Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EXEMPLO DE NEUTRALIDADE TECNOLÓXICA

Obrigan á BBC a dar servizo aos que non usan Microsoft

Mentres, os vídeos da TVG funcionan co Windows Media Player, que dificulta que se vexan en Mac e Linux

M.V. - 13:15 18/10/2007

A BBC en internet debe ser para todos, tamén para os que navegan con Macs e ordenadores con Linux. Así acaba de ordenalo a BBC Trust, a institución que fiscaliza o prestixioso medio público do Reino Unido.

A polémica naceu cando BBC news, unha das webs de noticias máis populares do mundo, lanzou o iPlayer. Este servizo permite descargar programas, pero non funciona se non tes instalado o sistema operativo Windows XP, o navegador Explorer e o reprodutor Windows Media Player .

A intención iniciail da cadea era estender o iPlayer ás outras plataformas, pero só se lle resultaba rendíbel. Plans que a cadea debe reformular agora, pois a BBC Trust imponlle que o servizo público debe ser accesíbel para todos, sexa cal sexa o seu sistema operativo ou navegador .

TVG, si pero non
Trátase dun exemplo máis de como a neutralidade tecnolóxica gaña adeptos nas institucións públicas europeas.

Mentres tanto, en Galiza a páxina da Televisión de Galicia só permite ver os vídeos co Windows Media Player de Microsoft, circunstancia que dificulta, aínda que non impide, a súa visualización aos internautas que non confían no sistema operativo do xigante norteamericano.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

BonKarallan #1 18/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Muito obrigado

dumiense #2 19/Outubro/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outra proba da cantidade de pasos que nos quedan para chegar a un mundo igualitario... liga das estrelas que dicía o paspán do touriño? anda por favor

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: