Máis de 50 mil litros de gasóleo vertéronse ao río Miño dende as instalacións do ente ferroviario estatal o pasado mes de abril.
O goberno español confirmou que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias español (Adif) "non recibiu notificación nin comunicación ningunha en relación cunha eventual incoación de expediente" por parte da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) logo do vertido de máis de 50 mil litros de gasóleo ao río Miño ao seu paso por Ourense.
Así o confirmou o Executivo nunha resposta escrita no Congreso aos deputados do Grupo Popular Celso Delgado e Xesús Vázquez Abad. Os populares demandaran coñecer se o ente público recibira algún expediente logo do suceso do pasado mes de abril.
E coma sempre a fiscalia, dependente do "governador civil,, do imperio, nos biosbardos. Teimando en como seguir reprimindo aos habitantes deste territorio cuase totalmente colonizado, no q ainda kedan alguns redutos de rebeldes q falan un idioma autóctone irreconhecíbel.
De seguro que si o ADIF fora eu, caeriame unha boa sanción.
A vara de medir non é igual para todos.
E cómo vai condenar unha parte da administración do €$tado a outra?
En cal ordeamento xurídico? No do 78?
E mesmo os do PP de Ourense se volveron ecoloxistas demandando sancións exemplares: q ben o fan na oposición, a ver se botan así moitos lustros... polo ben de todos.
Pois que sejam os vizinhos, mas essa situação não deveria deixar-se passar sem punição.
Pero o río non é da Confederación Hidrográfica, é noso. Que máis da! magoa non coincidise o vertido cas festas patronais e prantarlle lume a modo de espectaculo pirotécnico, o anunciasen nos medios e logo o retrasmitisen polas teles, como os fogos do Día do Apostolo. A la! Festaaaaa! (Diría Pocholo)