Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ex candidata presidencial

Liberan a Ingrid Betancourt

Secuestrada polas FARC hai seis anos, o exército colombiano trasladouna este mércores a Bogotá, xunto con outros 14 reféns.

Redacción - 07:30 03/07/2008

"É un sinal de paz para Colombia", dixo Ingrid Betancourt nas súas primeiras declaracións públicas despois da liberación. A ex candidata presidencial permanecera algo máis de seis anos como refén das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia, as FARC.

Betancourt foi liberada este mércores xunto con tres reféns estadounidenses e once soldados e policías colombianos que permanecían tamén retidos. A operación foi realizada polo exército de Colombia segundo parece coa colaboración dos Estados Unidos.

O ministerio de Defensa colombiano explicou a través da súa páxina web que "foron rescatados nunha operación onde se logrou infiltrar a primeira cuadrilla das FARC, a mesma que durante os últimos anos mantivo un grupo numeroso de secuestrados no seu poder". "Como os secuestrados estaban divididos en tres grupos, logrouse que se reuniran nun só sitio e logo se facilitase o seu traslado ao sur do país, para que, supostamente, pasaran directamente ás ordes de Alfonso Cano", relata o documento, "coordinouse entón que os secuestrados foran recollidos nun sitio predeterminado por un helicóptero dunha organización ficticia".


3/5 (2 votos)


Comentarios (1)

ulo #1 3/Xullo/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero,... non estaba morrendo?. A ver se esta vai ser como o Pinochet, que cando estaba en Londres esta moi enfermo... e cando pisou chan chileno, ergueuse como si nada.
Realmente que a prensa minta, é o seu, e o seu papel; adoctrinar a poboacion sobre o que queren os poderosos que pensen... Pero que a xente siga crendo as súas mentiras comeza a ser xa preocupante.
Mentiron con Iraq -e ademáis teñen a caradura de recoñecelo-, mentiron co Prestige, mentiron coa Folga Xeral -a de "cece oo"-, minte coa "crise ou desaceleracion", minten cos asistentes a manifestacions, minten cos famosos ordenadores das FARC que a Interpol -que non unha organziacion terrorista- demostraron que non son fiabéis-. Minten en todas as noticias que dan, porque non dan unha que non sexa propaganda, enton, esta sr non esta ás portas da morte, só era un "chamamento" "humanitario" para apoiar a un pte que esta demostrado polos mesmos USA de ser parte do entramdado narcotraficante e dos paramilitares de Colombia.
Ah!, iso non é importante... o importante é derrotar aos sindicalistas colombianos, dos que foron uns 3000 asesenados polos paramilitares.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete