Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TELEFONÍA

Sae á venda o primeiro móbil libre

O Neo FreeRunner está baseado na plataforma OpenMoko e leva Linux como sistema operativo.

Redacción - 12:30 04/07/2008

O 4 de xullo sae á venda nos EUA o primeiro móbil completamente libre, que non de balde. O Neo FreeRunner é completamente personalizábel e modificábel, por estar baseado na plataforma OpenMoko.

O aparello leva como sistema operativo GNU/Linux e, aínda que só inclúe software básico para facer chamadas, enviar e recibir mensaxes e manexar contactos, permite que os usuarios creen e instalen as súas propias aplicacións. Así, haberá actualizacións do software do teléfono, como unha no mes de agosto que prevé incluír servizos de localización.

Non só é libre o seu software, senón tamén o seu software, polo que están dispoñíbeis os deseños para poder fabricar carcasas personalizadas, no caso de que algúen teña interese e capacidade para facelo.

O teléfono véndese a 399 dólares (255 euros) na web de OpenMoko e, evidentemente, está liberado para o seu uso con calquera operador. Dispón de pantalla táctil, wi-fi, GPS, sensores de movemento para axustar a visualización segundo a posición do teléfono, bluetooth e entrada de tarxetas microSD. Non ten, porén, cámara de fotos.


5/5 (2 votos)

Comentarios (2)

Tino #1 7/Xullo/2008 Tino

para non ter cámara éche bastante careiro!
E a tecnoloxía OpenMoko ten q ser a hostia: Open = aberto... OpenMoko = moco aberto? Fiz nos Biosbardos estaria encantado con este telefone...

Tarelo #2 9/Xullo/2008 Tarelo

Está ben que se creen cousas para todo tipo gustos. Normalmente @s consumidores/as non nos queda máis remedio que entrar polo aro, pero nesta ocasión temos donde elexir. Grazas @s creadores/as

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: