Considera que a reforma constitucional para darlle un "status" ás múltiples linguas que hai en Francia "atenta contra identidade nacional".
A Academia francesa fixo público un comunicado para opoñerse radicalmente aos cambios legais que lle dará recoñecemento ás linguas minorizadas que existen no estado galo. Os académicos consideran que a reforma constitucional “atenta contra a indentidade nacional”. No escrito sinalan que “a lingua francesa forxou Francia”. A Academia francesa pide que non se toque o texto constitucional.
Pola súa banda, os colectivos de defensa de linguas minorizadas como é o caso do éuscaro, catalán ou bretón consideran que o feito de que se lle recoñeza certa oficialidade aos seus idiomas é un “pequeno paso”, aínda que lembran que Francia segue negándose a asinar a Carta Europea das Linguas.
O Estado Francés é culpable de crimes contra a cultura. É un estado culturalmente xenocida.
Tes toda a razón. Por iso non me extraña nada ver como Rajoy pon de exemplo a Francia no tema das linguas.
O problema de Francia é que non teñen unha Cataluña, un territorio importante económicamente que lles obrigue a moderarse, se aqui non existise Cataluña ou o Pais Vasco, nin televisión galega teriamos.
¿Crímenes contra la cultura? ¡¡¡Jajaja!!! Y lo dicen los mismos que aplauden los festivales de "mojitos" en dictaduras bananeras...
Francia, afortunadamente, ha superado con éxito el totalitarismo de los nacionalismos.
Y sí, Francia tiene la suerte de no tener regiones donde se impone el totalitarismo y la ausencia de democracia. Regiones donde se excluye la lengua del país. Que además de un sinsentido es de una extravagancia increíble.
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia.
onde quedou a intelixencia civilizada dos franceses que eu tanto admirei?
Superou Francia os "totalitarismos nacionalistas"? como di algún "paxaro" por aquí.
Ou é que Francia é, hoxe, a esencia dun totalitarismo nacionalista estatalista que, crendo que esmagando ás linguas e aos pobos que as falan no "seu" territorio, solucionan así o asunto do multilingüismo e multiculturalismo do "seu" territorio?
Só hai que lembrar que ben acolleron aos inmigrantes arxelinos e marroquinos durante décadas nos arrabais de París e todo o follón que se montou o ano pasado.
Hoxe en día, a Francia non é quen de darlle leccións de nada a outros europeos.