Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avance cara á integración

Pasiños de Croacia e Serbia cara ao acubillo da Unión Europea

Explicou o comisario de Ampliación que Croacia sería o socio potencial que máis avanzou. A crecente colaboración de Serbia cos tribunais internacionais tamén lle fai gañar puntos.

Redacción - 09:00 07/11/2007

De "exemplo" para toda a zona dos Balcáns cualificou este martes o comisario encargado da Ampliación da Unión Europea, Olli Rehn, os avances de Croacia no seu camiño para a integración na UE. O comisario recoñeceu que o país vai firme nas reformas esixidas para entrar a curto prazo como socio da Unión Europea.

Máis lonxe estaría Serbia, pero Rehn quixo ser optimista esta semana e sinalou que o aumento da colaboración deste país co Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia son boas novas para o proceso. Con todo, advertiu de que aínda que se completase a primeira fase, pechada co acordo de asociación da UE con Serbia, este documento non será asinado até o momento en que se produza a entrega entre outros de Ratko Mladic, un dos máis significativos criminais de guerra que debe sentar diante do tribunal.

O informe anual sobre o conxunto dos países candidatos tamén deixa un pequeno xesto para Turquía, concedéndolle ao goberno turco a súa vontade "proeuropea" e destacando "algúns progresos" na democratización das institucións.


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

piorno #1 7/Novembro/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que significa o título desta notícia? A Uniom Europeia nom «acubilla» ninguém.

Nos anos 60 e 70 do século passado algumhas pessoas tinham umha concepçom diferencialista e vulgar da língua. Parece que ainda há gente que ficou nesses anos e que nom repara em que os leitores e leitoras cultos do século XXI já há décadas que ultrapassárom essa fase. O isolacionismo e o diferencialismo vulgar têm as horas contadas.

Umha outra redacçom é possível. Por exemplo:

PEQUENOS PASSOS DA SÉRVIA E DA CROÁCIA PARA A INTEGRAÇOM NA UE

figologo #2 7/Novembro/2007 figologo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Piorno, eu penso que a concepción vulgar é a de quen se conforma coa simpleza. Se o noso idioma é rico, porque non usalo libremente? Non vén "acubillar" nos diccionarios? Carallo, a min paréceme ben bonito o titular.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: