Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SANIDADE DESCARTA ESIXILO

Os médicos que exerzan no país non terán que saber galego

O BNG pedira que os facultativos que atendan pacientes no país tivesen a obriga de coñecer a lingua para mellor comunicarse con eles.

Redacción - 11:20 20/08/2008

Non mudarán os baremos. O coñecemento da lingua galega seguirá sendo un mérito para os médicos que queiran ser contratados polo Sergas, pero os profesionais non estarán obrigados a entender e falar o galego. O reverso desta decisión é que os cidadáns seguirán sen ver garantido o seu dereito a ser atendidos polo seu médico na lingua propia de Galiza. María Xosé Rubio, conselleira de Sanidade, concedeu así é todo que os médicos que coñecen o galego son máis eficaces, pois están máis preparados "para achegarse ao cidadán".

Os deputados do BNG Bieito Lobeira e Cristina Ferreiro solicitaron hai uns días incluír nas futuras convocatorias de acceso ás prazas do Sergas unha proba lingüística que todos os aspirantes deberían aprobar. Garantiríase así o exercicio efectivo dos dereitos lingüísticos dos galegos e aseguraríase a comunicación con aqueles pacientes monolingües ou que se desenvolven mellor en galego ca en castelán. Porén, a Consellaría de Sanidade négase a mudar o contido das probas, amparándose en que o actual sistema conta co beneplácito dos sindicatos.

Rubio asegurou en todo caso que a lingua non é unha barreira de comunicación cos cidadáns, posto que, engadiu, en Galicia hai moitos profesionais incorporados dende fóra da comunidade, os que "en pouco tempo se familiarizan" co galego.


1,92/5 (13 votos)


Comentarios (17)

lunet #1 20/Agosto/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois que me explique a conselleira que vai facer un médico cando non entenda os síntomas que lle describe un paciente porque este fala galego. Se o galego e o castelán son co-oficiais non se entende nin se pode explicar esta decisión.

Inxel #2 20/Agosto/2008 Inxel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A conselleira non deixa de elevar á práctica a tendencia xorda e profunda dos chamados socialistas (galegos?) A lingua galega para eles é un luxo de catro despistados. Renunciaron ao materialismo marxista na boca bífida de Filipe, mais nos seus actos van ao que eles chaman prgamatismo, quede quen quede no camiño. E aquí, é o galego e os galegofalantes os que fican tirados no camiño sen máis explicación. Os argumentos da conselleira son dun simplismo que linda coa parvice. Nefastas estas figuras de praxe pseudosocialista e de vivencia capitalista.

Clausewitz #3 20/Agosto/2008 Clausewitz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

“Quen queira ser libre, ten que querer tamén a liberdade dos outros”

Recordade esta noticia cando defendades que a Xunta e as leis de normalización lingüística buscan a defensa dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes.

Por suposto que non:

1. A lei de normalización lingüística non protexe os dereitos dos galegofalantes porque ese non é o seu obxectivo. Esa é a razón de fondo pola que as políticas de normalización lingüística, postas en práctica dende os anos oitenta, lonxe de potenciar o uso do galego foron reducindo cada vez máis o uso real do galego.
2. Lexitimar a discriminación sobre a base da lingua é incompatible con calquera respecto aos dereitos dos falantes. (STC 337/1994: “La Constitución permite al legislador regular de diferentes formas los sistemas de impartición de la enseñanza en una Comunidad Autónoma bilingüe, atendiendo a razones objetivas de apreciación de circunstancias de hecho esencialmente diferentes y basadas en la protección de intereses públicos, siempre que sean compatibles y respetuosas con los derechos fundamentales y libertades públicas”). Doutrina que na práctica tivo a consecuencia de facer posible que as administracións públicas puideran facer e desfacer ao seu antollo en materia lingüística.
3. Cando se opta polo doado camiño da imposición aos que están nunha situación de debilidade, óptase por un camiño que terá a consecuencia de agravar o proceso de perda de galegofalantes (¿É iso o que lle interesa a Mesa para seguir trincando subvencións?) É moi improbable que as mesmas causas non produzan os mesmos efectos.


O camiño da intercomprensión:

4. Unha Galicia, e o mesmo vale para Europa, de xente que fale varias linguas, só vai ser posible sobre a base da intercomprensión e non do monolingüismo (sexa en inglés, español ou galego). (Véxase: Ploquin, Françoise, « Esprit de famille», Le Monde Diplomatique, enero 2005, páx.23 ; Cassen, Bernard, «Un monde polyglotte pour échapper à la dictadure de l’anglais», Le Monde Diplomatique, enero 2005, páx.22-23).
5. A intercomprensión é o feito de comprender diversas linguas sen falalas: cada un fala e escribe na súa lingua, e comprende e le as dos outros. A intercomprensión baséase na capacidade dos falantes de encontrarse falando cada un a súa lingua propia e entendendo a do outro, a pesar de non falala fluidamente (ibid.)
6. Para un falante dunha lingua que procede do latín as outras linguas que tamén proceden do latín son relativamente doadas de comprender. Esta noción de familia de linguas, comprendérona ben os escandinavos: un danés, un noruegués e un sueco compréndense, mentres falan cada un a súa lingua. O costume de apoiarse sobre as similitudes (e utilizalas preferentemente cando se fala) e os estudio das diferenzas (e coñecelas para non perturbar a comprensión) permiten aos escandinavos comunicarse doadamente entre eles. Así, dende hai máis de un século en cada un destes países, ensínanse na escola as bases da gramática das linguas dos outros (ibid.).
7. Esta aprendizaxe pon en marcha unha dinámica de multipolaridade e de democracia lingüística fronte ao poder esaxerado da lingua única (ibid.).


“Quen queira ser libre, ten que querer tamén a liberdade dos outros”

LOIS_DE_SILAN #4 20/Agosto/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vos existe o dereito a ser ignorante! Un danés, un sueco, un francés, un inglés .... ningún médico da Unión Europea que descoñeza o castelán pode pretender traballar no territorio español onde o castelán é lingua propia sen saber a lingua propia dos destinatarios dos seus servizos da medicina.

Ningún médico europeo da UE que descoñeza o galego ten dereito a traballar no territorio español onde o galego é lingua propia sen saber a lingua propia dos seus enfermos.

Os ignorantes maliciosos non vos teñen dereito ningún a seren ignorantes nin da lingua dos seus enfermos nin das técnicas da medicina.

E, o respecto da lingua e cultura dos enfermos é principio que preside sempre unha eficiente aplicación das técnicas da medicina.

Daquela, esixir o respecto dos dereitos lingüísticos dos doentes na Galiza évos algo que os xestores do sistema da saúde non poden obviar.

Gaviotero #5 20/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Todos los españoles y, por lo tanto, también los gallegos, incluidos los aldeanos del Bloque, tienen el deber de conocer el español.

Así que polémica resuelta. Conque sepan español es suficiente.

Total, para entenderse con cuatro tipos que hablan castrapo...

ecoe #6 20/Agosto/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Uló Leises de "normalización" lingüística?

Toma "normalización"!

E menos mal que se trata da "nova" Junta!

fillotolo #7 20/Agosto/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu son Aldeano do BNG e Enxeñeiro, ademáis gosto de viaxar e de coñecer outras culturas. Ti paleto Gaviotero, que escondes a túa inorancia baixo unha bandeira herdada do franquismo que carallo es? Un paleto que usa o termo aldeano como insulto, cando aldeano é a persoa que reside nunha aldea e asegúroche que non teñen porque ser parvos nin faltos de cultura. Ti pola contra si que amosas que a cultura é para ti como a auga o aceite.
Serás burro... E o peor e que coma ti hainos a centos. Fai tempo que para votar debían esixir unha mínima capacidade intelectual, arregla unha paguiña que de verdade que tes todos os indicios para ser considerado subnormal

Biosbardos #8 20/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si señor, pero q pensades que somos tan cazurros coma os do ERC ou os de PNV? menudos collóns que lle botades isto é como cando lle pedían aos reténs saber galego. ¿Oes ti es lume ou fuego?

Fillotolo, bandeira herdada de Carlos III que aínda que rei foi un gran reformador do pais. Tamén sonche de números pero é bo saber doutros eidos do saber.

Gaviotero pasácheste

fillotolo #9 20/Agosto/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Grazas Biosbardos pola información. Xa sabía que databa de antes ca do franquismo pois xa a usaban antes da 1ª República, pero non sabía exactamente de cando.
Este Gaviotero faime ferver a sangue... e pérdome coas súas imbecilidades

toivonen1978 #10 21/Agosto/2008 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu tiña pensado ir mañán ó médico porque me doen os cadrís pero calquera se arrisca, igual me quitan o apéndice.

COUTOVEN #11 22/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eficiencia na relación medico paciente.

O primeiro que ocorre na maioría dos actos médicos é a comunicación directa co paciente e desta non ser posible cun familiar, paramédico, etc.

O interrogatorio é unha parte fundamental e ineludible do acto médico. E enténdase. é un compoñente básico da historia clínica e o seu valor no diagnostico e en tratamento pode chegar a ser máis importante que estudos radiológicos ou analíticas. “O médico non trata exames senón pacientes”. É obrigación ineludible do profesional sanitario coñecer os idiomas, modismos, xiros lingüísticos da comunidade onde pretende exercer a súa profesión de forma permanente e voluntaria.

Este é un tópico que escapa da diatriba idiomática e de calquera afán nacionalista. Un verdadeiro profesional con vocación de servizo. Sabe que é necesario o mellor manexo posible do idioma galego e o castelán para desenvolverse de forma eficiente nesta comunidade.
De tal maneira que máis que unha obrigación legalmente establecida. O uso da lingua galega por parte do persoal asistencial forma parte do armamento diagnostico e terapéutico xa que garante unha anamnesis máis efectiva e fomenta unha mellor relación medico paciente. É máis, e sen deixar de ser utópico. Un bo sanitario tería que coñecer todos os idiomas do mundo xa que a nosa obrigación é atender e ENTENDER ao paciente.

É eticamente inaceptable que o persoal sanitario esíxalle a un paciente a utilización dun idioma específico cando na comunidade existe máis dunha lingua oficial.

Biosbardos #12 22/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

coutoven eres médico? non cho sabía.

Ao que ía, niso tes razón. O seu sería que puidese relacionarse no mesmo idioma que o paciente. Máis aínda sendo ¿éticamente? inaceptabel se o paciente coñece o outro idioma non sei porque non podrá colaborar un pouco dado o caos que se forman na seguridade, por suposto sempre e cando non haxa ninguén que poida atendelo en galego.

Biosbardos #13 22/Agosto/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

por suposto sempre e cando non haxa ninguén que poida atendelo en galego. Situación moi complicada ao meu entender, dada que os médicos galegos estudan na cidade galeguista por autonomasia.

Hermerico #14 22/Agosto/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lembo um dia em urgência do clínico de Compostela, umha médica dessas "gallegas por direito de sangue e raça", que com o seu espanhol de além o mar berrava a umha anciá dizendo que nom comprendia, a mulher que a acompanhava aplacava a ira desta arpia traduzindo para a língua imperial os seus queixumes exprimidos em "dialecto". Extrangeira na sua própria terra.
Nom deixo de lamentar nom ter intervido ainda que me sacassem de alí os matons de uniforme

Pedamua #15 22/Agosto/2008 Pedamua
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois que lles van a pedir que falen inglés?. Como se pode autorizar unha oposición a calquera poosto de traballo, pagado cos cartos de tódolos galegos que non esixa dominar o galego? Que pensan vender nas eleccións que falemos castelán para agachar o auto-odio?. Non se sinten importantes por ter que falar galego? Vaia refugallo de politicos que temos.

COUTOVEN #16 22/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Insisto en desligar o tópico do marco político e o xusto afán nacionalista o cal comparto á miña maneira.

O que se lles aseguro, é que se algún profesional da saúde (non só os médicos) pretende exercer nunha comunidade onde exista pluralidade idiomática ten que tentar dominar todas as formas lingüísticas e modismos que se manexan na misma.

A confianza é a base fundamental da relación medico doente. E a mellor forma de cultivala é responderlle no mesmo idioma co cal o mesmo solicito os teus servizos. Isto crea un mellor ambiente terapéutico.

Paréceme moi significativo o exemplo de HERMÉTICO cando describe os padecimientos dunha doente anciá pouco coñecedora do castelán nun centro asistencial cando a medico tratante tivo que recorrer a un terceiro para poder interpretar o que esta lle quería dicir. Isto ten dúas interpretacións. Se a doutora realmente descoñecía o idioma. Ten dúas tarefas. Atender co maior agarimo e respecto á paciente demostrándolle coas súas accións, que quere axudala e trata de entendela sinceramente. Posteriormente ten que facer o que calquera profesional da saúde fixo desde épocas inmemorables. Aprender dos seus doentes. Neste caso o seu idioma. Xa que está situación repetirase en moitas oportunidades durante o seu exercicio medico. E non sempre terá a lado alguén que poida auxiliala respecto diso. Na medicina é o trato co doente o que realmente fai ao persoal sanitario desde a secretaria de admisión até o director do hospital.

Na miña opinión é inaceptable que o paciente teña que adaptarse ao persoal sanitario. Moito menos nunha comunidade onde é lóxico esperar o uso dun idioma como o Galego.

Eu non sei a vía a seguir para lograr isto. Creo que a legal é unha. Pero honestamente. Cústame entender que alguén que pretenda exercer un labor de servizo á comunidade poña por encima a vaidade e os prexuízos por encima das necesidades da comunidade que xustifica a súa existencia profesional.

Considero inaceptable que un profesional sanitario con polo menos 2 anos de exercicio na nación galega sexa incapaz de comunicarse neste idioma.

Falar galego forma parte do arsenal terapéutico na nosa nación. Fóra das institucións asistenciais e da relación médico doente. Cada quen é libre de pensar o que queira.

Gaviotero #17 22/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

fillotolo, deberías saber que la bandera española no es "heredada del franquismo", pues existe desde la época de Carlos III.

Quizá tu analfabetismo te impida saber quién era Carlos III, pero si quieres saber algo más del personaje, busca en la Wikipedia.

Tú eres un aldeano en el sentido más despectivo de la palabra, recogido por otro lado en la tercera acepción del diccionario de la Real Academia Española, que seguramente tú no habrás abierto en tu puñetera vida.

Inculto, rústico.

Si bien podría añadir también, fillotolo, como sinónimo de los anteriores términos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete