Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O custo da guerra de Iraq

Oito mil millóns de euros ao mes para matar xente

Segundo o economista e Nobel Joseph Stiglitz, estes cartos garantirían o salario de 15 millóns de mestres públicos ou darían cobertura médica a millóns de nenos cada ano nos EUA.

Redacción - 09:50 16/03/2008
Contra a guerra do Irak / Flickr: daquellamanera

Contra a guerra do Irak / Flickr: daquellamanera

O vindeiro 20 de marzo hanse facer cinco anos do comezo da guerra do Iraq, unha contenda que consome máis de 12 mil millóns de dólares (8 mil millóns de euros) ao mes, e que xunto coa de Afganistán custou á volta de 845 mil millóns de dólares (563 mil millóns de euros).

Estas cifras levan, facendo máis cálculos, aos 275 millóns de dólares (183 de euros) que custa a guerra ao día, o equivalente a 4.100 dólares (2.733 euros) por cada fogar do país.

Os datos foron expostos esta semana polo economista Joseph Stiglitz, gañador dun Nobel, e Linda Bilmes, profesora de finanzas públicas na Escola Kennedy da Universidade de Harvard. Están todos recollidos no libro The Three Trillion War, publicado hai pouco.

Segundo quixo salientar Stiglitz, estes cartos todos garantirían o salario de 15 millóns de mestres públicos, brindarían cobertura médica a millóns de nenos cada ano, ou facilitarían as bolsas universitarias de 43 millóns de estudantes.

Ven a guerra unha das causas dos problemas económicos dos EUA
Os dous autores admitiron que os seus cálculos difiren abondo dos da administración Bush e dos do Congreso dos EUA, mais, segundo dixo Stiglitz, "hai que ir alén do custo orzamentario para ver o custo para a economía", e puxo como exemplo: "cando alguén fica incapacitado, a pensión que recibe é apenas unha fracción da perda que sofre a súa familia en canto aos ingresos que esa persoa vai deixar de percibir".

A isto hai que lle sumar tamén o prezo macroeconómico, como por exemplo o aumento do prezo do petróleo, que se vincula a esta guerra.

"A estas alturas temos gastado tres veces máis por iraquí que por cada europeo no Plan Marshall", sentenciou Bilmes. "o que aconteceu coa reconstrución de Iraq é unha das traxedias da situación deste país", terminou.


5/5 (4 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 17/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois outro tanto para o €$tado €$pañol:

422 euros DIARIOS en investigación militar, novo armamento e no mantemento das forzas militares, e o total do gasto militar en todo o ano sería de 18.926,83 millóns de euros.

e as CHAMADAS "MISIÓNS DE PAZ" DO €€ cóstannos MILLÓN E MEDIO DE OUROS DIARIAMENTE, nas que o triste papel da OCUPACIÓN do Afeganistán (con intervencións bélicas ou sexa asasinatos "legais" militares) érguese á mitade de esa cantidade

Tino #2 17/Marzo/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

12 millóns de dólares ao mes...
Pero é q se os norteamericanos non aseguran as suas reservas de petróleo futuras (a custa de matar miles de persoas), o custo non importa.
Hanse rir ben cando se esgoten os pozos en todo o mundo e os EUA sigan tendo os seus...
Ademais nese país continuan a pagar uns prezos ridículos polo combustible: q mais dá q morra xente mentres eles teñen o cu ao kente e o custo da guerra se paga cos impostos de todos!

BonKarallan #3 17/Marzo/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"estes cartos todos garantirían o salario de 15 millóns de mestres públicos..."

Tampouco hai que malgastar o diñeiro. É coma se digo eu, con iso diñeiro invito eu durante un par de anos a cervexa a todos os galegos do mundo.

O que queda demostrado é como a guerra está pasando factura a EE.UU. pero non ao trío das Azores, que seguen libres e millonarios.

Non só teñen que irse de Iraq. Teñen que indemnizalos, aínda que o mal xa está feito.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Protesta norteamericana contra a guerra / Flickr: jaumedurgell
Protesta norteamericana contra a guerra / Flickr: jaumedurgell
Non á guerra nun balcón. Outro mundo é posíbel / Flickr: tunelko
Non á guerra nun balcón. Outro mundo é posíbel / Flickr: tunelko