou reduzir voluntariamente os nossos níveis de consumo energético, algo a cada vez mais utópico, na verdade.
Moi boa Jatopardo. Ó cen por cento contigo.
Pois eu só estou a un dez por cento contigo, Jatopardo. Os políticos son os únicos que nos poden salvar de estraga-lo medio, porque son os que ordenan. En concreto a responsabilidade das piscifactorías é de pesca, e dos aeroxeradores de industria. Medio ambiente ten que loitar contra elas e contra decisións do goberno anterior. Como comunidade atrasada que somos, a comunicación entre elas fallou sempre e segue a fallar. Tampouco pedimos as responsabilidades correctamente en moitas ocasións, xa que se pasa algo sempre miramos aos políticos (afeitos como estamos a unha semiditadura) e non investigamos que empresa, que persoa dentro da empresa e, por que non?, que político cómplice, foi o responsable. Dicimos alegremente que veñen de fóra estraga-lo noso monte, cando fomos os galegos de a pé quenes eucaliptizámo-lo monte, quen agora se apunta a empresas eólicas (moitas desa zona son integramente galegas). En fin, que cheira a atraso por tódolos lados.
Non, Sozinho, non, os políticos deberían ser a solución aos males de Galicia, pero como podemos ver, realmente están a ser parte do problema. Disme que as piscifactorías son responsabilidade de pesca (Carmen Gallego – PSdG), os aeroxeneradores de Industria (Fernando Blanco – BNG) e que Medio Ambiente (Pachi Vázquez – PSdG) ten que loitar contra accións do Governo anterior (PP).
Como podemos ver, polo tanto, son políticos de todas as formacións as que están detrás da destrución do medio natural galego, porque vamos a ver, ¿quen aproba o plan acuícola?, ¿quen está a pedir a Madrid máis potencia eólica para Galicia?, ¿quen está a permitir a apertura de canteiras no Courel? OS POLÍTICOS. E como podemos ver, na falta de respecto pola nosa terra da igual a qué partido pertenzan. Os de Adega pasaron toda a etapa de Fraga denunciando as falcatruadas da Xunta, e agora co governo PSdG- BNG, teñen que seguir coma antes, intentando defender Galicia dos desmáns duns políticos que semellan estar en mans das grandes multinacionais.
¿Qué os cidadáns galegos somos moi responsables da desfeita de Galicia? Non me cabe dúbida ningunha. O que máis o que menos fai o seu galpón ilegal, os da pesca do cerco seguen a tirar dinamita ao mar, os que prendemos os montes somos tamén galegos (ou iso parece), e os políticos que nos están a governar tamén son galegos. Agoran ben, no sector enerxético en Galicia, que esnaquizou a nosa terra con térmicas, hidroeléctricas, e duns anos a esta parte con eólicas, as empresas que levan a parte do león son Iberdrola, con sede en Bilbao, Fenosa con sede en Madrid e Endesa, tamén con sede en Madrid.
En canto ao eucalipto, foi un desastre ambiental, pero sempre queda a solución de ir talando os eucaliptais e reforestar de novo con caducifolias. Pero que me conten como imos talar os aeroxeneradores, como imos tapar a enorme rede carreteras que atravesan os nosos montes para comunicar os parques eólicos, como imos facer para que os nosos ríos volvan a ser como antes da invasión das hidroeléctricas, como faremos para que a nosa costa se recupere do impacto urbanístico e acuícola. Porque que ninguén se leve a engano, esta destrución non hai voluntarios que a limpen como en tempos do chapapote. Ahí deixaremos como herdanza da desfeita de Galicia para os nosos fillos e netos.
Xa digo, pode haber políticos cómplices, pero a forza de pedir responsabilidades aos que non representan, parece esquecemos existe a xustiza. Os políticos soen ser culpables de neglixencias, ás veces tamén de prevaricación, pero quen leva a iniciativa da destrución é o sector privado a gran escala (Pescanova, Ence...) ou a pequena escala (minifundismo neglixente que se deixa guiar). O de Adega era previsible, o que me estraña é que definíndose ultimamente tanto polo BNG se vexan obrigados a atacalos un pouco co do Courel, Xestoso... Iso proba que a dinámica económica que levamos é altamente destrutiva, que hai atraso, pero non que os políticos pretendan o mal. Manteño pois ese 10 %. Só che digo que agardes uns tres anos, cando se finalicen os proxectos da Xunta anterior que non se conseguiron parar e poderemos entón ver claramente por que ritmo destrutor optou este goberno (desenganémonos, somos humanos, sempre destruímos).
Para matar máis e a un menor prezo, non hai mellor sitio que Galiza
Canal Verde