Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORME DO PEW RESEARCH CENTER

Os estadounidenses xa se informan máis nos xornais dixitais ca nos impresos

A rede é o medio informativo habitual para o 37% dos habitantes, superando en tres puntos aos que len prensa de papel regularmente.

Marcos S. Pérez - 10:45 24/08/2008

Estamos vivindo a fin da era do papel? Nos Estados Unidos parece que iso xa é un feito. Dende hai tres décadas a audiencia dos xornais escritos decrece continuamente, ao tempo que medra a dos medios dixitais. Un informe publicado polo Pew Research Center, un dos centros de investigación máis respectados do país, apunta que xa son máis os norteamericanos que se informan de xeito habitual a través da rede que os que o fan nos medios escritos.

O 37% dos cidadáns consultan medios xornalísticos dixitais con frecuencia, aumentando dende o 31% que o facían no 2006 ou o 25% do 2002. Naquel 2002 a prensa escrita aínda mantiña un 41% da audiencia, unhas cifras que mantiñan estábeis no 2006, pero que nos últimos dous anos caeron de forma brusca até o 34% actual. Os xornais dixitais superan igualmente á radio (35% da audiencia) e só son menos seguidos que as televisións por cabo (39%) e as emisións televisivas locais (52%).

Estas tendencias víñanse advertindo de xeito moi claro nos últimos anos, especialmente entre os menores de 40 anos, nos que os medios dixitais hai tempo que superaran aos escritos. Porén, agora o predominio de internet é xeral en todos os grupos de idade. O que tamén recolle este estudo é un preocupante aumento das persoas que non se informan por ningún medio de comunicación, pasando do 154 ao 19 por cento na última década. Esta desafección é máis acentuada entre os menores de 25 anos, entre os que chega ao 34%, e os menores de 35 anos, nos que supera o vinte por cento.

Nos Estados Unidos a aposta das cabeceiras tradicionais pola mellora das súas edicións dixitais é unha constante nos últimos anos, e de feito as súas webs convertéronse en espazos publicitarios privilexiados, crecendo exponencialmente, ano a ano, os seus ingresos económicos. Tamén no Estado Español, aínda que máis de vagar, a rede vaise convertendo nun espazo informativo privilexiado, sobre todo entre os lectores máis novos: no EGM de primavera, publicado en abril, por primeira vez hai máis "usuarios diarios da rede" que "lectores diarios de prensa escrita" entre os menores de 25 anos. E entre os cidadáns entre 25 e 35 anos, ambas cifras de consumo comezan a estar moi próximas.

As cabeceiras de prensa tradicionais comezan a decatarse de que non fabrican papel, senón información e que non importa tanto o soporte no que se insira. Xa o advertía Manuel Castells en 'A Galaxia Internet', "se non vos ocupades da rede, a rede ocuparase de vós".


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

Clausewitz #1 24/Agosto/2008 Clausewitz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

1. En una entrevista con Monde.fr, (11-07-08) Rick Shenkman profesor de la Universidad George Mason y autor de Just How Stupid Are We? Facing the Truth About the American Voter (publicado en el mes de junio de 2008 en Basic Books), se alarma de la apatía política de los americanos. Según él, la población no se informa y es una presa fácil para los políticos que explotan su ignorancia.
"Usted afirma que "los americanos son estúpidos". ¿Qué quiere decir?
Rick Shenkman: Sólo dos americanos de cada cinco son capaces de nombrar los tres poderes del Estado. Cinco años después del inicio de la invasión de Iraq y quince años después de la guerra del Golfo, seis de cada siete son incapaces de localizar Iraq en una mapa. En fin, en los días anteriores a la guerra de Iraq, el 60% de la población creía que Sadam Hussein estaba detrás del 11 de septiempre, aunque no existía ninguna prueba.
Utilizo el término "estúpido" para escandalizar. Simplemente quiero decir que los americanos no tienen ningún conocimiento político y no están al corriente de lo que pasa en el mundo. Son presas fáciles para los políticos que los adulan.
Sin embargo, los diplomados son más numerosos hoy que en el pasado y los medias están omnipresentes. Los americanos deberían estar mejor informados que nunca...
Esto es, en efecto, una paradoja. En 1940, más de la mitad de americanos no había estudiado más allá del colegio; ahora, la mayoría obtiene un diploma universitario. Pero las personas son cada vez más incultas. En los años cincuenta, el 10% de la población no conocía la diferencia entre el Partido demócrata y el Partido republicano, y en los años ochenta, esta cifra ha pasado al 30%.
Pienso que la televisión ha desempeñado un papel particularmente nefasto en la alienación del espíritu político de la gente. Después de que la televisión se haya convertido en el nuevo medio de información de las masas en los años sesenta, su grado de información ha bajado. El contenido televisivo es superficial, manipulador, sensacionalista y poco propicio al ejercicio de la ciudadanía

2. Si queda alguien los bastante ingenuo para creer que la calidad de las emisiones se tiene en cuenta al diseñar la programación, corre el riesgo de desengañarse al realizar su primera investigación. Sólo cuenta la audiencia, porque sólo ésta influye sobre los negocios serios: el precio de los espacios publicitarios. Regla que un director de programas de TF1, por otra parte profesor en Dauphine y en la Sorbonne, ha enunciado para el uso de los aprendices de programador: “Es inútil aumentar los costos para producir un programa mejor que el que se emite si tenéis ya la mejor audiencia”.
Conocidas son también las declaraciones realizadas en una reunión íntima por Patrick Le Lay, presidente de TF1: “Nuestras emisiones tienen como vocación poner [el cerebro del telespectador] disponible: es decir, de divertirle, de sosegarlo y prepararlo entre dos mensajes. Lo que vendemos a Coca-Cola es el tiempo de cerebro humano disponible. Nada es más difícil de obtener que está disponibilidad”.

3. Chris Hedge, defiende que la decadencia de los periódicos tradicionales, por su parte, se debe al auge del estado corporativo, la pérdida del civismo y del sentido de la responsabilidad de informar al público, y la pobreza intelectual del mundo post-alfabetización (post-literate). Estas son las fuerzas que combinadas están contribuyendo a estrangular a los periódicos tradicionales.
(http://www.alternet.org/mediac...

COUTOVEN #2 24/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bo articulo. Moito mellor o comentario. Cando di:

Rick Shenkman: Só dous americanos de cada cinco son capaces de nomear os tres poderes do Estado.

Isto é patético non o cren?

Afortunadamente grazas ao proceso ROBOILUSIONARIO emprendido polo noso COMEDIANTE EN XEFE en Venezuela nós non padecemos desa ignorancia gringa.

Primeiro, en Venezuela non hai 3 poderes senón cinco. Con todo e iso todo o mundo sabe quen manda.

Quen manda no poder executivo? O COMEDIANTE EN XEFE, HUGO R. CHAVEZ F.

Quen manda no poder lexislativo? O COMEDIANTE EN XEFE, HUGO R. CHAVEZ F.

Quen manda no poder xudicial? O COMEDIANTE EN XEFE, HUGO R. CHAVEZ F.

Quen manda no poder Moral? O COMEDIANTE EN XEFE, HUGO R. CHAVEZ F.

Quen manda no poder Electoral? O COMEDIANTE EN XEFE, HUGO R. CHAVEZ F.

Como verán a cousa esta fácil. Dunha ou outra forma aquí faise o que di o noso comediante en xefe. Se alguén non está de acordo. Teñan por seguro que algún dos espontáneos matóns a servizo do goberno darache razóns contundentes para que cambies de opinión. Se non, Algún xuíz compracente entre galos e medias noites ditáseche un auto de detención e a fiscalía fabricáseche un substancioso expediente.

Neste goberno Bolivariano repítense moito as frases de Simón Bolívar. Pero créanme, hai algunhas prohibidas. De forma moi especial a que di:

“HUID DEL PAÍS DONDE UNO SOLO EJERCE TODOS LOS PODERES: ES UN PAÍS DE ESCLAVOS."

Simon Bolivar.

Valería a pena preguntarse a Rick Shenkman e aos lectores. Que é preferible. Ser ignorante como os gringos ou escravos como os venezolanos.

Atlantico #3 24/Agosto/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boa nova, cando este costume se implante por aqui, os panfletos tipo La Voz terán os días contados, de feito mércala xa non vale para nada, porque hai moitismima mellor información na rede.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete