Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recuperando "reivindicacións históricas"

A plataforma Causa Galiza volverá pedir a soberanía nacional o 25 de xullo

Por segundo ano consecutivo, organizan a marcha unitaria da esquerda soberanista e independentista galega.

Redacción - 17:45 14/07/2008
Cartaz e lema da manifestación de Causa Galiza

Cartaz e lema da manifestación de Causa Galiza

A plataforma social Causa Galiza presentou, esta segunda feira, a marcha nacional que teñen preparada para o Día da Patria, que baixo o lema "Soberanía nacional", será a "única na que se reclame a autodeterminación para o país".

É o segundo ano que a entidade organiza esta manifestación (que partirá ás 13:30 horas da Alameda compostelá), mais durante os doce meses que pasaron dende o seu nacemento, dedicáronse tamén a vertebrar o movemento soberanista de esquerdas polas comarcas de Galiza, facendo un traballo de base para estender a idea da soberanía nacional.

Isto foi o que dixo Charo Lopes, membro da portavocía colexiada de Causa Galiza, quen tamén abriu a conferencia de prensa na que a entidade presentaba a marcha do 25 de xullo. Lopes tamén salientou que a plataforma segue a ser un "espazo aberto e amplo" agora, se cadra, máis necesario, no momento no que o Goberno "claudica ante o mandado das institucións españolas", cousa que, segundo dixo, agardan que volva pasar cando, uns meses antes de se desenvolver as eleccións de 2009, se reabra o debate estatuario, que será, recalcou, "cativo e subordinado" aos intereses españois.

A autodeterminación é "o único camiño"
Por outro lado Pedro Alonso, membro da portavocía da plataforma, tamén presente na conferencia de prensa, analizou o actual contexto político que se está a vivir en Galiza, dicindo que "as decisións do Goberno son cativas e tímidas, cando se trata de defender os intereses galegos". Neste sentido, foi citando distintas medidas da Xunta como a construción das vías do TAV, "mentres se desmantelan as estruturas útiles do tren"; as agresións ao sector pesqueiro, "cunha Lei de Pesca deficitaria"; a Lei da Paisaxe, "curta e preparada para defender un crecemento insustentábel"; ou ENCE e o desaproveitamento dos nosos recursos forestais, que, segundo dixo, se tapan con "perífrases políticas" como o emprego da palabra "nación" ou campañas de "escenificación superficial", cando o que é preciso é, nas súas verbas, "defender o dereito dos galegos a decidir o seu futuro", e para isto, salientou, "a autodeterminación é o único camiño".

Por isto, Alonso terminou a súa quenda destacando que en Galiza "é preciso que se fale alto e claro da soberanía nacional, da capacidade para tomar decisións que afecten o futuro de Galiza e a súa persistencia como nación". Para isto, dende Causa Galiza, dixo Pedro Alonso, van seguir traballando pola defensa da realidade nacional galega en todos os eidos, "abrindo un camiño claro para que a sociedade galega" saiba que pode e debe decidir por si mesma.


4,45/5 (42 votos)

Comentarios (25)

malpocado #1 14/Xullo/2008 malpocado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espanha nom compensa. Melhor sós!

semprecelta #2 14/Xullo/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con todo ao 100%. Só un pero: Que deseños máis feos os cartaces deste ano, mimá!!! Co chulo que é o logo ...

Pode parecer unha parvada, mais a atracción dos símbolos -acompañada de ideas, claro está (por se aparece un nacigaviotero por aí)- conta tamén. E muito.

Saúde e Patria!

Scaaveiro #3 14/Xullo/2008 Scaaveiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Já, mas todo isso a sociedade galega, por desgraça, nem sequer o considera. Os galegos estão mui felizes pensando que na Espanha lhe importamos a muita gente e votando no PP e no PSOE.

galeguzo #4 14/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tampouco eu gosto do desenho (sobretudo pola tipografia empregue no lema, o resto da composição é sóbrio e sempre gosto disso), mas se é a opção empregue, imagino que será porque desde Causa Galiza entendam que é o formato mais útil para difundir a mensagem.

Como crítica, dizer que isso de que passaram doze meses a fazer trabalho unitário e de base... mmm... gostaria saber onde :-s

bcngz #5 14/Xullo/2008 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

flipaos

bcngz #6 14/Xullo/2008 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xente que se aburre moito e ten moito tempo libre

ulo #7 14/Xullo/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois facendo o que outros xa teñen no esquecemento: o 6D manifestandose contra a constitucion española e pola autodeterminacion. Na manifestacion en Vigo A Ria Non se Vende, na manifestacion de Ferrol contra Reganosa, na manifestacion na Coruña pola recuperacion da ría.
E sempre cunha mensaxe claro: a defensa do dereito do pobo galego a decidir o seu futuro, é dicer, á autodeterminacion.
Pero claro, para outros a autodeterminacion xa ésta no esquecemento, chegalles coas esmolas do estado en subvencios ou o 8% dos orzamentos.... para logo pagar ás constructoras para facer o Plan Galicia... Perdon, o AVE e a Cidade da Cultura, privatizada a maior gloria de Inditex (que por si alguen non o sabe, é a multinacional do textil máis grande do mundo. e é galega).
Claro, a xente que non se aburre é a xente que pode tirar de talonario oficial....
BCNGZ, aos que defenden a politica "realista" dalgúns, recomendolles que vexan o veciño: ERC fixo politica realista -e un pouco máis declamativa que a de outros, polo menos as veces ameazaba ao goberno central, estos nin eso, e ademáis, fanse da seleccion española-, e como rematou... cun batacazo electoral de época.
"cando vexas as barbas dos teus veciños cortar, por as túas a remollo".

Gaviotero #8 14/Xullo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El año pasado no juntaron a mucha gente, pese al gran despliegue de cartelería y de medios que recibe esta asociación. ¿Quién está detrás de ella financiando todo esto pese al poco éxito que tienen sus movilizaciones? Igual en San Caetano, sección "Galiza", tienen la respuesta...

GalizaEmGalego #9 15/Xullo/2008 GalizaEmGalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ali estaremos!!

Adiante Causa Galiza!

Biosbardos #10 15/Xullo/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un momento. Cando é isto. Quería ir o 25 de xullo a Santiago a celebra-lo patrón de España e velo conxunto arquitectónico da Catedral... Non irán a ocupar algunha das prazas?

ulo #11 15/Xullo/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero que non te enteras... que os da seccion Galiza de San Caetano hoxe aceptan de bon grao a túa bandeira e a túa seleccion. Que non te enteras, de puro facha que ti és, misturas o tociño coa velocidade.
Ata nunca

roixordo #12 15/Xullo/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gavioteiro, á sección Galiza de San Caetano esta xente failles moi pouca gracia,

pepedaconcha #13 15/Xullo/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pra Gaviotero:
Vendo a mesa nom sei se te das conta de que nom fan falha moitos cartos pra ese decorado.
Aparte tes tu muitas mais similitudes co BNG que pode ter a xente de Causa Galiza.

Gaviotero, metete no BNQ que agora ate apoian a selección espanhola igual ca ti

galegasenprexuizos #14 15/Xullo/2008 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Quen adiviña canto tempo tardará Feijoo, Rajoy ou o mesmo Fraga en dicir que é "anticonstitucional"?

Carlinhos #15 15/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O gaviotero cria escola:
http://br.youtube.com/watch?v=...

ecoe #16 15/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E qué fai de esta vez a fpg? Coma no ano pasado? Mariano que te columpian.

Carlinhos #17 15/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#15. Desculpai, o vídeo este tamém vale, é do mesmo aluno do Gaviota.
http://br.youtube.com/watch?v=...

alicaido #18 16/Xullo/2008 alicaido
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O movemento demostrase andando.Onde temos que coincidir a xente de esquerdas e nas orgaizacións sociais e nas movilizacións contra do sistema negador do noso ser e do noso pobo: O CAPITALISMO.
Causa Galiza é alternativa, e o que non o crea que participe nela, deixando na sua casa prexuizos e malas argumentacións.
GAVIOTERO da as grazas de que tes este tabloide para aparecer, eres unha especie en perigo de extinción.Xa non sei nin porque te teño en conta.

ManoelGalego #19 17/Xullo/2008 ManoelGalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Saiba porque o idioma galego é português

1ª Porque portugueses e galegos têm a mesma origem humana?

O Reino da Galiza tinha um povo com origem comum com idioma próprio desde o século IX e correspondia aos territórios que hoje fazem parte a Galiza, províncias vizinhas galegofalantes e Portugal até ao rio Tejo. A cidade de Santarém era o território a sul do Reino da Galiza onde começavam o Reino muçulmano.

2ª Qual o motivo da independência da Galiza a sul do rio Minho e a criação de Portugal?

Na época o Reino da Galiza era dependente do Reino de Leão Afonso VI e este entregou o governo das terras galegas a sul do rio Minho ao primo do Rei da Galiza Conde D. Henrique, criando assim o Condado Portucalense separando-o do Reino da Galiza, para prestar vassalagem directamente ao Reino de Leão, o que provocou um grande descontentamento entre a nobreza galega.
Os galegos a sul do rio Minho não se queriam separar dos do norte para dependerem directamente do Rei de Leão. O cidadão galego D. Afonso Henriques apoiado pela nobreza galega revoltou-se e nascia, em 1139, o Reino de Portugal e a sua primeira dinastia, com o Rei Afonso I de Portugal (D. Afonso Henriques). Só a 5 de Outubro de 1143 é reconhecida a independência de Portugal pelo rei Afonso VII de Leão e Castela, noTratado de Zamora, assinando-se a paz definitiva.

3ª Como a sul do rio Tejo a população tem origem galega se nunca foi território do Reino da Galiza?

Os galegos do sul do rio Minho comandados pelo cidadão galego D. Afonso Henriques primeiro Rei e fundador de Portugal conquistaram aos muçulmanos todos os territórios a sul do rio Tejo que fazem parte do Portugal de hoje. Após as conquistas esses territórios foram povoados por galegos. Mais tarde as ilhas dos Açores e Madeira foram descobertas desabitadas e foram povoadas por portugueses que na verdade são galegos que mudaram de nome após a independência.

4ª Porque o idioma que os portugueses falam é conhecido por português e não por galego?

O idioma galego teve setecentos anos comuns a Portugal e Galiza de existência oficial como língua culta e plena, mas as derrotas que os nobres galegos sofreram ao tomar partido pelos bandos perdedores nas guerras pelo poder em finais do século XIV e princípios do XV provoca a assimilação da nobreza galega e a dominação castelhana, levando à opressão e ao desaparecimento público, oficial, literário e religioso da língua até finais do século XIX na Galiza. São os chamados "Séculos Escuros". O galego em Portugal, por seu lado, durante este período gozou de protecção e desenvolvimento livre, graças ao facto de Portugal ter sido o único território peninsular que ficou fora do domínio linguístico do castelhano. Após a criação do Reino de Portugal o galego começou a ser chamado de galaico-português ou galego-português. Durante os "Séculos Escuros" de opressão castelhana o idioma galego foi extinto oficialmente na Galiza e imposto a castelhano. Só nos meios rurais e familiares continuou a ser falado. Os galegos foram desalbefabetizados no seu idioma materno e bombardeados com o castelhano. Pelo contrário os portugueses durante esses séculos tiveram a maior expansão da sua História, a língua que falavam era a usada nas transações comerciais por toda a África oriental e ocidental, Brasil, Canadá atlântico, Índia e toda a Ásia incluíndo o Japão e China. O idioma que os portugueses falavam por todos os continentes era o galego-português, mas estava extinto na própria Pátria Galega por isso começou a ser olvidada a palavra galego restando só português como o nome do idioma.

5ª Porque a RAG nos está a criar um novo idioma com norma escrita diferente se o galego com desenvolvimento livre foi conservado pelos portugueses?

É uma questão meramente política. O receio que alguém ainda tem que a Galiza com um idioma de valor internacional se torne independente. O português/galego é o idioma oficial de 8 países, na União Africana, no Mercosul e na União Europeia. É a língua materna de mais de 300 milhões de pessoas de países de todos os continentes do mundo.

O “portuñol” da RAG não tem qualquer futuro e é uma arma para destrocer e destruir o que resta do galego na Galiza. Na verdade o galego do século XXI é o português tudo o resto é política de destruição da nossa cultura e idioma materno.

Carballo #21 17/Xullo/2008 Carballo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver eses de Causa Galiza.

Que o crecemento insustentábel tamén pasa por desmontar REGANOSA e non só ENCE. Soberanía galega tamén é acatar as decisións do TSXG e non recorrer ao TRBUNAL SUPREMO español. Eu non vou estar en Santiago en tanto non se aclare o BNG sobre Reganosa e que conste que fun moitos 25X a Santiago.

ulo #22 17/Xullo/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

25 de xullo
Día da Patria Galega
A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para que participen das mobilizacións que ese día, como ven sendo habitual, se desenvolven en Santiago de Compostela, así como de todos os actos que se celebren para reivindicar a soberania nacional, a xustiza social e a solidariedade.
POR UNHA GALIZA CEIBE E SEN EXPLOTACION !!

ManoelGalego #23 18/Xullo/2008 ManoelGalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É muito mau mesmo péssimo para a causa galega a esquerda e a direita estarem divididas no nacionalismo na Galiza. Normalmente é a direita que defende a Pátria como acontece na Catalunha por exemplo. Na Galiza infelizmente tivemos Franco, Fraga e Rajoy. Veja este filme http://br.youtube.com/watch?v=...
Com este tipo de galegos nunca renascerá a Pátria Galega.
Homens destes não são sequer de direita, são simples oportunistas que vendem a Pátria pelo poder.

galego83 #24 25/Xullo/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva Galicia e viva o pobo galego!! pobo pacífico traballador e amigable.

eso si.....sempre dentro de España

Saúdos! 25 Xullo - Día de Galicia

jujolor #25 25/Xullo/2008 jujolor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

saudos pra todos no dia da nosa patria galega.
un territorio, un idioma un pobo nosa patria galega.



sempre na galiza

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: