Esta exposición itinerante organizada polo CCG busca dar a coñecer a diversidade da cultura galega alén das nosas fronteiras
Profeta Daniel
Do profeta Daniel do Pórtico da Gloria a Daniel Castelao, outro dos profetas da nosa cultura, esta mostra promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), tentará espallar por Braga a realidade dunha nación e fomentar o diálogo intercultural. A exposición poderá visitarse até o 20 de decembro no Salón Medieval da Reitoría da Universidade de Miño.
Visual e interactiva, a mostra realiza un percorrido dende os tempos prehistóricos até a actualidade, co obxectivo de dar a coñecer o pasado de Galiza, pero tamén presentar a situación actual do noso país, tanto nos aspectos culturais como institucionais, económicos e sociais, arredor de dous grandes fíos temáticos, que son a identidade e a universalidade.
Dende a súa presentación en Barcelona en 2004, esta exposición, orientada aos galegos residentes fóra da terra, xa visitou diferentes localidades brasileiras, onde obtivo un gran éxito de convocatoria con case 15.000 visitas nun mes. Agora diríxese cara ao país veciño para mostrarse como unha das polas da variedade cultural ibérica e coa vantaxe da súa proximidade ao mundo luso-brasileiro.
Cinco bloques temáticos
A exposición estrutúrase arredor de cinco eixos básicos: o espazo físico e humano; a evolución histórica, lingüística e literaria; os ámbitos de produción tradicional e a cultura nos que agroman; os novos eixos económicos e institucionais sobre os que se proxecta o futuro e, por último, a condición de Galicia como “porto e porta”, en relación aos procesos de mestizaxe cultural.
A pesar de ser esta unha iniciativa xurdida dunha institución pública, non ten unha intención partidaria nin gobernamental, xa que , segundo afirma o presidente do CCG, Ramón Villares, deberá propiciar "a apertura de camiños de entendemento na pluralidade cultural española e mesmo ibérica".
Têm o "rosto" de pregoar na República portuguesa um texto assim escrito?
«Galicia, o sorriso de Daniel é unha exposición promovida polo
Consello da Cultura Galega, que ten, entre outras misións, a de proxectar cara ao exterior a riqueza e diversidade da cultura galega, en calquera das súas manifestacións. De acordo con este obxectivo, a exposición foi concibida como unha actividade de divulgación e de espallamento da riqueza cultural de Galicia, dirixida de forma preferente a galegos que moran fóra de Galicia ou a non galegos que teñan algún interese pola cultura galega.
O seu fío argumental está encomendado a dúas figuras ben desemellantes, pero emblemáticas, que veñen a ser unha síntese da mensaxe e dos obxectivos da exposición. A primeira figura é unha estatua, a do profeta Daniel que está no Pórtico da Gloria da catedral compostelá, esa obra cimeira que o mestre Mateo achegou á arte medieval europea, na que tímpanos e arquivoltas están habitados por santos, profetas e apóstolos, con “semblantes tan verdadeiros” que Rosalía de Castro ata quixo maxinalos vivos. O máis vivo de todos, o profeta Daniel, é un dos nosos protagonistas, o que está a sorrir. É o primeiro sorriso esculpido en pedra na Europa medieval. E, como contrapunto, unha segunda figura, neste caso de carne e óso, a de Daniel Castelao, que representa un dos máis sólidos esforzos por construír a identidade cultural e política de Galicia no século XX, aquela figura con aspecto de “santo laico” á que Wenceslao Fernández Flórez aludiu como o guieiro espiritual do pobo de Galicia. Ambas figuras representan o compoñente identitario, pero tamén universal, da cultura galega...»
DEVERAS que é um insulto à inteligência dos destinatários portugueses e uma amostra da falta dela (por excesso de "espaÑolidad") nos responsáveis dessa "institución pública" que não tem "intención partidaria nin gobernamental" (HA, HA, HA, HA).
A quem pretendem enganar uns e outros?
Advertem, meus, que, junto da cantilenla da apertura de camiños de entendemento na pluralidade cultural española e mesmo ibérica", aparece o conto da "mestizaxe cultural"...
Ah, espaÑa, espaÑa, não te bastou com escravizar os índios e negros na América, que precisas acabar com os "feitos diferenciais" da Península, incluído Portugal?
P.s.- Pobrinhos os doua Daniel, o profeta, encerrado num novo foxo de leões, e o político, negado sob a máscara de artista sorridente que os leões lhe colocam...!
E por riba, patrocinado pelo Instituto Cervantes, o do Ñ, sem N... O til de nasalidade em Portugal serve para marcar nas vogais, logicamente, o que lhe corresponde.
Mas, já sabemos, o Ñ, "creación espaÑola", é marca de "espaÑolidad" onde quer... E o "galego" escrito, argalhado por "instituciones espaÑolas ni partidarias ni gubernamentales" (HA, HA, HA, HA),
Desculpem. Acabo, leva essa marca de "espaÑolidad", como o touro que vai morrer a "divisa" do seu amo.
Já estão enfrentando Galiza e Portugal de novo. Levam a Galiza espanholizada a Portugal para fazê-la passar por estrangeira lá, quando nas praças portuguesas figura Daniel a dizer que a nossa língua floresce lá...
Uma nota de um outro "observador", neste caso, bracarense: Que a Galiza se encontra complétamente castelhanizada, não é novidade para a generalidade da população de Braga, onde existe o hábito de visitar a Galiza a miúde. Também não é novidade cá, em Braga, para quem se interessa pela questão línguística na Galiza, as várias hipóteses possíveis para o futuro da língua a norte do Minho. Tem havido o mérito, tanto do CEG de Braga, assim como do Director da Biblioteca da Universidade do Minho (local onde se realizou o evento), de dar a conhecer as várias hipóteses que estão em cima da mesa (Ou deveriam de estar efectivamente!).
Concordo que este tipo de iniciativas tem também como objectivo criar barreiras diferênciadoras, embora pareçam o contrário, mas de momento é o que há, ou melhor, "es o que hai".
Cumprimentos
Não é o que há. Também há outras cousas. Se é certo que em Braga não são novidade as "várias hipóteses possíveis" então não se deveria partir do "é o que hai", mas dO QUE HÁ.
Dentro de um âmbito institucional, evidentemente que não é possível. Cabe-vos a vós, e só a vós, mudar as circunstâncias. Podem contar com a minha solidariadade. Boa sorte!
http://es.answers.yahoo.com/qu...
sobre a Ñ
Profetas, mártires, santos, graal, Grial... Apóstolos, reis suevos, matriarcas, Cristóvãos Colombos, Pátrias, Mátrias... Bandeiras, estrelas, hinos, Breogãs, saudades... Irmãos, Vieiros, guieiros, ultreias, petrúcios, devanceiros...
Eu pensei que vivia num país, não numa lenda, não num santoral, não numa bíblia.
Que peninha.
-celso