Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTÁNDARES WEB

4 de marzo: día sen Internet Explorer

A idea propúxose nunha xuntanza de desenvolvedores web en Barcelona para concienciar os usuarios. Choan Galvez, un dos seus impulsores, explícanos en que consiste.

M. del Río - 18:55 19/02/2008
Logotipo de Internet Explorer 7

Logotipo de Internet Explorer 7

Unha idea xurdida dunha reunión de desenvolvedores web en Barcelona acabou derivando nunha campaña na rede para concienciar os usuarios contra o navegador web de Microsoft. Os profesionais, que se xuntan mensualmente en Cataluña, decidiron que había que facer algo para denegarlle o acceso ao Explorer. Ao final, decidiron marcar o día 403 (o 4 de marzo), que se corresponde coa mensaxe que envían os servidores cando se denega o acceso.

Segundo explicou un dos impulsores da idea, Choan Gálvez, xa están a traballar nunha web oficial, 403day.org, onde se incluirá un manifesto. "Queremos facerlle saber ao mundo os prexuízos que causa o dominio de mercado dun navegador de pésima calidade: prexuízos económicos para as empresas e de saúde para os desenvolvedores". Pero a intención non é que todo o mundo abandone o Explorer: "Non se trata de que todo o mundo use Mozilla, nin de impedir que quen o desexe utilice Explorer. Se se tratase de impedir o uso de Explorer, sería día 403 todos os días", explica Gálvez, "senón de facerlles saber aos usuarios que poden ter mellores experiencias e salvar vidas usando outros navegadores".

O obxectivo último do día 403 é "a interoperabilidade das páxinas e aplicacións que creamos. Para iso necesitamos navegadores cun bo soporte dos estándares. A marca e a cor é indiferente. Por outra banda, este ano o día 403 vai dedicado ao Explorer. Quizais o ano que vén haxa que defender a causa fronte a outro navegador, quen sabe? Oxalá non haxa que volver organizalo".

A idea callou e xa se converteu nunha auténtica campaña na rede. Xa chegou a Galiza a través do blog de Ascárida, que xa conseguiu que se sumen á iniciativa outros blogueiros. Por outro lado, os desenvolvedores de Cataluña xa publicaron as medidas necesarias para que quen o desexe poida "pechar" a súa web ao Internet Explorer o 4 de marzo. Para os máis espelidos, en Artnau.com atópase o código que hai que introducir no arquivo .htaccess do servidor. Para os usuarios do xestor de bitácoras Wordpress, Choan Gálvez programou un engadido que se encarga de todo.


4,88/5 (8 votos)


Comentarios (2)

Gaviotero #1 19/Febreiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pues hombre, ya que yo soy el que suele llevar la contraria en Vieiros, ese día navegaré en Explorer todo lo que pueda y algo más...:)

PD: Anda, que vais a tener un éxito que en Microsoft ya deben estar temblando...¡jajajaja!

Colazo #2 19/Febreiro/2008 Colazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que complexa a mente deste paxaro de en riba, por que crerá que navegar co IE, apoiar a Microsoft vai con el? será un fillo non recoñecido do Gates?
Se Microsoft dependese só do IE pois claro que tería que preocuparse, en Europa xa hai máis xente co Firefox 2 que co IE 7, e xa hai países coa maioría navegando con algunha versión do Firefox

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: