Maiores esforzos "preventivos", reforzo de medios operativos, novas medidas lexislativas, un servizo "público e galego" de salvamento marítimo... Desafíos aínda sen solucionar mentres os últimos fíos do chapapote van esvaendo das costas.
Algunhas prioridades sinaladas pola Plataforma Nunca Máis:
- Carecemos dun buque anti-contaminación con base en Galiza.
- Non dispoñemos de cobertura satelitaria para o Dispositivo de Separación do Tráfico Marítimo de Fisterra, nin de cobertura de radar plena do conxunto do litoral galego.
- Precisamos melloras na cobertura aérea das nosas costas, así como a corrección de deficiencias nas comunicacións marítimas.
- O Plan de Continxencias por contaminación mariña, aprobado hai un ano polo Goberno galego non veu acompañado de ningunha acción preventiva, do tipo dun simulacro de actuación. Son necesarios plans deste tipo por rías e por portos.
- Non existen centros de almacenamento operativos para facer fronte a unha emerxencia por contaminación mariña.
- Non está claro que estean determinados na costa galega ‘lugares refuxio’ para situacións de emerxencia no mar.
mentras non deixen de ser centralistas e miren cara galiza sera sempre mais do mesmo, nos sabemos o que queremos e ninguen doutro lar coñece mellor o noso.
SEMPRE EN GALIZA
E menos mal que temos unha ministra galega que atende tan ben as peticións de transferencia
Concordo co Jujolor, mas quizais também deveria partir de nós deixar de estar sempre á espectativa, a pedir, e começar a actuar.
craro o pior de tudo isto e que mentras non nos toque a nos a lle toque ao do lado non vai connos, somos asi que lle vamos facer mais viran tempos millores e nos o miraremos.O noso temo que defendelo nos os galegos coma poden gobernarnos alguen que antepon a E antes da G, pois mentras non troquemos iso seguiremos igoal o importante pra o pais e cambiar e que domiñe a G antes que a E, eso demomento e o mais importante pra que non suceda NUNCA MAIS.
SEMPRE EN GALIZA
Isto cheira a pre-eleitoralismo barato. Essa panda de gentinha que apropriou de Nunca Mais (plataforma cívica, há que lembrar) só obedece a interesses de certo partidinho.
- Onde estão as reclamações nestes ultimos anos? Acaso ao novo governo autonómico não se lhe pode protestar, só ao de Fraga?
- Acaso a Conselharia de Pesca não têm algumas competências que lhe permitem resolver algumas das deficiências? Os orçamentos terão prioridades, digo eu.
- Onde está Nunca Mais quando os afectados de Reganosa estão a protestar? Ou é que a entrada de buques gaseiros numa ria sem calado não constitúi um risco? Acaso o aumento de temperatura da água marinha no processo de trasfegado do gas liquado que mata o marisco neste caso não importa? Não é um perigo ter esses depósitos dentro mesmo duma população. Será que no governo há pessoas com investimentos naquela empresa?.
- Que resposta deu Nunca Mais (Trade Mark) ao intento de reactivar a plataforma para protestas contra os lumes, ou agora a desfeita ecológica que está a sofrer a Galiza mais valiosa enquanto a espaços naturáis?.
- É tudo culpa do governo da Ejpaña? Desde a Galiza não se pode fazer outra cousa que choromicar aos filhos da puta que não estão por dar nada?.
Há ter memória. E cambiar "o chip". Esta situação anos despois seria impensável em Euskadi ou Catalunya.
Nunca Mais, Sempre!
Nunca Mais (Marca Registrada), que vos fodam!
mceleiro tes bastante razón, os da Plataforma que tiñan a web rexistrada a nome do BNG e agora ten a dirección de certa organización ecoloxista pois moito ladrar daquela pero agora no resto de actuacions nada, e do plus dos 15000 non dixeron nin mu..
Dan algunhas ideas que creo que son de sentido común, pero a de portos refuxio, estaría ben que se mollaran e deran 3, un para as rías baixas, outro para a zona de Fisterra e outro para a costa lucense. Pero claro mellor estar caladiños que logo quedan marcados.
Debemos lembrar que días antes da catástrofe do Prestige houbo un simulacro de accidente semellante ao que tivo o Prestige, e a solución no simulacro foi levalo a porto, poñer barreiras e chupar o crú do barco, sinxelo e contaminación mínima.
Pero din as malas linguas que cando ían facer iso certo alcalde e a autoridade portuaria correspondente dixo ui ui aquí na Coruña non entran que isto mancha.... ¿e a que porto se levaría? ¿que porto aceptaría o buque? Esas son preguntas que debemos resolver XA, porque volveremos a ter outro Prestige, xa tivemos antes máis e haberá máis, é simple estatística.
¿e que fixo o novo goberno que contratou de novo á mesma empresa de remolcadores? Non eran tan malos, malísimos que eu lembro que os do BNG os puxeon a parir e agora lles dan outro contrato ¿en qué quedamos?
Antes os lumes eran culpa dos do PP e das mafias incendiarias, o CES-GALICIA (http://www.ces-galicia.org) no seu momento fixo un informe que ninguén leu indicando as causas e solucións, logo seica non había mafias, eu e que non entendo nada. Minto si entendo, agora que se está na poltrona do poder cambian as tornas e o que antes era malo agora xa é bó.
De feito ata están a favor do plus dos 15000 euros, e polo que parece lles obrigaron a votar a favor porque eles non querían, pobriños, jajajaja danme unha peniña.....