Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O DIFÍCIL CAMIÑO DA NORMALIZACIÓN

A directiva do Club Financeiro elaborou o informe lingüístico de costas aos socios

Diferentes entidades integradas na asociación viguesa rexeitan as conclusións dun documento que sostén que o castelán "desapareceu" do ensino.

Redacción - 19:40 03/09/2008

É lícito que un club redacte e publique un documento político sen informar previamente os seus asociados? Á directiva do Clube Financeiro de Vigo non lle tremeu a voz á hora de presentar un informe titulado “Política lingüística. Unha visión empresarial”. O denominado “caderno para o debate” dá a particular visión do clube vigués sobre a normalización lingüística. Na análise afírmase que o castelán “desapareceu ou ocupa un lugar residual” no ensino primario e secundario para concluír que o decreto de galeguización provoca que haxa moitos altos exectivos con fillos en idade escolar se neguen a traballar en Galiza. Mais os primeiros datos demostran que o informe presentado publicamente non foi consultado cos socios (grandes empresas e institucións da área metropolitana de Vigo).

O mesmo martes a Universidade de Vigo advertía que non coñecía o contido do informe e referendaba o seu compromiso co idioma. Este mércores, houbo máis reaccións de representantes de institución públicas con presenza no Club Financeiro de Vigo que mostraron publicamente o seu “malestar” logo de coñecer un documento do que non tiñan ningunha constancia.

O tenente de alcalde do Concello de Vigo (institución asociada ao clube), Santiago Domínguez, desafiou aos responsábeis do Clube Financeiro retándoos a que “presenten un neno que teña problemas para falar e estudar en castelán”. Domínguez asegura que o documento é unha escusa para crear polémica e sinalou que varios empresarios chamárono “escandalizados” polas conclusións do informe.

Outro exemplo é o do alcalde do Porriño, o nacionalista Raúl Francés. O rexedor, visibelmente enfadado, anuncioulle a Vieiros que vai enviar unha carta formal de protesta á directiva do Club Financeiro de Vigo. Francés, que considera que o informe semella unha disparatada “opinión de taberna”, reitera que ninguén se puxo en contacto coa institución que preside e que forma parte da entidade empresarial. Por iso vai pedir explicacións.

Tamén se posicionou Xestur-Pontevedra, un organismo público, dependente da Consellaría de Vivenda, que tamén participa no club empresarial. Fontes oficiais de Xestur consideran que a análise “non responde á realidade”. Dende esta entidade lembraron que a lingua é sempre un “valor engadido”. Tamén negaron radicalmente que as políticas de normalización obstaculicen a chegada de executivos. Neste sentido, afirman que “en Galiza hai xente capacitada de sobra para ocupar estes cargos”. Como exemplo, sinalan que o proceso é xustamente o contrario, xa que son este tipo de traballadores os que teñen a miúdo que buscar o futuro fóra do país.


5/5 (22 votos)


Comentarios (46)

chegaliza #1 3/Setembro/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que pena danme os fachas

micsha #2 3/Setembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Y a mí cuánta los nazionalistas.

Gaias #3 3/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non lles da vergonza a estes do club financieiro meterse donde ninguen os chama e MENTIR tan descaradamente. Saben moi ben que no ensino non se cumpre o 50% de horas de clase en galego.
Saben que no hai tal bilinguismo no mundo empresarial galego, nin na xustiza, sanidade,etc. Donde impera a IMPOSICION do castelan, e a discriminacion dos galego falantes.
Esta campaña contra o galego, de empresarios, politicos, plataformas monolingues, medios da extrema dereita so ten unha cousa positiva que e que esta a facer que cada vez mais xente fale e defensa a lingua do pais (galego) fronte os ataques brutais e inxustificados que esta a sofrer.

OBSERVADOR #4 3/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os fachas, são fachas precisamente por naZionalistas, Miscsha. A quem queres enganar?

Voltando à notícia: mas agora que vai acontecer? Retirarão esse documento ou continuará a rolar por aí? Pedirão desculpas ou seguirão a dizer o que dizem?

Ou seja, alguém vai fazer algo perante estes mentirães ou tudo seguirá como se nada?

Como se nada, não. Eu já deixei de comprar Mondariz.

UnDeTantos #5 3/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sen máis,a esta penha o que lles mola é que lles den bola. Pasaralles coma os de GB,que foron famosetes unha semana ata que todo quisqui veu de que pe coxeaban. A estes quédanlles duas semanas.
Sen máis :)

xoca #6 3/Setembro/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mondariz para que se temos Fontvella

Garrano #7 3/Setembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora o que vai pasar é que todo isto foi para caldear o ambiente de cara a visita de Alejo Vidal Quadras. Quen dará unha conferencia sobre o título "España: una crisis múltiple".

Ainda que a cousa non queda aí, o que ten morbillo de todo isto é que no vindeiro mes de novembro, González Viñas, presidente de Estaleiros Barreras e partidario da galeguización da empresa vai receber a medalla de ouro da entidade.

Ten coña o tema!

xel #8 3/Setembro/2008 xel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei como funciona o Clube Financieiro, mais sei o que me toca a mín coma traballador. Xa contei noutro fio deste mesmo sitio web que dende a minha situación de emigrante en Londres percevo que as empresas advirten que tenhen que respetar a lingua catalana e que a tenhen que empregar para facer negocio en Catalunya. Cando pesquiso traballos en Londres, e creo o perfil nos websites de percurar traballo, no apartado de linguas faladas aparesce o catalán, nunca o galego inda ca eu marco portugués fluido. De chorar, non sómentes coma opción no perfil, senón que xa tenho mirado máis dunha oferta de traballo (e xa non sómentes para call centre) pedindo xente que fale catalán.

Tenho moi claro que éstes empresarios conseguen que eu coma traballador o tenha máis dificil dentro ou fora da Galiza mentras recurren ó populismo barato para tentar aparentar que están a defender os dereitos de alguén.

lunet #9 3/Setembro/2008 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na nova de Vieiros boto en falta a referencia ó malestar dalgunha entidade privada. Non sei se é que ningunha empresa queixouse do documento ou é que os xornalistas non o informan, dá a sensación de que os únicos que están en desacordo có manifesto son as entidades públicas (Universidade de Vigo, Concello de Porriño, Concello de Vigo e Xestur-Pontevedra), se isto é realmente así, que triste...

Chardella #10 3/Setembro/2008 Chardella
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que quererían é ilegalizar a lingua galega sendo consecuentes coa ilegalidade de ter a súa Sé nun edificio que no seu momento foi denunciado como ilegal.

GALICIEN #11 3/Setembro/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O castellano é tan importante ,que en México como non fales inglés non encontras traballo. Claro que na nosa terra os que falan castelán son oprimidos polo BNG. Os espanholeiros ten que aclararse, o ESPANHOL é un idioma superior ou non. Se realmente o é , non tenhan medo que o seu idioma non corre perigo. O que acontece é que o seu idioma non ten categoria Internacional como o INGLES ou o FRANCES no mundo diplómatico, deportivo (vésaxe XOGOS OLIMPICOS ) ou no mundo das finanzas.

Garrano #12 3/Setembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha das cousas que me chamou a atención de toda esta leria é que apreceu con bastante antelación a nova en medios da extrema dereita española coma PERIODISTA DIGITAL, antes de que outros medios, segundo teño entendido, recibiran a noticia do "ESTUDIO".
Ollade a data: 02.09.08 | 08:20

O de "asesinos gallegos" na creación do enderezo da noticia dá boa conta do tronada que anda esta peña.

http://blogs.periodistadigital...

antoniosilva959 #13 4/Setembro/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Colonização é isto. Não se respeita a língua materna e vernácula da Galiza e ainda se defende o idioma do colonizador.

Gaviotero #14 4/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Santi Domínguez que alguien le diga que existen no ya uno sino miles de casos de niños que no pueden estudiar en castellano. Que se vaya por ejemplo al Colegio Público de Beade, donde se enseña en gallego todo menos Lengua Española.ç

Pero qué realidad van a aceptar los mismos que se niegan a aceptar la existencia del Holocausto...

Frente al totalitarismo, ¡¡¡LIBERTAD, LIBERTAD, LIBERTAD!!!

galeguzo #15 4/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isso. Liberdade para viver e falar em galego.

Tino #16 4/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esa sisuda análise dese Clube, do q o seu presidente toma os viños co Touriño e falan casteghano fino, está chea de prexuízos nazi-onalistas españoleiros, q son incapaces de desfacerse deles desde a época da grandeza da coroa española, q foi asasinando e arramplando polo mundo, comerciando con escravos e traendo todo o valioso (ouro sobre todo) dos territorios q arrasaban.

Noutra orde, o español é un idioma eivado. Carece de nasalizacións e sons imprecindíbeis noutros idiomas como o inglés e o francés.
Así nos dá a risa cando se oen os castellano-falantes intentar falar inglés ou francés, pq están simplemente ridículos.

xermolo #17 4/Setembro/2008 xermolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu estudei en todo EGB e BUP en castellano agás literatura e lingua galega! e sigo vivo e fun a universidade e agora traballo, e fago todo en galego, co que quero decir que creo que non pasaría absolutamente nada porque fose o revés!!! creo que con isto respondo a 14, non creo que se trate de ningunha imposición.

carlinhos21287 #18 4/Setembro/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño 20 anos e fun a un colexio concertado ata o 16, non recibin asignatura ningunha en galego, tp a de lingua galega, a mestra empregaba excusas ridiculas para falar en castelan como " hoy me duele la gargante asi que os voy a hablar en castellano".....noxento...
Direi mais, a miña afillada ten 5 anos, foi a escola falando en galego e agora respondeme en castelan....pero en que pais de tolos vivimos?????

ten razon o javiotero... LIBERDADE LIBERDADE LIBERDADE

Sara_Mago #19 4/Setembro/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O ensino de linguas no pais mais rico do mundo em PIB per capita (depois do Vaticano):

http://www.agal-gz.org/modules...

henrique #20 4/Setembro/2008 henrique
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A xenofobia do españolismo está a acadar cotas perigosas. Penso que a belixerancia do nacionalismo español é moi preocupante e que ten que se dar unha reacción o máis ampla posíbel. Acusalos abertamente de racismo e de clasismo sen agachadas. Á xente non lle gosta que a súa cultura sexa desprestixiada nen que se menosprecie a súa lingua. Temos que deixalos en evidencia. O cínico argumento da liberdade(a súa,a que impuxeron a sangue)e doado de desmontar simplesmente con amosar a realidade pasada e presente, máis creo que xa rematou a hora do debate con esta gandalla. Non debemos perder un minuto razoando con eles, debemos dirixirnos á xente para contrarrestar e desprestixiar aa mensaxes envelenadas.

Hermerico #21 4/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza só em galego

galeguzo #22 4/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na minha escola, num município que ainda hoje tem mais de um 95% de galego-falantes a tempo completo, tive as minhas primeiras aulas em galego em 1º do EGB. No 2º curso novamente castelhano, e entre 3º e 5º só tive em galego a matéria de Galego (e nem sempre). Entre 6º e 8º unicamente tive em galego a de Galego e a de Ciências Sociais/História de 8º. Já no ESO (no mesmo concelho) tive algo mais de sorte, tendo em galego Sociais/História, Galego (língua e literatura) e Ciências da Saúde.

Em resumo, eu, monolíngue em galego e filho de monolíngues, num município com mais de 95% de galego-falantes, passei os primeiros 15 anos da minha vida a estudar ao redor de 80% das matérias em castelhano.

Sobra dizer que nunca ninguém nos deu a oportunidade de escolher e que sistematicamente se incumpriu a lei em matéria de normalização linguística no ensino.

galeguzo #23 4/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#22 Segundo o critério de Galicia Bilingüe, a minha geração mais eu (e sendo a minha a mais beneficiada, imaginem as anteriores) viu-se privada de ser formada na sua língua materna, o qual seica ocasiona graves prejuízos psicológicos, etc. Aonde temos de acudir para que nos indemnizem?

bezoucos #24 4/Setembro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ultimamente aparece xente moi rara reclamando LIBERDADE, ultimamente hai xente moi rara autoproclamandose liberal, ultimamente están os de sempre falando de España... Ahhh!!!! pero se uns e outros coinciden.
Resulta que defenden o español polo noso ben, resulta que laminar Galiza e incluí-la na nación española tamén é polo noso ben e resulta que todo isto fai-se sen discuti-lo nen dar un chanzo ao recoñecemento desta nosa identidade. Tamén resulta que ser español dá un plus en Galiza, que ser galego é un estigma en moitos sitios e que o que é mellor para os negocios é replegar-se e no fondo chuchar da teta...
POIS NON, NON E NON!!!!
Liberdade da nación e dos seus cidadáns ten que ir xunguida, en tanto que como comunidade espiritual tamén ten os seus dereitos mais nunca sirva como excusa para reducir os dereitos dos individuos, como fai no fondo o nacionalismo español.

BovedaGZ #25 4/Setembro/2008 BovedaGZ
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Recibín resposta de Aguas de Mondariz ao respecto deste tema. Non vos imaxinades o longo da contestación que recibín, onde incluso se me di "falta de conocimiento de lo que está ocurriendo en este mundo globalizado".

Teñen moi claro que respaldan o documento da CFV.

Pois nada mellor para eles que venden en todo o mundo, porque polo menos en GZ xa perderon a un cliente para sempre.

fuco-lois #26 4/Setembro/2008 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aguas Mondariz, que a beban eles. Boicot!!!

Galezio #27 4/Setembro/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que nos "jogamos" a que esta diretiva é do PP?A diretiva deste possível clube fascista, herdeiros possíveis daqueles que rematada a guerra diziam:
-No seas animal, habla bien...(Referindo-se ao galego.)
Mas queredes que vos diga uma cousa? Com a experiência que me dão os anos, isto ainda sendo uma asneira anti-galega é muito possitivo, assim cada quem sabe onde está... Lembro tempos idos, e em todas as ocasiões a Galiza sempre se moviliçou por agrávios graves ou injustiças inassumíveis...(Prestige, um exemplo.Nada voltou a ser igual)Isto vai "aguilhoar" ao povo galego que é manso,pacífico mas não gosta das "animaladas"...
Lembro que nos anos 80(ou quiçá finais dos 70)um "listilho" "espanholo" destes que agora dissem asneiras, naquela altura teve a ocurrência de afirmar que Castelao não passava de ser um simples humorista...A que se armara fora de "filme"...Até jornais tão "fachas" como o ABC perguntavam-se, que é o que se passa na Galiza?
E também se isto serve para "acordar" ao BNG do seu sonho "idílico" tampouco seria "moco de galinha choca"!!

croiosdetector #28 4/Setembro/2008 croiosdetector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

todo o que din é simplemente falso

O que eu vou facer a próxima semana sen falta é CANCELAR A MIÑA CONTA EN CAIXA GALICIA.

NON VOU COMPRAR NUNCA MAIS PESCANOVA

etc, etc...

ANIMO A TODO O MUNDO A FACER O MESMO E FACELO PÚBLICO

estes PALETOS que se financien a si mesmos

henrique #29 4/Setembro/2008 henrique
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pode ser positivo de termos a capacidade de chegar ao afectivo, ao emotivo; esta ruin campaña contra da identidade do noso povo ten artillería de abondo para continuar intoxicando e non vai esmorecer de xeito natural. Continuo a pensar que cómpre deslexitimalos, desprestixialos axiña; posibilitar que os milleiros de galegos que perciben a agresión, que no seu interior sintense feridos expresen o seu malestar.
Vemos como estes españolistas, monifates requintados,non dubidan en empregar todo tipo de lixo na campaña mediática. Son miserábeis máis non son parvos; cando largan a mensaxe de que o galego non é chave de éxito ou que o progreso está fóra da nosa cultura son coñecedores de seculos de colonialismo e dominación e da pegada nas mentes dunha boa parte da cidadanía.Son coñecedores de que a trapallada da falla de liberdade non lla cre ninguén e o recurso á violencia simbólica está no seu deseño. Debemos ter algún tipo de prexuízo ou elegancia contra esta agresión? Tamén nós debemos xogar co emocional, sen complexos; dígoo abertamente: hai que desprestixialos e se temos que ser tamén cabróns o somos.

LOIS_DE_SILAN #30 4/Setembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ó meu entender, e dentro da política cultural e mais do actual marco xurídico político de soberanía ESPAÑOLA sobre A Galiza, a política lingüística que os galegófilos debemos esixir para A Galiza vai cima da seguinte trepia:

1º pé.

Cumprimento rigoroso do ordenamento xurídico vixente e aplicábel (empezando polos xulgadores!): na Galiza na súa lingua ESPAÑOLA oficial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a territorial propia (desarraigamento ou por motivos igualmente especiais: docendi causa, iocandi causa, ... ).

Isto significa v. g. que o TC use o galego para comunicarse oficialmente cos suxeitos de dereito da Galiza (lingua de destino).

2º pé.

Bilingüismo necesario: lingua propia do territorio e mais unha outra acordada polas comunidades lingüísticas do planeta como interlingua, lingua ponte ou lingua antidiscriminatoria que permita a comunicación e integración de calquera membro de calquera comunidade lingüística con calquera outro e, daquela, en calquera outra do mundo.

A interlingua substituiría o castelán como lingua oficial en todo o territorio do Estado e sería cooficial coas linguas propias do territorio.

3º pé.

Harmonización gráfica ou escrita co galego normalizado de fóra da Galiza.

O primeiro pé da trepia esixe:

1 Un servizo de balde, supervisado pola RAG, de asesoramento sobre o uso correcto da lingua galega que considere igualmente correcto tanto os actuais criterios da RAG coma os doutras institucións análogas para o galego de fóra da Galiza.

2 Outro servizo, tamén de balde, de asesoramento iuslingüístico, representación e defensa xurisdicionais.

3 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

O segundo:

1 Accións na Galiza, no Estado e mais no eido internacional, nomeadamente coas outras comunidades lingüísticas.

2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

E, o terceiro pé da trepia:

1 Accións da RAG coas institucións análogas do galego de fóra.

2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.

elrr #31 4/Setembro/2008 elrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Así que os de Mondariz falan de "descoñecemento do que está a suceder no mundo globalizado"
Vaia, o que está a suceder é que Brasil é a terceira economía que máis medrou no mundo no últimos tres anos, achégandose á China e á India. Segundo os economistas "globalizados", Brasil será en pouco tempo outra das novas economías emerxentes.
Vai servir para algo o galego nesa situación?
Miopes!!!!

Atlantico #32 4/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se Augas de Mondariz ou Pescanova apoian ese documento son o primeiro en boicotealos e promover o boicot a eles. Agora ben, non me parece intelixente boicotear a Caixa Galicia, a Caixa é o poder financieiro galego, que serve para financiar iniciativas galegas, agora estará dirixida por españolistas, pero ó mellor mañan pode estar dirixidas por galeguistas (Caixas e poder politico) e perder unha institución financieira galega seria algo grave, ademáis de que sería sustituida por bancos foraneos españois.

croiosdetector #33 4/Setembro/2008 croiosdetector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estimado Atlántico, podemos falar de capitais españois ou galegos? O capital é capital, e o que mais lle doe é exactamente iso.

Se queres podes velo como que eu apoio un cambio de directiva en Caixa Galicia tirando o diñeiro que ali teño...

por suposto irei a outra caixa pero que non apoie este tipo de paletadas e mentiras.

Atlantico #34 4/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As caixas teñen a obriga de financiar proxectos nas súas comunidades, entón si que podemos falar de capitais galegos ou españois. Os beneficios das caixas galegas teñen que invertirse en Galiza.

A Caixas dependen do poder politico, despois de anos gobernando o PP e o PSOE, a Caixa está gobernada por eles, se o BNG gaña eleccións, o BNG controlara a Caixa. Entón sempre é mellor ser un pouco benevolentes con eles e non con empresas privadas como Mondariz ou con bancos españois.

Atlantico #35 4/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo creo que Caixa Nova non apoia o manifesto, ogallá Caixa Galicia aclare a súa postura.

charino #36 4/Setembro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cal é a opinión do PSOE, UXT, CC.OO., a Dirección
Xeral de Política Linguistica entre outras institucións?. E a RAG e o Consello dá Cultura Galega? Esa e tamén a opinión dos editores? Calan ¿outorgan?

galeguzo #37 4/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#36 PSOE e CCOO posicionaram-se na contra (ao menos polo que vejo nalguns dos jornais de hoje). UGT, por enquanto, guarda silêncio, igual que Marisol López, a RAG ou o Conselho da Cultura.

Gaias #38 4/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alguns vemos con preocupacion o silenzo da RAG cada vez que se ataca o galego dende plataformas antigalego, medios da extrema dereita ou o mundo empresarial.
Para que sirve a RAG se non se preocupa de fomentar, dignificar e defender a nosa lingua. Acaso pensan que se desaparece o galego van seguir no sillon mantidos a nosa conta?.

galeguzo #39 5/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#38 Segundo a entrevista a Barreiro no Novas da Galiza, a RAG não está para essas cousas.

http://agal-gz.org/modules...

«O que nom vamos fazer, enquanto eu for presidente, é estar a tirar manifestos; isso que o fagam outros colectivos, mas a Academia nom vai prostituir a sua funçom».

Tino #40 5/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A botella da q bebeu unha sra en Cea hai uns dias e tiña sosa era de Mondariz non si? Disq están investigando q pasou... Andan preocupados contra o galego e non poden controlar a sua fábrica!

De Pescanova eu xa hai meses q non compro nada, nin as suas marcas brancas. Desde q puxeron na picota a este governo democrático perderon un cliente para sempre, e Mondariz tamén.

OBSERVADOR #41 5/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que outras águas minerais galegas há?

SOUSAS e?

OBSERVADOR #42 5/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.agal-gz.org/modules...

teixugo #43 6/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ESSES MACARRILHAS TÊM SOTAQUE DEL "MUENTE". CREDIBILIDADE ZERO.

Indixenanoapartheid #44 7/Setembro/2008 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na páxina do Faro de Vigo hai unha enquisa sobre as actuacións de GB e van gañando eles. Ide votar todos.

OBSERVADOR #45 8/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

MONDARIZ já não responde no seu correio de INFORMAÇÃO.

OBSERVADOR #46 8/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.agal-gz.org/modules...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: