Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Extraterrestres

O Vaticano recoñece que Deus puido crear vida intelixente noutros planetas

O astrónomo xefe do Papa di que mesmo poderían estar libres do 'pecado orixinal'. O Reino Unido desclasifica documentos sobre OVNIs.

Redacción - 12:50 14/05/2008
O sacerdote arxentino José Gabriel Funes

O sacerdote arxentino José Gabriel Funes

O sacerdote José Gabriel Funes, astrónomo xefe do Papa, sinala nunha entrevista publicada polo semanario L'Osservatore Romano que seres vivos intelixentes creados por Deus poderían existir noutras partes do Universo.

Funes, director do Observatorio astronómico Vaticano, é un importante científico, respectado na comunidade internacional, que colabora con universidades de todo o mundo.

Segundo afirma na entrevista -que o redactor titula Os extraterrestres son os meus irmáns-, a procura de formas de vida extraterrestre non se contradí coa fe en Deus.

Do mesmo xeito que hai diversidade biolóxica na Terra, afirma, tamén sería posíbel que houbese alieníxenas extraterrestres no espazo exterior, que mesmo poderían estar libres do pecado orixinal.

Avistamentos de OVNIs no Reino Unido

Por outra banda, o ministerio de Defensa do goberno británico fixo públicos por primeira vez os informes sobre avistamentos de OVNIs do período 1978-1987.

Os documentos poden ser descargados da web do National Archives.


3,2/5 (10 votos)


Comentarios (18)

OBSERVADOR #1 14/Maio/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois então que venham a nos governar, se estão livres do pecado original é que são melhores que nós, não?

galegasenprexuizos #2 14/Maio/2008 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este home seica se aburre

BonKarallan #3 14/Maio/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah, pero o Papa cre en Deus? Eu pensaba que só cría en si mesmo.

E como explica o dos extraterrestres e Adán e Eva?
Botounos Deus do Paraíso e da Terra?

A ver cando empeza a crer tamén na muller, no sacerdocio mixto...

Ai Papa, como che complicas...

Morcego #4 14/Maio/2008 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta gente é que às vezes parece de outro planeta.

OBSERVADOR #5 14/Maio/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver, se existe a vida inteligente onde a vai haver se não fora da Terra???

mceleiro #6 14/Maio/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E uma nave espacial pousou no Vaticano, outra na Casa Branca, outra na Rua do Hórreo, outra..... agora entendo porque ao Ibarretxe lhe chamam "listillo". Que vienen los glingorrrrss!!!!

Alenco #7 14/Maio/2008 Alenco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este José Gabriel Funes non será familia ou parente de Luis de Funes?
Polo que se ve a este tamén lle vai a coña.

Esto si que é "mirar para outro lado". Menuda maniobra de despiste esta do Papa.

Ai!, se Galileo levantase a cabeza ....

sophia #8 15/Maio/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

como dicía Mafalda, "o estraño é que haxa vida neste planeta".

sophia #9 15/Maio/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

como dicía Mafalda, "o estraño é que haxa vida neste planeta".

sophia #10 15/Maio/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

como dicía Mafalda, "o estraño é que haxa vida neste planeta".

Tino #11 15/Maio/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois de paso tamén a poderia ter creado akí, comezando pola propia igrexa q son os seus representantes

Tino #12 15/Maio/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois de paso tamén a poderia ter creado akí, comezando pola propia igrexa q son os seus representantes

cis #13 15/Maio/2008 cis
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero canto tempo libre teñen algúns.

Barcelos #14 15/Maio/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Recoñéceo, porque aquí non atopa vida intelixente, e menos na súa igrexa.

Como xa non atopan vocacións queren ir buscar á Lúa. Pero alí xa estamos os galegos, que somos demasiado intelixentes para caer na tentación, salvo excepcións (Rouco, Paco Vázquez...)

JohnLocke #15 15/Maio/2008 JohnLocke
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Telefone, minha casa... Serão tão fofinhos como o ET?

Carlinhos #16 17/Maio/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os da AMI já identificarom esses extraterrestes (de fóra da Terra) e som Vilingües e tampouco vos som tam inteligentes.
http://blip.tv/file/912060/

rockandroll #17 17/Maio/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ah!!! Eu já fico mais tranquilo...se o di o Vaticano....

galleto #18 9/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ENTÓN POR QUÉ NON HA CREOU NESTE?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: