Alén das iniciativas que xurdiran na primeira xornada do debate parlamentario, lingua e medio rural aparecen como algunha das principais novidades entre as propostas de resolución.
A segunda xornada do Debate sobre o Estado da Autonomía ten actualidade na mañá deste mércores coa presentación conxunta na Mesa do Parlamento e por parte dos grupos parlamentarios de PSdeG e BNG dun conxunto de 28 propostas de resolución.
O pacto posíbel pola lingua
Comprometer a medios de comunicación, entidades empresariais, grupos políticos, sindicatos e asociacións en favor de iniciativas que consigan un "incremento real do uso oral e escrito" do galego é obxectivo do "gran pacto pola lingua" que cren necesario socialistas e nacionalistas e así instan ao goberno a promovelo.
De xeito concreto, PSdeG e BNG tamén acordaron pedir que a Xunta promova unha "estratexia de coordinación de planificación lingüística nos distintos ámbitos territoriais de Galiza a través do Consorcio para a Planificación Lingüística". A idea é que as administracións cumpran un "papel normalizador" activo para garantir o galego como lingua habitual de relación coa administración. No mesmo sentido propoñen aprobar a Normativa de Usos Lingüísticos da Xunta.
Acelerar a reforma forestal
Outra eixo destacado do acordo de PSdeG e BNG aparece no impulso das novas políticas forestais. Nese eido propóñense dúas ideas fundamentais. En primeiro lugar o desenvolvemento das Unidades de Xestión Forestal, xa contempladas na Lei de Prevención de Incendios, e de cara a obter "mellor aproveitamento silvícola" e avanzar na valorización do monte. Do mesmo xeito, solicitan que no prazo dun ano estea lista a Lei de Montes, baseada en criterios de sustentabilidade, multifuncionalidade, participación dos sectores implicados e cooperación administrativa coas comunidades de montes en man común.
O traspaso de tráfico queda fóra das prioridades
Na chamada a intensificar o proceso de diálogo co goberno español para avanzar no proceso de transferencias, sinálanse as materias de salvamento marítimo, inspección de traballo, transferencia da titularidade de inmobles da Seguridade Social e de centros de investigación, arquivos, museos e bibliotecas.
Pola súa banda, Fernádez Leiceaga, preguntado polos xornalistas, rexeitou pronunciarse sobre un posible apoio dos socialistas á proposta do vicepresidente, Anxo Quintana, de impulsar unha proposición de lei que esixa ao Goberno central o traspaso das competencias de tráfico e seguridade vial. Queda pendente a arela das competencias en materia de tráfico e seguridade viaria. Neste punto, os socialistas defenden estar de acordo na solicitude, malia que indican que debe haber un pacto previo a nivel da Xunta antes de pronunciárense no Parlamento.
A galería de proposicións complétana temas diversos. Entre outros: o financiamento de plans locais de inmigración; o Plan Estratéxico da Infancia e a Adolescencia; a posta en funcionamento da Axencia Galega de Emerxencias; o despregue de consorcios territoriais e parques contra incendios; a posta en marcha dun sistema telemático de xestión policial; a posta en marcha dun Instituto de Estudos do Territorio e da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, antes de que acabe o ano; o Proxecto de lei de fomento do transporte público colectivo; o novo mapa de áreas funcionais de Formación Profesional; a mellora do financiamento universitario; un Plan de Seguridade Mineira; axudas á industria aeronáutica; o estabelecemento dos Premios Nacionais da Cultura Galega ou a elaboración dun Plan Estratéxico de Infraestruturas Hospitalarias.
Perguntinha: nessa eventual "Lei de Montes" recolherá-se nalgum recuncho as medidas a curto, meio e longo praço contra o eucalipto (Eucalyptus globulus) na Galiza? Estas seriam, ao meu parecer:
1. A curto praço:
- Nom permitir desde a entrada em vigor da Lei a plantaçom de eucaliptos a particulares e empresas em território galego.
- Eliminar aquelas plantaçons perpetradas no 2007 e eventualmente no 2008.
- Eliminar as plantaçons de eucalipto dentro dos límites dos espaços naturais galego (no Parque Nacional já se está a fazer, agora quedariam aqueles incluidos na Rede Natura 2000 e os Parques Naturais).
2. A meio praço:
- Eliminar ao menos um terço das hectares com eucalipto em território galego, com preferência aqueles que lhes toque o turno de corta e na Galiza oriental.
- Estabelecer planos de controlo de rebrotamento com medidas nom danhinhas com o meio natural naquelas zonas onde se eliminou o eucalipto dentro das medidas anteriores.
3. A longo praço:
- Umha vez acadada as idades aptas para as cortas, ir mobilizando os "stocks" de eucaliptos na Galiza até, nalgum momento, ficar só com eucaliptos com finalidade ornamental na Galiza.
Sonhar é grátis...
CDRC
Que novidade! Os deberes para o final, antes das eleccións. Canto culesterol hai en Galicia, meu deus! Agardemos que gañen as eleccións, así en 8 anos notarase que sentaron as bases para que os cidadáns de pasado mañá comecen a gozar do estado de benestar en Galicia.
Saúdos
PD: exiga?, industroa?
"gran pacto pola lingua"...mmmmmmmm xa o vimos coa escolla dun Valedor do Pobo galegoexterminador!
"Comprometer a medios de comunicación, entidades empresariais, grupos políticos, sindicatos e asociacións"...
Claro!, para cumprir coas obrigas propias haivos que encirrar os outros para que llo esixan a un!
O bipartito, o Goberno da Galiza o que vos ten que facer é respectar o ordenamento xurídico vixente en materia de dereitos lingüísticos e deixarse de buscar excusas: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a territorial propia (nomeadamente o castelán cos outros españois mentres non sexa substituído por outra lingua de maior potencialidade interlingüística como lingua común ou universal no cativo universo das linguas españolas).
Todo isto non vos é máis que o de sempre: tentar xustificar a sistemática, teimuda e consciente violación dos dereitos lingüísticos na Galiza.
#PSdeG e BNG tamén acordaron pedir que a Xunta promova unha "estratexia de coordinación de planificación lingüística nos distintos ámbitos territoriais de Galiza a través do Consorcio para a Planificación Lingüística"#. ??? Só vos hai unha estratexia digna de tal nome: CUMPRIR A LEI!! O resto, insisto, évos falar barato, enganar e violar os dereitos lingüísticos.
"propoñen aprobar a Normativa de Usos Lingüísticos da Xunta". INSISTO outravolta: adiar, excusar, infrinxir, violar os dereitos lingüísticos na Galiza. Tamén significa que nin tan siquera coñecen a lexislación vixente e aplicábel na materia.
O que si poden facer é APROBAR A LEI DE USOS LINGÜÍSTICOS NA GALIZA, clareando os deberes, dereitos e cargas de todos ó respecto!, e deixarse xa de sectorizacións goras (a Administración autonómica, a local, a periférica, a institucional, a corporativa, o comercio, a industria, a mocidade, a madureza, .... até o noxo máis insoportábel!).