Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Internacionalización da nosa literatura

O libro galego ábrese camiño nas librarías brasileiras

Éxito da visita do país á bienal de São Paulo, onde o sector editorial galego sachou espazos no mercado literario do Brasil.

Redacción - 13:05 27/08/2008

Interese pola venda dos libros galegos e por mercar dereitos de edición de obras son dous dos logros que destacan desde a Asociación Galega de Editores (AGE) á volta da Bienal Internacional do Libro de São Paulo. Membros da AGE participaron en máis de 60 encontros editoriais e gremiais, colleitando contactos e proxectos de cara á visibilización da edición galega entre os profesionais do sector no Brasil.

A AGE espera que en breve o camiño aberto sirva para permitir contar con fondos da edición galega nas librarías de São Paulo, "materializar a venda de dereitos de diversas publicacións das editoras galegas participantes e a venda de libros traducidos ao portugués para a distribución directa nas librarías". A edición galega quere contar cun espazo permanente nos andeis das librarías brasileiras, a manter en colaboración co lectorado de Galego na Universidade de São Paulo e as sociedades e asociacións galegas.

Tamén agardan colaborar co proxecto de bibliotecas do estado de São Paulo a través do profesor universitario, físico e filósofo Shalon J. Ruiz Goldfarb, promotor e coordinador do “Proxecto São Paulo:un estado de lectores”. Creado en 2003, deseñouse para a "democratización do acceso á lectura", coa captación de fondos para a posta en funcionamento e dotación de bibliotecas de todo o estado.


4,67/5 (6 votos)


Comentarios (8)

bertus #1 27/Agosto/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Boa noticia. Visualizándose fóra é coma os steiners empezarán a saber de nós sen mediación de ningún Savater ou outro polo estilo.

Por certo, o outro día coñecín a unha moza que imparte clases de catalán na Universidade de Boston, disque, vinculado ao departamento de español, imperten ela máis unha compañeira catalán e euskera. Nada de galego.

stavroguin #2 27/Agosto/2008 stavroguin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver canto tarda o López Chaves de turno en pedir contas do inxustificable gasto que poda implicara promoción do noso libro.Porque con eses cartos mesmo se podía traer a José Tomás a tourear nun par de corridas

Gaias #3 27/Agosto/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu ainda lembro as criticas do PP a presenza de Galiza na feira do libro de Habana, unha das mais importantes do continente americano.
O que lles molestaba os PPeros non era que Galiza gastase cartos enviando a politicos e intelectuais,non, o que lles fodia era que ian a dar a coñecer a nosa cultura, a nosa literatura galega.
E ainda por riba a feira estaba adicada a Galiza.
Sacaron a luz os gastos desa viaxe, mais non os cartos que fixeron ali as editorias galegas coa venda de libros, e mesmo abrendose mercados noutros paises.
Agora vemos que o galego SI ten futuro, tanto que alguns mesmo viven da venda de libros escritos en galego.

Gaias #4 27/Agosto/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E triste pero os galegos temos que sair fora para poder aprenciar mellor o noso, teñen que vir os de fora a apreciar a nosa lingua e literatura para nos prestixiala e considerala util.
O mesmo coa paisaxe, gastronomia, historia, tradicions,etc.

Creador #5 27/Agosto/2008 Creador
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu como galego practicante dende cando falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben, coido que as políticas autonómicas entre outras cousas e o seu deber espallar a nosa fala aló nos paises de falas semellantes a nosa.

Dito isto, teño que engadir que unha comunidade como a galega que de agora en diante vai ter recortes no presuposto no pode permitirse facer o despilfarro que a Conselleira Bugallo está a facer en Cuba gastouse 1.300.000 euros, por si fora pouco acaba de mercar unha obra para o MGAC valorada en 400.000 euros.

Non me estrana que os cataláns estean doidos vendo como comunidades subvencionadas como e a nosa se fan demellantes cousas.

Somos unha das comunidades con menor renda percapita pro os políticos en xeral compórtanse como si foramos das mais ricas.

O que debería facer o Goberno de Touriño,e exisir que as empresas que producen riqueza en Galiza declaren os impostos eiquí, e non ir de choróns argumentando a dispersión, e o mesmo que ir a por a man, dame noxo como se está a facer unha política semellante a que facía Fraga.

Por unhos políticos con setido da responsabilidade e mais da digñidade.

Creador.

ferreirogz #6 28/Agosto/2008 ferreirogz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sem ánimo de maçar, é importante limpar de influências espanholas a língua de um portal informativo da importáncia de Vieiros (mesmo que se utilize a ortografia castelhanizante).

ferreirogz #7 28/Agosto/2008 ferreirogz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Desculpai, faltou a correcçom: "O libro galego abre camiño nas librarías brasileiras"

figologo #8 28/Agosto/2008 figologo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

neste caso valen as dúas

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete