Cinco mil 553 millóns de barrís de petróleo incorporáronse ás reservas probadas de Venezuela, así o volume chega a 134 mil 866 millóns de barrís, cifra que por agora coloca a Venezuela no 3º lugar no mundo en número de reservas de petróleo.
Estímase rematar o Proyecto Socialista Orinoco Magna Reserva en 2009 coa incorporación de 179 mil 751 millóns de barrís de reservas probadas de petróleo adicionais, polo que Venezuela ratificará que dispón da maior reserva de petróleo no mundo con 314 mil 617 millóns de barrís certificados.
Segundo o informe da Dirección General de Exploración y Producción de Hidrocarburos, as novas reservas probadas proveñen da área Junín, Bloque Junín 3, Campos Iguana Zuata 1 e Zuata Norte da Faixa Petrolífera do Orinoco.
Para o ano 1998, as reservas probadas de Venezuela eran de 76 mil 108 millóns de barrís. Grazas á posta en marcha do Proyecto Socialista Orinoco Magna Reserva, a partires de novembro de 2006, a cifra de reservas cuantificadas e certificadas ascendeu significativamente.
O Proyecto Socialista Orinoco Magna Reserva comprende a cuantificación do petróleo orixinal en sitio, proceso no que participa a estatal Petróleos de Venezuela (PDVSA) xunto a empresas de varios países. Posteriormente, os resultados sométense a certificación por parte de compañías internacionais independentes, o que garante a debida transparencia deste proceso a nivel mundial. Unha vez que a cifra foi certificada sométese ao Ministerio do Poder Popular para a Enerxía e Petróleo para a súa avaliación e posterior oficialización e asentamento nos Libros de Reservas Probadas de Hidrocarburos.
O total de reservas probadas de petróleo incorporadas desde o 2006 ata a data é de 55 mil 549 millóns de barrís, cifra que equivale a 23,6 % do total de reservas correspondentes ao Proxecto Socialista Orinoco Magna Reserva.
A nova incorporación, adicionada aos 29 mil 935 millóns de barrís netos cuantificados só durante o 2008 ata o pasado maio, totaliza a cantidade de 35 mil 488 millóns de barrís, o cal representa un crecemento de 35% con respecto ás reservas probadas remanentes ao peche do ano 2007.
Estímase rematar o Proyecto Socialista Orinoco Magna Reserva o próximo ano coa incorporación de 179 mil 751 millóns de barrís de reservas probadas de petróleo adicionais, polo que Venezuela ratificará que dispón da maior reserva de petróleo no mundo con 314 mil 617 millóns de barrís certificados.