Xa está a investigar para fabricar coches que funcionen con biocombustíbeis, electricidade ou baterías de fuel.
A compañía automobilística alemá Mercedes-Benz ten previsto abandonar os vehículos propulsados por derivados do petróleo en menos de 7 anos, en 2015. Por iso está xa a investigar fontes de enerxía alternativas, como a enerxía eléctrica, a célula de combustíbel ou o biodiésel. De feito, xa se presentaron algúns modelos nas instalacións de Mercedes no Estado Español.
Segundo a información publicada por Yahoo EcoGeek, no ano 2010 podería saír á venda un primeiro vehículo que funcione con biocombustíbeis. O seguinte paso será o lanzamento dun coche eléctrico da marca Smart libre de emisións contaminantes. A empresa xa está a probar en Londres 100 deses vehículos.
Mercedes está a investir case 4 millóns de dólares no seu plan de mobilidade sustentábel, e outros 1.400 de aquí a 2014. Aínda que é posíbel fabricar vehículos que poidan usar outros combustíbeis distintos da gasolina e do gasóleo, o reto é facer coches que poidan circular sen ningún tipo de fuel de orixe fósil.
Demostración práctica de que os "fabricantes aprettatus, discurren qsue rabean", mais quenes apretan non son precisamente os políticos nin a población! Iso é o grave.
Eu estudo abandonar o álcool em 2030!
Com o preço do combustíveis fósseis a subir a este ritmo e de uma forma irreversível, ou a indústria automóvel muda radicalmente, ou então são os potenciais clientes que abandonam os automóveis e arranjam soluções de mobilidade mais viáveis.
Non sei se é porque son inxeñeiro ou porque a min chegame mais información do normal ou porque a busco, pero a verdade é que todo isto do petroleo anda superado....
Exemplos:
Coche que funciona con bomba de auga.
http://es.youtube...
Coche que funciona con sistema de hidrogeno baixo demanda:
(podelos facer ti mesmo)
http://es.youtube...
http://es.youtube...
Bueno buscando pola web atopas centos de estos mesmo coma facelo xa dentro de bmw e así, pero isto non é o mellor, O MELLOR SON OS MOTORES DE VACIO, cos cales simplemente co ruido electromagnetico consigues facer eletricidade, vamos que para darlles na cabeza aos defensores das nucleares.
http://www.youtube.com/watch?v...
pero.... isto non interesa, o que interesa é ter grupos enerxeticos propios que se é posible invadan novos paises e sigan co oligopolio enerxetico que asi faise rico quen tense que facer rico...
Creo prioritario implantar alternativas aos combustibles fósiles, pero que non me veñan co tema dos biocombustibles, para iso quedo co petróleo.
Como están deixando as selvas do sudeste asiático, o Amazonas... como están subindo os prezos dos alimentos básicos que castigan máis duramente aos que menos teñen.
E que veña Mercedes falado dos biodiésel...