Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ecuador envía tropas á fronteira

Colombia insinúa que Ecuador colabora coas FARC

A pesar de que Bogotá se desculpa pola acción militar, a crise diplomática afonda coas acusacións sobre presuntos vínculos do goberno ecuatoriano coas FARC.

Redacción - 09:00 03/03/2008

"Non aceptaremos que co pretexto do combate do que eles chaman terrorismo se impriman doctrinas de irrespecto á soberanía dos Estados", declarou o presidente de Ecuador, Rafael Correa. Ao tempo, Correa anunciou o envío de tropas á fronteira norte do país, logo da decisión similar do presidente de Venezuela, Hugo Chávez, despois da incursión de militares colombianos en territorio ecuatoriano nunha operación contra as FARC.

Correa anunciou tamén a "inmediata expulsión" de Carlos Holguín, embaixador de Colombia en Quito, e de xeito paralelo ordeou a volta de Bogotá de Francisco Suéscumdo, embaixador ecuatoriano. Por outro lado, o goberno ecuatoriano solicitou a reunión urxente da Organización de dos Estados Americanos (OEA) e da Comunidade Andina (CAN) para tratar o acontecido.

Despois de coñecérense estas decisións, tiña lugar unha conferencia de prensa do xeneral Óscar Naranjo, director da Policía Nacional de Colombia, quen aseguraba que os computadores encontrados no transcurso da operación contra as FARC obxecto da polémica, inclúen datos que confirmarían a existencia de contactos deste grupo co goberno de Ecuador.


3/5 (2 votos)


Comentarios (3)

Xistral #1 3/Marzo/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un paso máis da estratexia ianqui para intervir militarmente en Venezuela. Teñen aos seus aliados mequetrefes de Colombia que dan o primeiro pau para meter cizaña e despois ven o resto. Esperemos que Chávez no entre ao trapo. Por certo, por que non poñen tanto énfase en actuar contra os grupos paramilitares de ultradereita que pululan por Colombia impunemente. Será porque son os seus aliados???

Sabrexo #2 3/Marzo/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O narco-presidente Uribe e o seu paragoberno son un perigo para a estabilidade da rexión. Ecuador e Venezuela non deben caer en provocación, aínda que se manteñan firmes.

COUTOVEN #3 3/Marzo/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home eu non se que tan narcopresidente poida ser Uribe. O feito é que é o presidente dos colombianos elixido e reelixido polo seu pobo. Supostamente goza de gran aceptación por parte das súas connacionales segundo as enquisas.

O que ten algo máis de posibilidades de ser narco presidente é Rafael Correa xa que o seu pai ten antecedentes como narcotraficante e o avogo polo indulto das narcomulas no seu país.

O terceiro en discordia (Chávez) ordena de forma inconsulta que se trasladen 10 batallóns de tanques e o despregamento da forza aérea na fronteira con Colombia. Que persegue?

Señores, foi en Ecuador onde ocorreu este feito. Son os ecuatorianos e os colombianos os que teñen que resolver o seu problema.

Que necesidade hai de xerar máis tensión? Non estamos falando de puntos de vista políticos que se poden discutir con vehemencia. Estamos falando dun conflito armado que pode involucrar a dous países irmáns. Señores, hai varios millóns de colombianos residindo en Venezuela, existen moitas familias mixtas. Actualmente Venezuela está padecendo demasiados problemas para sumar a isto unha expectativa bélica.

Ojala, esta sexa unha máis das promesas de Chávez que nunca terminan nada. Sería a primeira vez que esa incompetencia que o caracterizou durante 9 anos de corrupto e incompetente goberno transfórmese en algo bo.

Po certo Sabrexo. Xa pescudaches que é a LISTA TASCON e para que serve. Gustaríame coñecer a súa versión respecto diso

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: