Medio Ambiente pagou unha media de case 20 euros por un vídeo que se pode mercar en tendas por apenas 11.
Arredor de 580 mil euros é o orzamento do Ministerio de Medio Ambiente para a adquisición do lote de vídeos do documental Unha verdade incómoda, mercados coa fin de enviarllos ás escolas para seren proxectados nas aulas. O total de 30 mil copias adquiridas saen xa que logo a unha media de algo máis de 19 euros.
Paradoxalmente, facendo unha procura rápida pola rede atopamos que o prezo do vídeo no mercado é significativamente menor. No momento de escribirmos estas liñas, na macrotenda internáutica de Amazón vémolo por apenas 14,7 euros. Na web da tenda Gong atopámolo por 11,35 euros.
Xa que logo, o executivo estatal abonoulle á produtora arredor do dobre do prezo de mercado, sen rebaixa ningunha e malia ser o obxectivo a súa utilización na comunidade educativa. Serviría esa elevada suma de cartos para deseñar programas didácticos para tratar especificamente o tema do cambio climático de xeito didáctico? Podería ter adquirido o ministerio un número menor de copias con dereito a copialas para a súa proxección nas escolas? Preguntas incómodas para "Unha verdade incómoda".
Normal...esto del cambio climático es ante todo un chollo para progres multimillonarios como Al Gore...¿o qué os pensábais?
escusan de gastar nin un can, pois nada vale o que diga o carniceiro segundo de Yugoslavia e outras fazañas no Planeta
Normal...esto del cambio climático es ante todo un chollo para progres multimillonarios como Al Gore, los inteligentes como nosotros no nos lo creeremos hasta que nos extingamos...¿o qué os esperabais?
Si tan interesado está este siñor do PELOTAZO (pascual Serrano) porqué non o colga gratuíto -que na internet nunca o é- ou porqué non o pasa pola tv?
O único interese é o dos cartos, e seguro que llos cobrará tamén ós paises do terceiro Mundo!
Ben claro queda.
Non sei, pero paréceme que o gasto non é polos dvd's, senón polos dereitos pra poder reproducilo en público, neste caso nas escolas...
Ai, ai,ai...
Pásovos parte de uns comentarios de Javier Ortiz:
" ...un político que se negó en su día a firmar el Protocolo de Kyoto no debería en ningún caso recibir reconocimiento universal como defensor de la causa que él mismo boicoteó. Súmese su defensa de las terribles fumigaciones masivas del Plan Colombia, tan dañinas para los campos como para los campesinos.
Cuando Gore habla del medio ambiente, siempre insiste en “la responsabilidad de todos”, difuminando quiénes son los grandes agentes contaminantes y quiénes no tienen ni para contaminar.
Como número dos de Clinton, Gore se negó a aceptar la autoridad del Tribunal Penal Internacional y aprobó acciones militares en Sudán, Afganistán, Irak, Haití, Zaire y Liberia, amén de todas las de la ex Yugoslavia.
Es un ecologista de salón y un pacifista de pega. Muy adecuado para un Premio de la Paz que lleva el nombre del inventor de la dinamita.