Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Día Contra a Tortura

Amnistía Internacional acusa o goberno irlandés de ser cómplice da tortura

O aeroporto de Shannon foi usado regularmente por avións nos que os EUA transportaban detidos.

María Golpe - 09:00 26/06/2008

Nun informe publicado esta semana, Amnesty International (State of denial: Europe’s role in rendition and secret detention) acusa a varios gobernos europeos, incluíndo Irlanda, de seren cómplices dos programas de detención secreta e ‘voos da tortura’, levados a cabo polos Estados Unidos.

O documento critica varios gobernos europeos por non admitir ou investigar violacións de dereitos humanos levadas a cabo polos seus cidadáns ou no seu territorio- e destaca que o aeroporto de Shannon (no condado de Clare - oeste da República de Irlanda) foi usado regularmente por avións provenientes ou con destino aos Estados Unidos transportando detidos.

Tres dos seis dos casos mencionados no informe de Amnistía Internacional, teñen implicacións directas co uso do aeroporto de Shannon en ‘voos da tortura’. Segundo Colm O’Gorman, de Amnistía Internacional Irlanda, o avión que levou Khaled al-Maqtari de Baghdad a Kabul – onde botou case tres anos no centro de detención da CIA - proviña de Shannon.

O informe de Amnistía Internacional esixe acción por parte dos gobernos europeos e reitera que os gobernos teñen a obriga de protexer o público de posíbeis ataques terroristas, pero sempre respectando os dereitos humanos e as leis internacionais.

Para conmemorar o Día Internacional Contra a Tortura e pedirlle ao goberno que cese de ser cómplice cos ‘voos da tortura’, Amnistía Internacional Irlanda organiza unha concentración o xoves 26 de xuño ás seis da tarde en O’Connell Street, en Dublín. En Galway, Amnistía Internacional celebrará o Freedom Festival a partir da unha da tarde; e en Wexford conmemorarase a xornada cun recital de poesía ás 19,30 no restaurante La Dolce Vita.


Ligazóns

3,8/5 (5 votos)


Comentarios (1)

COUTOVEN #1 29/Xuño/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta noticia é moi valiosa. Por dúas razóns. Unha de corte inmediato, na cal Amnistía Internacional denuncia unha situación que atenta contra a dignidade humana. Cando o goberno Irlandés no mellor dos casos fíxose da vista gorda, permitindo que o seu territorio servise de asento a prácticas en contra dos dereitos humanos.

Isto demostra que esta institución ten un mínimo de independencia e probidad no que respecta á defensa dos dereitos humanos.

Agora, a futuro (segunda razón) tería que verse se este e outros medios manteñen esta mesma posición ante Amnistía Internacional cando esta denuncia ou denuncie atentados contra os dereitos humanos en países como Venezuela. No mellor dos casos habería que ver se non asumen unha posición autista ou no peor dos casos tomen unha conduta descalificadora dando a entender que esta organización é un apéndice do imperio, CIA, FBI, etc. etc. etc.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete