Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
VOTACIÓN

O Parlamento vasco acusa o goberno español de "amparar" a tortura policial

Todos os partidos, agás o PSE e o PP apoiaron a moción presentada por Aralar.

Redacción - 18:40 16/05/2008
Tags:

A Cámara vasca aprobou este venres unha moción que critica o goberno español por "amparar sistematicamente e sen excepción" ás Forzas de Seguridade do Estado cando hai denuncias contra elas por torturas e malos tratos. O documento, presentado por Aralar, foi apoiado polas forzas que compoñen o tripartito e polos representantes de EHAK.

Pola súa parte, PSE e PP mostráronse en contra dunha moción que cualificaron de "obscena". Aintzane Ezenarro, deputada de Aralar que defendeu a proposta, sinalou que a pesar de que están en contra da violencia de ETA non poden ocultar "outras actitudes denunciábeis que son incompatíbeis cun Estado garantista". Ezenarro sinalou que, precisamente, o feito de acabar coas torturas aínda aílla máis a ETA. Na moción, lembran que hai precedentes de informes elaborados por Amnistía Internacional e polo Relator de Nacións Unidas para a Tortura onde se destacan casos de maltrato policial.


4,69/5 (13 votos)


Comentarios (17)

baltar69 #1 16/Maio/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

obscena?
moito me gustan estes demócratas. una moción " obscena ".
mentras tanto carlos urquijo, parlamentario do simpar pepé, que de non habelo habería que inventalo canto antes polo que ten de lúdico festivo nos derradeiros tempos postbatacazo, aproveita a trifulca para dar vivas a garda civil.
e a españa, home. viva españa, que carallo.
ale, xa está, ho.
veña, vamos cenar.

Sara_Mago #2 17/Maio/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Obscena" é um qualificativo curioso, quando menos, porque a obscenidade monstra o que existe. a obscenidade consiste logo em monstrar o que deveria permanecer oculto.

Gaviotero #3 17/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El brazo político de ETA, representado una vez más por TODO el nacionalismo vasco (PNV incluido), es normal que pida que a sus terroristas les traten con cariño y que nos creamos las falsas denuncias (ninguna prospera, por eso tienen que hacer una moción basada en denuncias y no en sentencias...) de los mismos que les permiten mantenerse en la poltrona.

¡¡¡Ibarreche ASESINO!!! ¡NO A ETA! ¡NO AL NACIONALISMO VASCO! Y valga la redundancia...

amoscaesquerdosa #4 17/Maio/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un novo blogue dende a esquerda:

http://amoscaesquerdosa.blogsp...

ecoe #5 17/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por suposto que NON vale a REBUZNANCIA!

Quen non entende o significado da verba "sistema",
"prevaricación", nin "cooptación", nin "corrupción", nin "plutocracia", non pode entender o lado oculto da sociedade nin das suas institucións, o seu currículo oculto, a sua axenda oculta (Kem Loach, p.e.)

E qué di o PNV das que fan os seus policiarras?!! Tamén están acusados... e documentadas!!

ecoe #6 17/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esquecíame que o día anterior os peneuves daban vivas e loubanzas ós corpos represivos!

ecoe #7 17/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema é que no mesmo saco de "etarras" sírvenlle ó €€ para non distinguir entre todalas persoas detidas por motivos POLÍTICOS (xestoras, 18/98, directores periódico como Egunkaria, etc!!

Os PRISOE poden seguir a negalos por décadas, namentras os ORGANISMOS INTERNACIONAIS, mesmo da propia ONU, asociacións internacionais de Advogados, a organizacións independentes (Amnesty !!, entre outras)condenan e fan públicos no mundo enteiro a baixa estofa da "democracia" posfranquista e bourbónica €$pañola (que durará o que duren os seus negocios)

A negación SISTEMÁTICA non é máis que unha afirmación, implícita i explícita.

Gaviotero #8 18/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El PNV hace como que está contra ETA el día que hay asesinados por ETA, pero los demás días sigue recogiendo las nueces de la banda etarra, gracias a la cual llevan casi 30 años en el poder.

¡¡¡Cuánto se deben mutuamente ETA y el PNV!!!

aldaraonline #9 18/Maio/2008 aldaraonline
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

VIEIROS não deveria permitir que se difame como fez Gaviotero no comentário #3, onde Gaviotero chama "asesino" ao presidente basco Ibarretxe, embora escreva mal o apelido deste. Acho que deveria tomar-se algum tipo de medida neste sentido, não de censura de opiniões, porque ele deve ter direito a expressar a sua opinião.

ecoe #10 18/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

“la propaganda es para la democracia lo que es el fusil para un estado totalitario.” Noam Chomsky

ecoe #11 18/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.rebelion.org/notici...

Maiakovsky #12 18/Maio/2008 Maiakovsky
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa está o ghavoto este coas súas idiocias de costume. E Amnistía Internacional e a ONU tamén está a soldo dos etarras, entón? Patético... É o que teñen estes 'demócratas' de pasado camisa azul e boina vermella...

Gaviotero #13 19/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

aldaraonline, APOYO que Vieiros me elimine por llamar a Ibarreche asesino (por cierto, en castellano, la lengua materna del interfecto, se escribe así...) si elimina asimismo a todos los que han llamado asesino a Aznar, Fraga, Bush o a mí mismo en los últimos años.

Y si después de eso queda algún usuario en Vieiros, pues adelante.

E insisto, alguien que favorece el terrorismo, como el partido y el gobierno del señor Ibarreche, no merece otro calificativo que ASESINO, con mayúsculas.

Gaviotero #14 19/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Añado...el gobierno vasco ampara a ETA.

luimipi #15 19/Maio/2008 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pois mira, eu quedo libre...hehehe.

(e non pq non pense cousas "bonitas" de todos os que nombras, pero inda non chamei asesino a ningún deses).

sabes que és un friki-nacionalista español?

Gaviotero #16 19/Maio/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pues no, pero seguro que tú me lo dices.

Barcelos #17 19/Maio/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Resultaría curioso que o PP e o PSE apoiase a moción presentada por Aralar. Aínda que ao paso que vai o PP vasco, con María San Gil, é capaz de apoiar o que sexa, con tal de saírse coa súa.

Agora vénnos con que Rajoy quere negociar cos nacionalistas "non españois".

A ver se se parte dunha vez a dereita e vénselle as orellas ao lobo e os fascistas (Acebes, San Gil, Aguirre, Zaplana...) fan o seu partido e os centristas outro.

E ti de quen serías Gaviotero?

Non sabes, non contestas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete