O xurado concedeulle o premio ao autor vimiancés por unha serie de artigos sobre a emigración.
Museo Reimóndez Portela (A Estrada)
Manuel Suárez Suárez foi proclamado gañador do premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo, que concede a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. O xurado decidiu outorgarlle o premio por unha serie de cinco artigos sobre a emigración.
Suárez Suárez, colaborador de Vieiros, recibirá o galardón o vindeiro 12 de setembro. O autor naceu en Vimianzo en 1953 e emigrou ao Uruguai aos cinco anos, onde se licenciou en Dereito e dirixiu a revista Guieiro.
Parabéns Manolo. Dende Vimianso, na Terra de Soneira, con moito orgullo de xente coma ti, que axudan a mostrar unha sociedade intelixente e comprometida
Pois si unha alegría. Parabéns para Suárez Suárez porque os artigos sobre EMIGRACIÓN "non venden" aínda que sexa un tema sen o cal non se entende a realidade galega. Estou agardando a vindeira colaboración porque sei que alumeará nun campo no que hai moitos interesados en escurecer.
s meus parabéns para Manuel Suárez Suárez (Tines, Vimianzo 1953)por este merecidísimo premio, pois el é un dos que máis sabe da emigración galega neste país, e sei de boa tinta que ten aconsellado a xente que anda na política desinteresadamente de moitas necesidades dos emigrantes sen que ninguén lle fixese caso. O premiado ten uns libriños sobre a emigración galega en Uruguai con relatos sinxelos e moi entrañables, nos que conta incluso a súa propia historia (el foi o "neno do lobo", no que se inspirou Maanuel Rivas para a chinsa de "Un saxo na néboa"). Un dos libros é Lonxe de Montevideo Tamén ten outro sobre as influencias galegas no tango riopratense, ata agora non recoñecidas, pois para os espcialistas do lunfardo todas as palabras que cheiren a galego din que son portuguesismos ou mesmo italianismos (a eterna historia da nosa minusvaloración). En librarías de Compostela e da Costa da Morte hai obras súas.
LIXEIRO
Aínda sen coñecer aos outros candidatos a este premio. Só basta ler o último achegue sobre a emigración de Manuel Suárez en Vieiros. Para darnos conta que brinda unha análise totalmente racional do fenómeno migratorio galego. Desmitifica moitas afirmacións, preconceptos e medias verdades sobre el porque emigro a nosa xente a países latinoamericanos.
Non asume condutas en defensa dunha parcialidade política ou un principio ideolóxico. El ve a emigración ao seu xeito. Haberá quen non comparta parcial ou totalmente o sinalado nos seus artigos. Cousa por certo difícil, xa que non é un improvisado no tema, senón un emigrante de feito e dereito e xunto a isto hai unha formación académica que lle permite depurar as súas análises.
Ojala esta elección haya sido difícil para o xurado. Xa que isto determinaría que existen outros intelectuais que xunto a Manuel Suárez analizan entre outros temas a realidade desa Galiza exterior. E non aproveitan esta fiestra para tarifar a súa pluma a intereses políticos esquecéndose dunha comunidade da cal formaron parte e de países que lle brindaron unha formación intelectual.
Por outra banda. Fai honra ao sinalado en “Que é Vieiros?” cando di:
“Os seus responsables, Luis Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán, Arturo Souto ou Elixio Rodríguez, tiñan unha forma de entender Galiza que nos gusta, dende a radio, o cinema, a arte... Unha Galiza moderna, aberta a Portugal, FEITA DENDE O EXILIO E A EMIGRACIÓN PARA UNHA COMUNIDADE ÚNICA DE GALEGOS NO MUNDO”
Sería bo que no apartado de GZ-EXT dedicado a Venezuela lesen este principio fundacional e seguise o exemplo de Manuel Suárez.
Grazas por falar dos esquecidos.