Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
OPERACIÓN CONTRA A ESQUERDA ABERTZALE

A policía detén catorce dirixentes de Batasuna

Os axentes tamén rexistraron locais de ANV e do PCTV-EHAK

Redacción - 09:47 11/02/2008
Karmelo Landa é un dos detidos

Karmelo Landa é un dos detidos

Axentes de policía, baixo ordes directas da Audiencia Nacional, detiveron na madrugada deste luns a catorce dirixentes de Batasuna. O xuíz Baltasar Garzón acusa a estes militantes da esquerda abertzale de formar parte da nova executiva da organización política. Entre os detidos están antigos membros da Mesa Nacional de Batasuna como é o caso de Mikel Etxaburu, Karmelo Landa, Eusebio Lasa, Aitor Aranzabal e Karmele Ayerbe. Os policías tamén entraron en locais de ANV e do PCTV-EHAK en Barakaldo, Iruña e Belartza.

Segundo recolle Europa Press, aos detidos impútanlle delitos de integración ou colaboración cunha organización armada. A operación desenvólvese a menos dun mes das eleccións xerais e logo de que a pasada semana o mesmo xuíz, Baltasar Garzón, decretase a suspensión de actividades de ANV e PCTV-EHAK.


4/5 (4 votos)

Comentarios (2)

roixordo #1 11/Febreiro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿cando non quede ninguén a quen prender a que se van adicar todos estes parásitos de xuices, fiscais, policías,...? ¿trocaran, se caben, en funcionarios de prisións?

carraboujo #2 11/Febreiro/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se ante o que está a acontecer miramos para outro lado, a democracia está definitivamente morta. Circula por internet umha proposta para apoiar a jornada de Greve convocada para o 14 em Euskal Herria fazendo na Galiza concentraçons de solidariedade, no mesmo dia, às 21:00 nas diferentes cidades. A proposta está aqui:
http://galiza.indymedia.org/gz...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: