Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Malia diversos informes

O Consello de Seguridade da ONU imponlle novas sancións a Irán

Inclúen a conxelación de capitais no estranxeiro, a prohibición de viaxar a cinco funcionarios e a restrición das ventas de equipamento militar.

Redacción - 12:25 04/03/2008
O envíado de Irán á ONU, Mohammad Khazee

O envíado de Irán á ONU, Mohammad Khazee

O Consello de Seguridade da ONU votou este luns a favor de impoñerlle a Irán novas sancións, máis ríxidas, debido á súa negativa de suspender o programa de enriquecemento de uranio. As sancións inclúen a conxelación de capitais no estranxeiro de trece compañías iranianas, a prohibición de viaxar a cinco funcionarios iranianos e a restrición de vender equipamento a Irán que poida ser utilizado con fins militares.

Os países occidentais sospeitan que Irán podería estar desenvolvendo armas nucleares. Porén, tanto o goberno iraniano, que afirma que o seu programa nuclear é para a xeración de electricidade, como a Axencia Internacional de Enerxía Atómica (IAEA), que en febreiro informou de que Irán aclarara a maioría dos interrogantes en relación ás súas actividades, non concordan. Aínda así, tamén esta axencia criticou que Irán deixase de responder sobre outras cuestións.

Ademais, o pasado mes de decembro, servizos da 'intelixencia' estadounidense difundiron un informe onde recoñecían que Irán paralizara o seu programa nuclear en 2003.

A resolución do Consello de Seguridade recibiu o apoio dos cinco membros permanentes e de nove non permanentes. Indonesia abstívose. O enviado de Irán á ONU, Mohammad Khazee, cualificou a resolución de ilegal, ilexítima e de estar politicamente motivada.


0/5 (0 votos)

Comentarios (1)

ecoe #1 4/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mesmo sería que o Consello de Seguridade son 4 bailando o son USA, moi coñecido desde s. XX no mundo mundial.

Ahí acertan de pleno, ahí sí hai choque de sivilizacións: Irán ten gas e petróleo e non llo quere dar a "U$$raU€l", os boss do negocio, así que caña prós iranianos.

Outra cousa sería meterse en fonduras co €$tado de "U$$raU€l" (composto pois é un producto das tres entidades estatais), pero pou uns cantos palestinianos mortos de vez en cando, bah, como decía o grande presidente compostelán "pataca menuta"!

Por algo se trata do Consello de Seguridade da ONU onde só aventan as mantas si non hai vento (cando queren os grandísimos grandes qsue neste empobrecido mundo son).

E non lles sirve nin o gran €L Baradei, coautor das armas de explosión masiva no Iraque, e de tímidos plantes en mornas declaracións de boca pequena de que (léase baixiño) "non hai programas nin armas nucleares no Irán"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete