Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Denuncia de Manos Limpias

O alcalde de Donostia, ao xulgado por non pendurar a bandeira española

Odón Elorza declarou este venres por un presunto delito de "desobediencia, prevaricación e abandono de funcións", por non colgala na fachada da casa do concello.

Redacción - 12:25 30/11/2007
Odón Elorza, este venres tras a súa comparecencia

Odón Elorza, este venres tras a súa comparecencia

O alcalde de Donostia (Euskadi), o socialista Odón Elorza, dixo estar "convencido" de que tras a denuncia do sindicato Manos Limpias contra el, por non pendurar a bandeira española na fachada da casa do concello, "está o PP".

Elorza fixo estas declaracións logo de declarar ante o Xulgado de Instrución número 4 da capital guipuscoana por un presunto delito de "desobediencia, prevaricación e abandono de funcións", arroupado polos membros do goberno municipal, integrado por PSE, EB e Aralar.

Manos Limpias afirma que, "con data 24 de xullo de 2007, unha sentenza do Tribunal Supremo obriga a que a bandeira nacional ondee diariamente con carácter de permanencia, non de excepcionalidade, non de conxuntura, e en todo momento, nos edificios públicos".

"Non é obrigatorio"
Pola súa banda, o Concello de Donostia lembra que, "recentemente, na Asemblea da FEMP se especificou que non era obrigatorio" colocar "diariamente a bandeira española" nos consistorios.

Odón Elorza explicou que na súa comparecencia ante a xuíz negou "todas as acusacións", e asegurou que "confía na Xustiza". Ademais lamentou que este asunto chegue a ser noticia, e acusou o PP de "engadir elementos de crispación" á precampaña electoral".


4,17/5 (6 votos)

Comentarios (11)

baltar69 #1 30/Novembro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

haberá que crear un novo posto laboral en tódolos concellos ó cal se acceda por oposición libre, unha vez cumplimentados os requisitos que a inteligencia patria dispoña: izador e arriador da bandeira de la sacrosanta, vieja y gloriosa españa astada ( ESPAÑA, coño !!! ).
dunha por que é completamente necesario ( habrase visto, quien osa dudarlo? ) facelo día tras día e gardar, ó tempo, a compostura e o rigor que tan alta actividade debe traslucir cara o populacho; doutra por que ca insoportable carga laboral ca que contan a día de hoxe os esforzados e hiperexplotados administrativos, auxiliares, bombeiros, policías locais, bedeis, traballadores de escolas taller e de grumires ( amén de alcaldes e concellais de obras e cultura afectos á adicación exclusiva en tan magnas competencias), non haberá forma de que todo se poida levar a cabo sen o deterioro do excelente servicio que todos eles prestan entregando o seu tempo e a súa virtude os seus conveciños.
este novo posto que, en boa mediada, será sufragado a medias entre fondos europeos e impostos indirectos, emanados ambos directamente do peto dos cidadáns, significará, non moi a larga, un claro e rotundo motivo de orgullo para aqueles nos que recaia tan alto honor, de forma que tanto os agraciados coma o seu círculo próximo serán, a un tempo, reverenciados e apreciados da mesma forma que aquel outrora ministrillo amaba e proclamaba a bicolor no corno ( perdón, na asta ) da madrileña plaza de colón.

BonKarallan #2 30/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mellor ir ao xulgado a que lle dean unha ostia ao alcalde de Donostia.

Pender a bandeira da lexión estranxeira en Euskadi vai ser máis fodido que ser verdugo. É un traballo de altísimo risco.

Pode presentarse voluntario Gaviotero, que a pende todos os días por estes foros de Cangas e máis Morrazo.

serbia #3 30/Novembro/2007 serbia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estes "individuos" de Manos Limpias foron os que no seu día denunciaran a Nunca Máis se non me trabuco.

fervenza #4 30/Novembro/2007 fervenza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu tamén propoño que en cada pleno do concello de Donostia se lea o libro de Aznar, todos en pe e coa man dereita no peito. Se en verdade isto é o que precisa a xente, colectivos que se preocupen de se se pendura ou non a bandeira de España, e non xilipollas que lle dean importancia ó importante.

Gaviotero #5 1/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver si trincan a este caradura, cómplice de los batasunos.

trapalleiro #6 1/Decembro/2007 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

outra das mamonadas do pp, que teñen rabietas de meniños malcriados

Gaviotero #7 3/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sí, sí...mamonada. Ya veremos cuando lo trinquen. Por cierto, niñatos malcriados los de AMI que viven de papá y mamá que los mantienen estudiando en Santiago. Bueno, estudiando...deberían saber leer para poder estudiar.

teixugo #8 3/Decembro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NINHADA DE RATOS!!!!!!!!!!!


OPOSIÇÃO!!!

Da-me a mim o corpo que Feijooy,
Vai ser tão presidente como Rajooy!!!!!!

Gaviotero #9 3/Decembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pobre besugo, ni escribir sabe...

diego83 #10 3/Decembro/2007 diego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para entender o funcionamento do encéfalo do gaviotero debemos abordar o problema dende as raíces acudindo á ornitoloxía,
Comportamento da gaivota común-Larus ridibundus:

En invierno, esta pequeña gaviota es casi gris y blanca, pero cuando luce su plumaje de apareamiento, muestra la cabeza de color oscuro. Las gaviotas reidoras reciben este nombre porque emiten sonidos estridentes y parece que se estuvieran riendo. A veces se alimentan en la costa, pero también se sienten a gusto en el interior. A menudo, siguen el paso de los arados para recoger gusanos y otros pequeños animales. Pasan la noche en lagos y presas, y anidan en suelos pantanosos. Miden hasta 36 cm de largo. Crían en Europa, Norte de Asia; inverna en todo Europa, norte de África, Asia, costa atlántica de Norteamérica.

Ghaviotero #11 5/Decembro/2007 Ghaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

gaviotero dixo: "A ver si trincan a este caradura, cómplice de los batasunos."

Seica non lembra gaviotero como este estivo a piques de partirse a cara cun deses "batasunos" de ANV, cando quitoulle das mans (ó batasuno) o cartel no que se lía: Putxerazo ez!
Mentres, os do PP, con escoltas da Ertzaintza, choromicando e rabuñando votos dos xilipollas que pensan que sufren moito!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: