O vizoso pasado romano da cidade ofrece un novo achado, desta volta durante a rehabilitación do número 27 da rúa Miño.
A Consellaría de Vivenda e Solo informou este luns do descubrimento dunha cloaca romana "en moi bo estado de conservación" no subsolo dun edificio do barrio da Tinería de Lugo. Trátase de restos dun sistema de canalización de augas pertencente á ocupación romana do predio durante a época do baixo imperio (séculos III-IV).
O achado produciuse cando a consellaría realizaba as tarefas oportunas para a rehabilitación do inmoble sito no número 27 da rúa Miño, no barrio lucense da Tinería.
A escavación arqueolóxica levada a cabo no soar tamén puxo ao descuberto a existencia dunha calzada romana vinculada á cloaca. O informe arqueolóxico recolle que a cloaca foi empregada de novo nos séculos XVIII-XIX, algo que “é moi común en Lugo, como se ten visto noutras intervencións na cidade”, salienta o informe técnico.
O semisoto, aberto ao público
Tendo en conta a importancia dos restos arqueolóxicos descubertos e que atravesan o subsolo do inmoble, Vivenda está a modificar o proxecto previsto para a rehabilitación do edificio, renunciando a unha parte da edificabilidade.
A proposta consiste en liberar a planta semisoto do inmoble do uso residencial previsto. A intención é compatibilizar os usos residenciais, comerciais, e agora tamén culturais, no Barrio da Tinería a través da súa rehabilitación, para contribuír á recuperación económica e social desta zona da cidade de Lugo. Mentres no semisoto a cloaca será conservada e aberta ao público, haberá locais comerciais nos baixos do edificio e vivendas de aluguer no primeiro e segundo andar.
É meritoria a aposta das Consellarías de Cultura e Vivenda por poñer en valor a nosa historia nesta cidade.. Pero algún día haberá que falar de todo o que se fixo en Lugo nos anos 80 e 90, cando se estragaron todos os xacementos dos aparcamentos subterráneos de dentro das murallas, do piso da rúa Armañá, do acueduto romano da Milagrosa, da necrópole medieval (posiblemente sueva) de Recatelo, da Calzada Romana que ía ata as termas dende a rúa santiago, das miles de pezas que se acinan aínda no cárcere onde está a policía local, do Convento das Salesas, do Seminario Menor, do Grande Teatro.. e por suposto, hoxendía, das Torres do Seminario, das Costas do Parque, do edificio da Rúa Baixa (Ría Chantada).. en fin, do pasado de Lugo moito se aniquilou coas pás do PP, e o presente a(sa)sina con cemento a pegada de orozco.. cando a veciñanza da cidade se decatará do que leva perdido? cando verán que teñen un mal alcalde? cando a historia poñerá no seu sitio a todos -sen excepción- alcaldes que tivo esta cidade na democracia, por todo o mal que levan feito?
Parabens a Cultura e Vivenda, pero habería que falar dunha memoria histórica da cultura urbanística, e educar dende os máis pequenos/as o valor dunha vila agradable aos sentidos.
Serán porcos estes romanos?
Devolvede ao César a merda que é do César e aos lucenses o que é de Lugo.
Si, Carrizo. Lugo puido ser un museo a ceo aberto. Que gran engado turístico. Que triste miopía a das súas forzas vivas!