Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mobilización cidadá

O TAV chega tarde e mal e arrampla cos trens de proximidade

A Plataforma "Salva o Tren" denuncia que Fomento use a escusa da alta velocidade para suprimir os servizos ferroviarios de proximidade.

Redacción - 14:25 07/05/2008

"Desde hai cincuenta anos non se fixo nada serio polo tren en Galiza", critica Fernando Gómez, coordinador da Plataforma "Salvar o Tren", organización convocante da concentración este mércores en Santiago.

O despregue da alta velocidade no eixo atlántico, "mal chamado AVE", segundo subliñan desde o colectivo, está indo paralelo á supresión das estacións onde o tren paraba ao longo deste traxecto. Padrón, Catoira ou Portas son algunhas das paradas eliminadas e non serán as últimas.

Os prezos da viaxe podería até "cuadruplicarse"
A Plataforma Salvar o Tren láiase de que coa escusa do TAV se estea suprimindo "o tren do pobo". Citan ao respecto a previsión de que un cidadán para moverse na liña atlántica deberá afrontar taxas que se moverán entre dúas e até case catro veces máis que as da actual "liña rexional".

"O AVE é o competidor directo do avión, e en ningún momento vai dar servizo diario aos usuarios que nos movemos habitualmente en distancias cortas", sinala Fernando Gómez. O voceiro do colectivo advirte de que Fomento está eliminando "apeadeiro tras apeadeiro", mentres a Xunta se mantén "indiferente" fronte a esa estratexia. Gómez compara o desmantelamento dos servizos ferroviarios de proximidade en Galiza co que acontece noutras zonas do Estado, "onde se está apostando por dobre vía electrificada e pola promoción destas liñas".

A Plataforma defende que o tren é un medio "de futuro" máis respectuoso co ambiente, e que a estratexia de Fomento en Galiza vai rematar "metendo moita xente á estrada", fomentando o colapso e a sinistralidade.


4,36/5 (14 votos)


Comentarios (3)

leire #1 7/Maio/2008 leire
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tal cual: o TAV serve de negocio para uns cantos pero hai moita xente que cre toda a propaganda que soltan: "modernización, progreso, velocidade, etc." Hai que traballar moito para que non rematen co tren de sempre e dicir moi claro que queremos melloras na rede, non trenes bonitos, caros e bastante inútiles.

ecoe #2 7/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non tan inúteis. Depende.

Os "madrileños" poden chegar ó paraiso "noroeste" en pouco máis de 2 horas, á praia e ó lecer directamente (con TODO o que elo acarrexa).

Os políticos poden ir e vir no día, ou nun día e no outro, sin quedar ou quedando o mínimo en Madrí.

TODO=???

condedecotobade #3 9/Maio/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non penso que unha cousa teña que ver coa outra. Se queremos ter un país integrado territorialmente é esencial ter boas infraestructuras de comunicación entre as principais cidades. Non comprendo como alguén pode considerar negativo (salvo que se guíe polos seus intereses puramente egoístas de "agora o tren non me para diante da casa") un tren que una A Coruña e Santiago en 20-25 minutos ou Vigo-Coruña en pouco máis dunha hora. Ademáis diso, por suposto é preciso que se estabelezca unha rede de cercanías para unir as cidades coas súas áreas de influencia (Santiago-Bertamiráns; Coruña-Carballo, Vigo-Redondela). Son dúas cousas distintas, as vías vellas pódense empregar nesa rede de proximidade pero un tren sen paradas é urxente se pretendemos facer fronte á estrada. O do prezo é un argumento absurdo, evidentemente un tren que che leve en 20 minutos será máis caro ca un tren que tarde 45 pero de aí a dicir que vai ser un tren para ricos...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete