Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADVERTENCIA A PORTUGAL

A ONU considera que o uso das Taser é unha forma de tortura

O comité afirma que a pistola electrocutadora produce dor intensa e pode chegar a causar a morte.

Redacción - 12:05 26/11/2007
O Taser X26

O Taser X26

O Comité contra a Tortura da ONU afirmou que o uso dos táser, pistolas que disparan fortes descargas eléctricas co obxectivo de atordoar, é un xeito de tortura que pode matar. Despois de varias mortes producidas por estas armas en Norteamérica, o comité, formado por dez expertos, decidiu que o seu uso “causa dor aguda, o que constitúe unha forma de tortura”.

O grupo considera que “en certos casos, poden mesmo producir a morte, como xa amosaron estudos críbeis e os acontecementos recentes”, en referencia ao pasamento de tres cidadáns estadounidenses de arredor de 20 anos e un home polaco de 40 anos en Vancouver (Canadá), na pasada semana.

O comité da ONU fíxolle esta advertencia a Portugal, que xa mercou o modelo máis avanzado da arma, o Taser X26, para o seu uso policial. “Debe considerar abandonar o uso” desta arma, pois pode producir un grave impacto físico e mental nos afectados, o que viola a Convención das Nacións Unidas contra a Tortura, aseguran os expertos.

Segundo a información que publica o xornal australiano The Daily Telegraph, o fabricante da arma deféndese argumentando que as mortes “se poden atribuír a outros factores e non ás descargas eléctricas de pouca potencia da arma”.


5/5 (4 votos)

Comentarios (2)

ecoe #1 26/Novembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menos mal. Agora xa sabemos quénes teñen que aprobar as aulas de EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA: policias de toda pelaxe, xuízes e fiscais, advogados, políticos de tódalas ramas, alcaldes, delegados do gonerno, etc. é dicir, primeiro o €$tado €$pañol e tódalas suas institucións en pleno.

BonKarallan #2 26/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que vai dicir o fabricante?

"A culpa é do que recibe a descarga, por ser un frouxo de merda, polo que non merecía vivir".

Coidadiño Portugal, que as armas as carga o diaño.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: