Recordando as loitas de Castelao, Bóveda e tantos outros, así convida a enfrontar o futuro don Avelino Pousa Antelo, sen desfalecer nas conviccións galeguistas.
Avelino Pousa Antelo é case o “último mohicano”. Na súa mocidade formou parte do histórico Partido Galeguista que comandaban Castelao e Bóveda. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de 1936. Durante a longa etapa da ditadura compaxinou o seu traballo como mestre coa paixón polo cooperativismo agrario. Sete décadas despois mantense fiel aos mesmos ideais. Preside a Fundación Castelao e percorre todo o país para asistir a múltiples actos.
Pasada a fronteira dos 93 anos, Lucho do Peto, como lle dicían na súa Barcala natal, segue a ter uns ollos cheos de vida que acompañan á perfección o seu carácter falangueiro. Mais don Avelino non valería para ser un político dos de hoxe en día, e el sábeo. As súas conviccións son rexas e non entenden de marqueting nin moito menos de grampas na lingua. Este sábado o Concello de Teo réndellle tributo nomeándoo Fillo Predilecto.
Canto teñen que aprender moitos dirixentes de hoxe. Menos loitas partidarias e máis "irmandade" por Galiza. Parabéns, don Avelino,
ánimo e sabedoría como a de Avelino Pousa Antelo son necesarios para este país
A xeración do Partido Galeguista é a máis lúcida que deu a nosa nación. O que é unha vergoña é que non o nomeen Fillo Predilecto na Baña. Galiza débelle moito a esta xeración que loitou pola liberdade e pola nosa identidade.
Parabens. Sinto un gran respecto por os nosos devanceiros.
Parabens, Don Avelino! Os mozos e mozas deberíamos voltar e manter as ideas galeguistas que vostede expresa.
Unha vida adicada á Galiza.
Unha ética persoal a seguir.
Un modelo de galeguismo que levaría a Nosa Terra á autodeterminación
¡Viva Galiza ceive!
Este vejestorio se piensa que la "historia" de Galicia es la "historia nacionalista" exclusivamente. Galicia está llena de grandes nombres que han hecho todavía más grande la historia de una Nación común: España.
#6 Es un impresentable maleducado
Gaviotero, ese ao que ti lle chamas vejestorio, se vivira no teu país sería un "prohombre de la patria". Pero non é voso. El decidiu quedar cos seus.
«pero alí estaban os principais galeguistas, no Teatro Principal de Santiago: Antón Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala, Álvaro das Casas, profesor en Noia, (...) Valentín Paz Andrade, Carballo Calero (...)»
Todos reintegracionistas. Que tempos!...