Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O próximo 25 de agosto

Logo de anos de leas o PXOM de Vigo entrará en vigor en vinte días

O rexedor, Abel Caballero (PSOE), e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez (BNG), prognostican que será un impulso clave para a economía da cidade.

Redacción - 19:30 06/08/2008


Esta cuarta feira coñecíase a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo. Deste xeito, estará en vigor desde o próximo 25 de agosto.

O alcalde, Abel Caballero, destacaba esta cuarta feira que se trata dun documento "blindado contra oportunistas xurídicos", advertindo de que, á diferencia do que considera que aconteceu no pasado, non haberá fendas para a impugnación de aspectos concretos en favor de "beneficios particulares". Na opinión do rexedor, a nova planificación será garantía dunha cidade "igualitaria", con aumento da calidade de vida e a garantía de até o 43% de vivenda protexida e "libre de especulación". Por outro lado, Caballero salientou que o plan chega nun momento clave, no medio dun escenario de crise económica, no que entende que o proxecto servirá de marco para o relanzamento da construción privada e pública, e a reactivación da economía e o emprego.

Da mesma opinión foi o tenente de alcalde do Concello, Santiago Domínguez, quen expresou a súa satisfacción pola próxima entrada en vigor do PXOM e recordou que a tramitación foi iniciada polo ex alcalde nacionalista Lois Pérez Castrillo. O edil nacionalista subliñou que o PXOM será un instrumento decisivo para impulsar a economía da cidade e a súa planificación futura. Por outro lado, insistiu na "coherencia" do grupo municipal do BNG ao respecto do documento urbanístico durante o seu debate e elaboración.

Queixas de promotores, veciños e do PP local

O presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios, Xavier Garrido, considerou, en declaracións a Europa Press, "positiva" a publicación definitiva e entrada en vigor do PXOM, aínda que matizou que "é obvio" que non é o que os promotores desexaban. Advertiu de que o escenario económico de crise non favorecerá grandes desenvolvementos urbanísticos e pediu ao respecto a cooperación de Xunta e entidades financeiras para permitir o despregue de proxectos.

Por outra parte, desde a Federación de Asociacións Veciñais, o seu voceiro de Urbanismo, Antón Sánchez, lamentou que o alcalde ofreza agora a súa "man tendida" ao movemento veciñal e non o fixese antes, e apuntou que "se quere colaboración debe recibir primeiro aos representantes da Federación, xa que aínda non o fixo dende que é alcalde".

Mentres, desde o grupo local do PP, o edil Xosé Manuel Figueroa, teimou nas críticas realizadas ás modificacións introducidas no documento que, na súa opinión, o fan "inviábel técnica e socialmente", xa que, asegurou, "castiga aos barrios e parroquias do rural".


0/5 (0 votos)


Comentarios (5)

Murxido #1 7/Agosto/2008 Murxido
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menuda carallada, con este "plan" ideado polo S. Castrillo (BNG) e co apoio do PP e agora reeditado polo PSOE, pretenden cargarse o rural de Vigo en beneficio dese Empresariado Galego.
!Viva a especulación! !Viva o PXOM!
!Viva o mal! !viva o Capital!
Noraboa os premiados (que son os de sempre)

lugris #2 7/Agosto/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Plan urbán fixoo o BNG, si señor, gracias a eso imos ter un urbanismo controlado. Cal é o rural vigués, onde chegan os vitrasas, a recollida de lixo, a limpeza? ese éo rural, por favor. Agora resulta que a limpeza urbanistica en Vigo é das mellores de Galiza. Que fixo o Psoe, retrasar, retrasar para aparecer de artífice de do pxom que boicoteou. Ao fifnal acidade de Vigo vaise facendo pouco a pouco, peonalizacións feitas polo Bng, tarxetas vitrasa, pagos a Casa Mar, festas., etc, etc.Vigo darase conta nalgún momento do bo alcalde que tivo cos nacionalistas.

Tarelo #3 7/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De pequeno teño lido a historia dun rei que convertía en ouro todo o que tocaba. Abel Caballero é a antitese daquel rei, todo o que toca é unha merda.

lura #4 8/Agosto/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Debe existir algunha clase de complexo por parte de algúns membros do BNG, que, para evitar que os chamen folckóricos, proxectan 122.000 novas vivendas nunha cidade como Vigo ou máis de 15.000 nunha vila como Moaña, tentando encher todo de cemento e arrepiando de que se poda sequera cheirar unha bosta..

Gaviotero #5 8/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hala, ya puede prevaricar todo cuanto quiera el caballerete que perdió las elecciones municipales en Vigo pero al que los todavía más perdedores del Bloque auparon al poder para corromper conjuntamente...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete