Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Autodeterminación

Patxi López aposta por "un referendo con todas as consecuencias"

O secretario xeral do PSE-EE considera necesario un previo "acordo transversal" entre os partidos vascos.

Redacción - 10:30 23/05/2008

O secretario xeral do PSE-EE, Patxi López, apostou esta quinta feira por organizar "un referendo con todas as consecuencias", previa negociación cos partidos vascos e tras acadar "un acordo amplo e transversal", "que sexa o resultado lóxico e legal" do percorrido que se debe realizar.

Ademais, nun encontro con cargos públicos e orgánicos do seu partido, López insistiu en que lograr un "acordo entre vascos" é "posíbel e absolutamente necesario" e apostou, neste senso, por "volver ao Euskadi do consenso político".

Fronte á "consulta vinculante" do lehendakari, Juan José Ibarretxe, "que só leva á división e ao enfrontamento", reivindicou un referendo que sexa aprobado polo Parlamento vasco e ratificado en Cortes Xerais.

"Nacionalidade vasca dende a integración"

"Cómpre" unha negociación entre todos os partidos democráticos co fin de lograr un consenso sobre os "principios básicos" do rexeitamento á violencia e do apoio ás vítimas, do respecto ás regras de xogo estabelecidas, do compromiso de que calquera cambio no marco xurídico debe ter "un acordo amplo e transversal", así como de "construír a nacionalidade vasca dende a integración e desbotando o frontismo e a exclusión".

Dende Bruxelas, Ibarretxe replicoulle dicindo que o PSE non respecta o que asina, e lembroulle que o PSOE votou o martes no Congreso en senso contrario ao que fixo no Parlamento vasco con todos os partidos, para defender xuntos a blindaxe do concerto económico.


5/5 (2 votos)

Comentarios (6)

ecoe #1 23/Maio/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seica os paxaros tíranse ás escopetas!

O Pachiño este, agora co discurso "DEMOCRÁTICO" DA CONSULTA POPULAR!!???????

Ghato fechado!

DeusExMachina #2 23/Maio/2008 DeusExMachina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E que é o que se debía facer dende hai tempo. Facelo referendo y ver o que quere a xente en Euskadi. Eso sí, que todos acatasen o resultado, fose o que fose (que seguramente sería un non a independencia -con matices obviamente-)

Atlantico #3 23/Maio/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pachi facendo campaña.

Anti_Lusista #4 24/Maio/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Será unha trola? Será verdade? Agora os sociatas se apuntan a pluralidade do Estado? Un pseudo-Reino Unido español é o que propón este tipo? Que é o que propón exáctamente?

Moitas dúbidas que soamente o tempo respostará.

sophia #5 24/Maio/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois a ver se os vascos, que son moi listos abren o camiño pra que tamén na Galiza haxa unha consulta semellante.
Galiza ceive!gora euskalherria askatuta! visca Catalunya lliure!

Dogma #6 24/Maio/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bueno.. ao Pachi este... o que lle pasa é que tense que desligar da sua amorosa Rosa Diaz, e que vos apostades a que la María Sangil tamén vai ao mesmo partido da Rosa... xa vedes... os extremistas sempre acaban atopandose...

En canto a nova... soio me fai gracia... pois é outra nagociación como a Catalana... despois onde dixen digo digo diego, e xa está que os politicos coma Patxi son proclibes ao alzaimer....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete