Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Autorizan outro salto hidroeléctrico

O Ministerio de Medio Ambiente concede outra "coitelada" en pleno Canón do Sil

Un proxecto en pleno espazo protexido e malia a promesa do conselleiro de Medio Ambiente de non autorizar máis aproveitamentos eléctricos na zona.

Redacción - 09:00 04/07/2008

Os Canóns do Sil foron seleccionados dentro do proxecto Geosites, promovido pola Unesco, como parte do programa de inventariado daqueles lugares cun patrimonio xeolóxico especialmente relevante. A zona forma parte ademais da Rede Natura 2000, coa declaración de "Lugar de Interese Comunitario Canón do Sil".

Paradoxalmente, isto non foi impedimento para que o Ministerio de Medio Ambiente concedese outro proxecto de aproveitamento hisroeléctrico na zona, denominado Santo Estevo II, unha central soterrada en pleno canón. Unha nova concesión hidroeléctrica a Iberdrola que desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, cualifican de "coitelada mortal, case definitiva". Adega critica que sexa ademais o ministerio, liderado agora pola ourensá Elena Espinosa, quen autorice este proxecto, máis aínda cunha promesa previa desde a Xunta de que non se autorizarían máis iniciativas dese tipo neste lugar protexido. "É este o "peso" que ten a administración galega en Madrid para defender as nosas xoias naturais?", preguntan os ecoloxistas.

Segundo a avaliación de Adega, a apertura dos túneles-galería necesarios para realizar o aproveitamento producirá grandes cantidades de cascallos e entullos "que afectarán gravemente a conservación do citado LIC “Canón do Sil” así como os efectos do aproveitamento do caudal ecolóxico para o turbinado poden ter graves efectos sobre multitude de especies e hábitats protexidos".


2,82/5 (17 votos)

Comentarios (36)

Roi_Ourense #1 4/Xullo/2008 Roi_Ourense

Patético e penoso, mais na liña habitual dos supostos e pretendidamente departamentos "de Medio Ambiente" galego e español. Non teñen a máis mínima idea do que significa o "medio ambiente" (a pesar de ser esta expresión, certamente o é, redundante). Pois nada: a seguir a esmagar o país! Despois presentarédesvos cunha folla "de servizos" igual á dos gobernos anteriores do PP e pediredes que vos voten... seica vos botan.

dumiense #2 4/Xullo/2008 dumiense

botemos a bipartito pero volven os oooooooooooutros, que facer?

ecoe #3 4/Xullo/2008 ecoe

A todos mais non co voto: co boto!

GalizaEmGalego #4 4/Xullo/2008 GalizaEmGalego

estes som os resultados do governo de esquerdas do PSOE-BNG. O pior de tudo que ainda ha gente que se considera nacionalista e independentista que vota a estes últimos, autenticamente penoso. DO PSOE ja nom falar total.

xermolo #5 4/Xullo/2008 xermolo

Esta xente está a vendelo país. Non máis agresións ao meio ambiente.

Tino #6 4/Xullo/2008 Tino

A Helena Espinosa falaba galego cando pediu o voto, agora q volve con semellantes proxectos xa non sabe se está en Ceuta, Despeñaperros ou Guijuelas: ,,es q como en galicia aora no yueve, ya no se onde estoi..."

ecoe #7 4/Xullo/2008 ecoe

E marelos -dí pantxolas o conselleiro dos informes contrarios- son os políticos que traballan CONTRA os intereses dos electores

carlosroca #8 4/Xullo/2008 carlosroca

Que aburridos son os consignatarios. Dunha decisión do ministerio de medio ambiente do PSOE ten a culpa o BNG, quen está en contra desta decisión mais non ten competencias. A mesma leria.
Montade algo para que vos voten e solucionedes todo vós, senon é falar barato.

Dito isto, temos que facer o que sexa e empregar todos os recursos para paralo, adiante.

Jatopardo #9 4/Xullo/2008 Jatopardo

¿Como era iso que nos dicían de "o plan eólico que se está a aprobar vai servir para substuir enerxías suxas por enerxía limpas"?

1º Meten máis muiños.

2º Meten máis hidroeléctricas.

3º As centrais térmicas funcionando a todo trapo.

4º Zapatero acaba de aprobar un convenio co goberno francés de interconexión eléctrica, é dicir, para mercarlle enerxía procedente das nucleares a Sarkozy.

Entón, ¿De qué substitución están a falar uns e outros?

terracha #10 4/Xullo/2008 terracha

Concordo plenamente con "carlosroca" é dificilmente comprensible como non se é capaz de ver a realidade, como se utiliza todo para atacar, criticar sen coñecer o caso en profundidade.Temos distintos camiños para defender o noso país e cultura e todos son respetables.
Gustariame que eses que se lles enche a boca con palabras como esquerda,xiro ó centro, dereita me explicasen q significa eso na sociedade actual.
Porque non se opta por ofrecer algo distinto, estou esperando o día. Falar e moi simple pero aportar solucións e alternativas xa non é tanto.

triforio #11 4/Xullo/2008 triforio

Estes de hiberdrola despois nos anuncios son moi ecoloxicos, e vendense como que teñen unha gran preocupacion polo medio ambiente. En fin...
O peor e para o Sil; coma sempre. En Valdeorras as canteiras non paran de botar merda o río pero naide di na. E aínda por riba a consellería de medio ambiente dalles unsa cantos millons de euros para restaurar as escombreiras. E dicir collen os millons de euros botan tres camions de terra pola escombreira abaixo, esparcen semente de herba. E ala, cartos para o peto. Todo é igual.

mceleiro #12 4/Xullo/2008 mceleiro

#8 carlosroca

O senhor carlosroca das energias limpas quere então parar esta hidroelétrica? Qual é a diferença entre uma hidroeléctrica num LIC e 50 parques eólicos (de menor potência) noutros LIC?

Ahh, já entendo!!!. Que esta é culpa do PSOE. Se fora do BNG seria estupenda.

Merdas herdadas do PP, merdas do BNG e merdas do PSOE. Tudo Merda!

«Dito isto, temos que facer o que sexa e empregar todos os recursos para paralo, adiante» Quem? os comentaristas de Vieiros ou o teu partido que seica tem a chave do governo e pode deixar ao PSOE em minoria?

Igual é melhor uma manifestação chachi para calmar ânimos e daqui a uns meses votar aos do "construindo país", que venhem os outros!!.

Quanto aos comentários, bem mais aburridos são os teus. Não achas a palavra "consigna" um bocadinho repetitiva?


#10 terracha

Visita a web de adega, que há muitos artigos sobre alternativas com energias VERDADEIRAMENTE limpas. Também se fala de algo chamado POUPAR. É necessária tanta energia? Na Galiza sobra. A conurbação madrilenha necessita de colónias para manter o despilfarro e irracionalidade.

Seica também foste obediente e "mataste a ideologia". Estupendo. Não há direita nem esquerda. Somos todos felizes e comemos perdizes....

Se queres explico-te a diferença entre direita e esquerda. Mas que idade tens? Por saber como o explicar...

Gaias #13 4/Xullo/2008 Gaias

Estan vendendo o pais as eolicas, hidraulicas, piscifactorias, reganosas,etc. Nos quedamos coa contaminacion e o destrozo ecoloxico, e logo estas multinacionais levan as ganacias para os Madriles, Cataluña, etc donde cotizan.

remexendo #14 4/Xullo/2008 remexendo

Supoño que como o BNG non esta dacordo vai convocar mobilizacións en contra desa autorización. Ou vai mirar para outro lado como na legalización de louseiras, nas piscifactorías, no lago de Endesa nas Pontes, etc, etc

ecoe #15 4/Xullo/2008 ecoe

No Courel hoxe SOS CAUREL denuncaia a PLANTA DE PIÑEIROS, de incendios como din eles, na Serra da Escrita, Taro Blanco, Froxán...

Bueno, pero isto que é? Quén vai aturar a estes mequetrefes xunteiros? Estannolo poñendo fácil de entender. Como ós outros tamén: HAI QUE BOTALOS!!!!

terracha #16 4/Xullo/2008 terracha

a mcleiro:
Eu penso que por encima de todo esta o respeto por iso non entrarei nesas tuas alusións descalificativas.
En segundo lugar con respecto de Adega é un colectivo que me é proxiño, coñezo e estou dacordo na práctica totalidade.Ti que pareces coñecelos sabras como traballan, son xente que con todo o respeto critican o que opinan esta mal e dan alternativas. Cando viches ti que fixesen alusión a intencionalidade das medidas que toma o BNG.
Eu, do mesmo xeito, considero que se cometeron repetidos errores de enfoque e prácticos.Creo que é o noso deber denuncialos e facer todo o posible por que se subsanen. Eso si perdoarasme pero non podo estar dacordo na xeralización, no todo vale con tal de criticar, no opinar antes de contrastar e de confirmar, no de atacar para desprestixar, no de non mirar as posturas de cada quen, no de tratar desta maneira a xente moi válida que leva toda a vida loitando polo pais. As críticas son necesarias pero eu que coñezo persoalmente a algúns dos que hoxe toman decisións constato que son boas persoas que consideran que o que fan é positivo. Por eso creo merecen un respeto e anque o que fagan sexa algo criticable.
O problema e cando falamos dende certa soberbia que nos fai pensar que estamos na verdade absoluta, que nos fai pensar que o resto son traidores, que fan as cousas a mantenda para acabar co que sentimos noso en exclusiva. E deses temos moitos por estas páxinas.
Eu humildamente fago o que podo pola cultura que sinto miña e de boa fe, participo coa intención de aportar e encontrome con xente coma ti que me acusa de adoutrinamento e implicitamente de traición a causa por ter un punto algo distinto.É bastante triste porque polo que leo temos en común a defensa da nosa terra e da cultura que nela existe.
En canto o significado dereita esquerda, posiblemente a culpa fora miña é un debate que non se pode nen debe simplificar. Creo sinceramente que non é tan sinxilo como o presentas. Hoxe nesta "democracia" que temos tales termos perderon o significado que algún día tiveron. Noutra ocasión estarei encantado de esporche a miña visión da realidade dos partidos políticos. Eso si non me parece de recibo criticar un partido dicindo que xa non ´´e de esquerda, creo que o que se debe facer e falar dos aspectos concretos nos que modificou a súa postura.
Como exemplo tonto ti cres Bono representa a esquerda manchega?

mceleiro #17 4/Xullo/2008 mceleiro

Terracha, eu respeito-te a ti e a tua opinião, valiosa, concorde ou não. Confundes criticar com insultar. Cousas do pensamento único no que vivemos, onde parece que já não se pode discutir, onde levar a contra é atacar.

mceleiro #18 4/Xullo/2008 mceleiro

Coincidimos na defensa da terra. Mas tu delegas em "boas pessoas". Eu olho no DOG e no BOE o que fazem essas pessoas, e julgo depois se são boas ou não.

Eu não critico ao BNG por ser o BNG, porque para começar, está co-governando com o meu voto. Mas daí a dar ser um fanático dum partido, acrítico e que olha para outro lado para não ver a realidade há muita distância.

Os responsáveis são responsáveis. Do partido que sejam. E as medidas não se tomam "sem querer". Há intencionalidade sempre. Mas os dous partidos que nos desgovernam, não evaluam os prós e contras, senão os euros e os politiqueos, e as carreiras políticas individuais.

Eu serei um maleducado, com um tono áspero e muito antipático, mas é porque me dói. Na carne. Porque há gente que lê as notícias das desfeitas tranquilamente no jornal numa cafetaria, e sinte pena por aquela foto naquel lugar nunca mais possível. Mas outros vivemos naqueles lugares. Formam parte de nós. É o nosso passado, presente e FUTURO. Porque nos negamos a emigrar. A deixar desertos onde uns poucos encham os petos de cartos.

Porque, terracha, estas políticas têm consequências sociais muito impactantes. Estamos a falar dum Courel deserto, dos vales do Sil desertos, quando podiam ser zonas vivas e dinâmicas.

Pode-se ter paciência esperando a resolução de problemas. Não se pode permitir a criação de outros novos. Especialmente quando são IRREVERSÍVEIS.

Eu vou criticar tudo quanto queira, ninguém me calará. E dá-me igual o que diga carlosroca (o das consignas, quando ainda lhe falta a primeira proposta concreta do que se deveria fazer) ou que tu te ofendas.

mceleiro #19 4/Xullo/2008 mceleiro

Nem Bono representa a esquerda manchega, nem o PSdG a esquerda galega.

Precisamente por isso, o BNG deveria ter as ideias claras.

A esquerda no tempo evolucionou, outras involucionou. Mas hoje a esquerda segue viva, ainda que seja minoritária e em circustâncias de simples resistência.

Mas eu sou dos que penso que ou socialismo ou barbárie, e seguirei fiel às minhas ideias e valores. Não aos partidos, porque como dizia um famoso cantor, eu sou o meu comité central.

Alberto #20 5/Xullo/2008 Alberto

ben falado mceleiro!

terracha #21 5/Xullo/2008 terracha

a mceleiro.
Primeiro decir que non fai falla insultar para descalificar, con comentarios sutiles e implícitos tamen se pode facer.Engadir que non deixa de ser unha cousa subxetiva e perdoarasme que me sinta doido cando me preguntas a idade, cando dis que que estou adoutrinao( implicitamente por tanto carezco de opinión obxetiva)...
O marxen desto, que non deixa de ser unha tontería anecdótica ,eu opino que o debate gaña e faise mais interesante cando discutimos os matices discrepantes dende o respeto sendo conscientes de quen somos, donde estamos, que defendemos, quen esta con nos, etc. Non debemos axudar a xeralizar o todos son iguais porque non é certo e ademais non deixa de ser contraproducente .
Logo desto, a crítica é a esencia da democracia, que eu entendo, nunca pretendería que non poideras facelo, non solo é o teu dereito se non o teu deber como o de todos.
Eu igualmente vivo no rural, na comarca que me da nome, sinto a terra co unha parte de min e doeme do mesmo xeito cando se dana. Estanse dando certos pasos que valoro moi positivamente e por moitos espero. Eso non me fai caer na xeralización nin desespero.
Cometeronse errores e grandes, igual ca ti criticos pero sendo consciente de que a única posibilidade que ten o noso pais pasa pola colaboración dos ca sinten, dende o respeto. Non deixandoa en mans dos que pensan que é coma Murcia con frío.
Polo que a conclusión é, primeiro ter presente cales son os obxetivos e cal é o "inimigo", logo codo con codo a traballar todos por facer unha Galicia mellor. Non tirarnos os trastos entre os que soio nos diferencian matices para regodeo do resto.
O nacionalismo galego sempre se caracterizou pola autocrítica constate eso debe seguir de igual xeito porque é o fai del algo distinto. Pero respeto e se lle unimos alternativas moi mellor. Eso era o que pretendía decir anq non me expliquei todo o ben que debera.

terracha #22 5/Xullo/2008 terracha

Por outro lado o comentario non se dirixía en especial a ti, anque te deras por aludido. Os comentarios que che vexo soen ir ben argumentados en xeral.
En canto o de esquerda- dereita, eu prefiro falar de enfoques en temas determinados non creo que tales termos impliquen por si unha listaxe completa de problemáticas e postulados. Non pasou eso cando xurdiron e hoxe xa solo son reclamos electorais. Eso non significa que as utilicemos para entendernos e que un se poida autoefinir deste xeito. Neste punto teño que volver a discrepar non se discute o modelo economico no meu comentario senon dentro do que temos as posturas dos partidos.
Hoxe, eu penso, que todos os que xogan con entrar nas institucións non miran a manterse fieles a termos abstractos sen contido predeterminado claramente senon que miran a politicas concretas que concorden co que defenden.
Remato xa coas palabras do parente, poeta e veciño Manuel María
" o amor a terra debe unir e facer dos que a queremos camaradas..." e non todo o contrario.

mceleiro #23 5/Xullo/2008 mceleiro

Olá terracha. Desculpa, passei-me com o de perguntar-te a idade, taupouco digo que estejas adoutrinado. Simplesmente, não concordo em na ideia de que ser de direitas ou esquerdas seja irrelevante, que podam conviver tranquilamente conceitos contrapostos que se negam mutuamente.

Estamos a ver e sofrer as consequências destas contradições no BNG. A conselharia de Meio Ambiente faz campanhas contra o despovoamento rural, logo o BNG vota no parlamento uma proposta do PSOE de fechar 9 centros de primária em concelhos muito necessitados deles, depois o BNG vota na diputação de Lugo em contra,....reganosa sim, reganosa nom,....cidade da cultura... e assim vamos!!!

Não se pode defender simultaneamente os intereses de Tojeiro e os dos afectados de Reganosa. Casos similares há milhares.

mceleiro #24 5/Xullo/2008 mceleiro

O PSOE é um cancro. Sendo da Terra Chã saberás como foi em Lugo:

1ª Legislatura PSOE-BNG, mudança espectacular para bem, Branca Rodríguez trabalhando de forma magistral. Passo a práctica de ideias bem definidas, malia ser minoria. Orozco: lo bueno lo hacemos nosotros, lo malo el BNG. Echad al BNG. Mas Lugo melhora.

2ª Legislatura PSOE maioria. Segue funcionando o iniciado na legislatura anterior, mas começa a haver sérios problemas. Em pleno pelotazo imobiliário, Orozco ceando nos restaurantes de luxo com determinado promotor que amais era presidente da Confederação de Empresários de Lugo. Corrupção sem escrúpulos.

3ª Legislatura PSOE-PP. Os lugueses deram-lhe por cu a previsível maioria orozquista. Seica queriam melhor o bipartito. Orozco põe riba da mesa um pacto de governo suicida para o bng e contraproducente para o concelho. Os concelheiros do bloco não aceitam. A direção obriga a que aceitem. Eles seguem firmes. A direção faz limpeza. Eles seguem firmes. Orozco governa em minoria, não pode sacar muitas das suas barbaridades previstas, o bng faz excelente oposição, os cidadãos sabem quem é orozco.

Próxima legislatura. Eu apostaria por uma suba de votos do BNG luguês (coerente e sem as mãos sujas de merda) e Orozco pactando razoavelmente. E Lugo outra vez melhorando.



Há basicamente duas opções:

A. - Firmeza, coragem, trabalho, ideias claras, projectos e antepor os interesses gerais acima dos partidistas.

B. - Eleitoralismo, submissão, incoerência, falta de objectivos, culto a personalidade e ao partido, deixar-se levar por o poder mediático e perder a perspectiva dos problemas.

Eu apoiarei sempre aos da opção A, e sempre desconfiarei dos da opção B.

carlosroca #25 7/Xullo/2008 carlosroca

O problema dos da consigna é que se quedan cos titulares....

E ainda por riba fan a guerra pola súa conta porque non son quen de xuntarse nin para ir nun coche...

En fin moita idea sen praxe... a cousa é que as ideas se estragan na realidade... canto mal fai o platonismo no nacionalismo galego. Non hai que lle facer tanto caso ao sobriño de Rouco Varela!

mceleiro #26 7/Xullo/2008 mceleiro

Pois deixemos então as ideias, e aplaudamos ao Quintana fazendo praxe nas merendas, bailando com as velhas.

Praxe, por exemplo, seria dizer quatro cousinhas quanto ao Plano de Infraestruturas ou as Directrizes de Ordenamento Territorial que nos vem de meter (sem vaselina) o PSOE. Bom, igual é que concordam...

Mas a consigna é FAZENDO PAÍS.

E a realidade DESFAZENDO PAÍS.

mceleiro #27 7/Xullo/2008 mceleiro

O titular era ...OUTRA COITELADA...
O lema é CREMOS NO NOSO PAÍS.

Acto de fé nos caminhos da metafísica. Normal que nos amentéis ao Rouco Varela.

Eu prefiro o ateismo e o materialismo dialéctico. Menos crer, e mais fazer!

carlosroca #28 7/Xullo/2008 carlosroca

O plan de infraestruturas é unha merda propagandística, sen prazos e e....o tren?.

Os do BNG están facendo POLÍTICA para este País, e non lle gusta aos da consigna, nin á españolada e greas desinformadas...normal.

Facer? desde a mesa do café, desde a contemplación, desde o idealismo platónico?....veña veña. "Praxe coas vellas"... canto sexismo... a ver polo menos dade o saltiño a Aristóteles e podemos botar unhas risas...

mceleiro #29 7/Xullo/2008 mceleiro

Isso é o que digo eu, O TREM?

Onde estam os caminhos de ferro de proximidade?
Onde está a construção de ferrovias para os cidadaõs de "a pé" além do TAV dos bussiness men?

Onte está a praxe do BNG? Que votou? Que emendas apresentou?

Com as Directrizes do Território (IDEIA DE PAÍS!!!!!) faço as mesmas perguntas.

É capaz a direção do BNG de apresentar as suas Directrizes do Território, a sua proposta de Infraestruturas?

Seica andavam entre Platão, Aristóteles, a Santo Tomás e a p. que os pariu a todos!!!

Eu quiser que o BNG e todos os que andáis a dizer toladas que vos deixedes de discursos, praxes, metafísicas, lemas, e caralhadas e fizessem a POLÍTICA para fazer PAÍS, não a política (em minúsculas) para fazer partido (em minúsculas).

PS: Sexismo? bom, um vicepresi paritário deveria bailar com velhas e velhos, nessas festas dos velhos que fazem esquecer as que fazia Fraga em vésperas de eleições...

....anda carlinhos, não venhas com parvadas. Sexismo...hahahahahaha

mceleiro #30 7/Xullo/2008 mceleiro

Tu podes botar quantas risas queiras, que a mim puta graça me faz.

Uns trabalhamos desde as nossas profissões no que podemos (não somos todos conselheiros nem deputados), estamos informados e temos, por exemplo, um Plano de Infraestruturas alternativo. De cafetaria pouco, meu rei!

Outros não vos juntais num carro, juntais-vos num autocarro mexendo as bandeirinhas eleitorais do partido caminho de não sei que santuário, mas acordai ao condutor, que vai durmindo e podeis ter um grande accidente quando chegue a curva.

Carlinhos #31 7/Xullo/2008 Carlinhos

'tá fodido o tema. Mais na minha humilde opinom o BNG fai o que tem que fazer (dançar com velhas e bicar meninos); explico-me, o Bloco está na instituiçons dum marco jurídico-político desenhado por e para o que se chamavam poderes fácticos e tem que bailar ao ritmo da música que marque o Capital; depois podem fazer-se os "progres" como o PSOE em assuntos como o antipatriarcado, a nom discriminaçom pola orientaçom sexual..., já assumidos mesmo pola sociedade ianque que é a referencia no mundo capitalista nom teocrático e mesmo ir além do PSOE em temas como o militarismo, o Estado aconfessional (aínda nom hai tal) e , em definitiva em ir um pouquinho a contra-corrente do Nacional-Catolicismo espanhol aínda imperante; mentres as suas bases lhe-lo permitam e aturem... é o seu problema. Os que nos distanciamos dessa organizaçom após o Congressso do Carvalhinho fomos incapazes de criar umha alternativa organizada com suficientes apoios como para condicionarmos as polítiquinhas institucionais: Eis, na minha opiniom, onde radica o problema principal.

carlosroca #32 8/Xullo/2008 carlosroca

Para quen lle interese e non sexa sectario:

http://www.bng-galiza.org/open...

http://www.bng-galiza.org/open...

carlosroca #33 8/Xullo/2008 carlosroca

Mima!, 23 anos para se poñeren de acordo, e canto máis teremos que agardar a que todos os nacionalistas puros e non contaminados se poñan as pilas e sexan quen de valorar máis o que une que o que os separa...

E namentras Mariano Abalo con Alecrín e o seu último circo. Cousas veredes... O PP e a FPG comprometidos coa loita de Ana Míguez!!

mceleiro #34 8/Xullo/2008 mceleiro

#32 Perguntas. Como as que podo fazer eu em Vieiros. Perguntas que fircarão em simples perguntas em temas nos que não se tem competências, e os responsáveis são outros. Competências que não se tem nem se terá, porque quando chega o tempo de negociá-las o que se põe riba da mesa é polícia autonómica e paradores. A cesão dos parques naturais não é uma conquista, estava há tempo estabelecida com o desmantelamento do Ministério de Meio Ambiente. Catalunya leva décadas com a gestão dos seus parques.

Que competências está a pedir o bng? nenhuma. As migalhas que o ZP nos deixe cada vez que fecha algo estatal na sua política neoliberal.

O que diz Carlinhos no #31. Há um status quo, e o bng não ve a necessidade de rompê-lo.

mceleiro #35 8/Xullo/2008 mceleiro

O responsável desta desfeita no Sil é o Estado Espanhol. O BNG fica simples espectador. O único que pode fazer e perguntas?

Deixemos o assunto em que é totalmente inocente. Não pode fazer nada.

Mas, no que te perguntei quanto às Directrizes do Território e o Plano de estradas, são totalmente competências autonómicas.

O BNG faz também perguntas no parlamentinho? Quanta hipocresia!

carlosroca #36 8/Xullo/2008 carlosroca

O BNG pode romper o statu quo (o de Status Quo é un grupo musical hortera) co 20% de apoio electoral?, cun 5% de poboación que se considera nacionalista?....

Como se consegue un Estatuto decente...en solitario?

Non coñecedes o Pais no que vivides, e o de acumulación de forzas pasou á historia....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: