Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito pola Lei de Servizos Sociais

Orozco defende a autonomía local fronte ao "centralismo" de Quintana

O alcalde de Lugo acúsao de "cambiar as regras do xogo" por obrigar que os concellos de máis de 20 mil habitantes invistan un mínimo do 7% en benestar.

Redacción - 19:45 14/02/2008
Orozco mantén un tirapuxa coa Vicepresidencia

Orozco mantén un tirapuxa coa Vicepresidencia

O alcalde de Lugo, o socialista Xosé Clemente López Orozco, defendeu esta quinta feira a autonomía local fronte ao "centralismo" do vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, ao que acusou de "cambiar as regras do xogo".

O rexedor lucense facía referencia a obriga de que os concellos de máis de 20.000 habitantes invistan polo menos o 7% dos seus presupostos en servizos sociais, un 1% máis ca o contemplado na normativa vixente.

Orozco invocou a constitución española e o Estatuto para defender a autonomía dos municipios e recordou que o goberno que preside achega a políticas de benestar o 9%, máis que o mínimo marcado polo proxecto da Vicepresidencia.

"Agora tense que producir a descentralización de Santiago aos concellos", proclamou, e reivindicou estas administracións como "maiores de idade". Ademais, referiuse ao pasado de Quintana como alcalde de Allariz, que, segundo Orozco, "no seu día tamén defendeu a autonomía municipal".

Porén, fixo un chamamento á cooperación entre administracións, e sinalou que pedira unha xuntanza co vicepresidente, aínda que, en caso de que non se lle conceda, dixo que manterá aberta a interlocución a través da Fegamp.

Apoio dos alcaldes do BNG á norma

Non se trata do primeiro desencontro entre o Concello de Lugo e a Vicepresidencia do Goberno, xa que precisamente esta semana a corporación, cos votos de PSdeG e de PPdeG, rexeitou que unha gardaría de cidade se adherise á Rede de Galescolas.

Esta situación provocou tamén a reacción dos alcaldes do BNG nas provincias de Lugo e da Coruña. Así, convocaron senllos actos, un en Lugo e outro en Melide, onde leron publicamente unha declaración de apoio ao proxecto de Lei de Servizos Socias e mais ás políticas de vivenda, tamén cuestionadas por algúns alcaldes do país.


3/5 (2 votos)

Comentarios (4)

Tino #1 15/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De Centralismo fala Orozco?
Pero el non é do PSOE? o q se opón q Galiza xestione o Trafico, os aeroportos galegos, a franxa marítimo-pesqueira, e demais transferencias q xa disfrutan Cataluña, Andalucia, Valencia...

petopitopato #2 15/Febreiro/2008 petopitopato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

-Ley de Servicios Sociais (1)
-Reserva de solo para vivenda protexida (2)
-Galescolas (3)
-estratexia conxunta co pp
-oposición a normativas impulsadas polo Parlamento (dedúcese, polo que fai agora, que si Orozco fose diputado tamén votaría nos asuntos 1,2 e 3 contra o goberno da Xunta e xunto a oposición)

¿Sóbralle o alcalde de Lugo o Parlamento de Galicia? ¿Cal é a autoridade que respeta e acata? ¿so a de Madrid? ¿Ten algún valor para o sr.Orozco a que emana do Parlamento galego?

Gaviotero #3 15/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Orozco es todo un líder para el socialismo gallego que deberá desplazar a toda la morralla nacionalista que por interés y por poder se ha instalado con Touriño y resulta inconfundible con los bloqueiros, esos que se niegan a condenar el nazismo y las agresiones nazis.

Maeloc-do-Rouco #4 1/Abril/2008 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, tu o que es cando menos e um IGNORANTE, um MINTIREIRO, UMHA PESSOA IN-EDUCADA (o defice educativo nom e inteiramente culpa tua), um PROVOCADOR MESQUINHO E SEM CLASE e umha pessoa SIMPLES, INDIGNA E INMADURA...Estuda um pouquinho, mais aprende a respectar e a escoitar sem tirar-lhe os teus cacharros a cabeza a ninguem...sabes que mentes em tudas e cada umha das achegas que fixeche...SABE-LO PERFEITAMENTE...Que pouco tolo estas meu amiguinho!!...Dam magoa de verdade o teu corazom podre e a tua mente enlamada na ruindade e no fanatismo...Sempre anoxado e sempre pretendendo dar lizons e a debuxar risos de plastico forzados(jaja je jo ju ji)que nem tu es quem de acreditar sem perder a pouca vergonha que che puidera quedar

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: