Galiza rexistra o peor balance a nivel estatal, con só 21.845 nacementos fronte a 30.160 defuncións.
O crecemento vexetativo do país, a diferenza entre a cifra de partos e mortes, ofrece un ano máis números negativos: -8.318 persoas. Xa que logo, e de non ser pola inmigración, a conta anual do padrón ofrecería tamén crecemento negativo. Con todo, tamén neste caso, a evolución no último ano foi mínima. E é que se no resto do Estado, ao mirar a media de nacementos vemos que un de cada cinco cativos é de nai chegada dalgún outro recanto do planeta, en Galiza esa porcentaxe quedou no último ano en apenas o 6,8%, un punto por riba do ano anterior, con 1.400 nacementos de nai vida da inmigración.
Así, en 2007 os peores números atopámolos na provincia de Ourense, cun saldo negativo de -2.535 (4.503 defuncións e 2.060 nacementos). En Lugo: -2.519 (4.698 defuncións e 2.179 partos). Na Coruña: -3.393 (12.484 mortes e 9.091 nacementos). Por último, a única evolución positiva é a de Pontevedra: +125 (froito de 8.507 nacementos e 8.378 mortes)
Mais os 20.000 EMIGRADOS ANUAIS, xóvenes maiormente, que foxen de eiquí.
A (con P)"constitución" €$pañola oé oé ten INCAPACIDADE XENÉTICA para acoller á población galega e DARLLE TRABALLO NA GALIZA. Seguen a contar antigos contos xa contados e gastados.
esta é a realidade nosa, a dos mozos, a dos traballadores, a dos pais e nais que non teñen máis fillos porque saben que non terían un futuro decente nunha sociedade digna...
O gran fracaso da política do fraguismo e do "progresista bipartito".
cómpre outra alternativa, unha alternativa dos traballadores e da xente de a pé, non dos políticos do "plus", da moqueta, do coche oficial dos 100.000 euros (caso do que vai mercar a Deputación de Lugo para o seu presidente, por exemplo).
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
A VER, XENTE: eu paso por riba dos comentarios do Gaviotero ese pq NON KERO LE-LOS, pero vós OBRIGÁDESME coas vosas respostas.
TAN DIFICIL É IGNORA-LO? Organizaçao e atençao ao fundo da noticia!
A min pareceme moi ben que perdamos poboación, e ogallá perdesemos máis. O pais está cheo de renegados que viven pensando en España e a primeira de cambio marchan, pois veña, ide levantar outros paises só porque vos paguen 300 euros máis a fin de mes. Aqui non obrigamos a ninguén a quedar.
Pois a min paréceme unha boa noticia, pois creo que somos demasiada xente. Non hai máis que ver as caravanas, os atascos, as grandes multitudes...
¡¡Pero se non cabemos máis!!
Como emigrante no Reino Unido, dame vergoña ver os vosos comentarios de "señoritingos ou salvadores da Patria".
Somos moitos e moitas os que traballamos no exterior porque non tivemos outra opción e, para a inmensa maioría, non hai euros de máis senón soio a posibilidade de comer sen pedir diñeiro o teu pai.
O dito, os penosos gobernos do País non e máis co reflexo da poboación que temos.