Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DE MpDC

Un xulgado coruñés extravía o expediente dunha demanda contra Paco Vázquez

O Movemento polos Dereitos Civís presentará unha queixa ante o Consello Xeral do Poder Xudicial, despois de dous anos de agardar pola citación.

Redacción - 18:35 10/09/2008

O colectivo Movemento polos Dereitos Civís presentara hai xa dous anos unha denuncia contra o entón alcalde da Coruña en relación ao cambio do topónimo oficial do concello polo de "La Coruña". A partir dese momento, o documento perdeuse no esquecemento, ou ao menos iso é o que lle pareceu a esta asociación que, despois de agardar pacientemente, decidiu presentar unha queixa pola demora do proceso perante o Valedor do Pobo.

A resposta deste último foi o máis sorprendente: ao parecer, o xulgado de instrución número 5 da Coruña perdeu o expediente completo da demanda. Dende o Movemento polos Dereitos Civís consideran que "non é aceptábel que a administración de xustiza perda un expediente e nin sequera informe aos afectados durante dous anos", así que optarán por reclamar perante o CXPX. Tampouco lles gustou a actitude do Valedor do Pobo, xa que lamentan que "nin tan sequera se molestase en realizar recomendacións ao xulgado", polo que cualifican todo o suceso como unha "grave deixadez de funcións".

Unha denuncia que ven de atrás

A denuncia presentada por este colectivo referíase á modificación do topónimo da cidade, xa que esta non é unha competencia asignada aos concellos, tal e como consta nas dúas sentenzas do Tribunal Supremo e do Xulgado do Contencioso – administrativo. En decembro de 2005 o xulgado ditou auto polo que se acordaba o sobresemento provisional e arquivo da causa. Non obstante, en xaneiro de 2006 emitiuse unha providencia pola que se comunica ao MDC que se ten por presentado o seu recurso en tempo e forma. Dende novembro dese ano, o colectivo non volveu ter noticias sobre a situación na que se atopaba o expediente.


Ligazóns

4,9/5 (20 votos)


Comentarios (12)

xoca #1 10/Setembro/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Serán os poderes divinos?

xoan_pirillan #2 10/Setembro/2008 xoan_pirillan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Creo recordar que no Concello de Sada (e se non me rectificades) fai uns días desapareceron uns documentos comprometidos sobre a Policía Local e que por enriba custodiados por estes.

Agora nun Xulgado coruñes desaparecen uns documentos compremetedores do todopoderoso Françes Vasquez........

Realmente que pasa neste País..............hai certos sectores que son intocables e se non o son, faise que sexan..........

Garrano #3 10/Setembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Efectivamente Xoán Pirillán, estas son as garantías que dá o estado de dereito español. O de Sada isto e outras cousas que foron e serán, ficarán impunes e nun par de dias nin ti nin eu lembraremos que tal cousa aconteceu.

Tino #4 11/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os tentáculos do Opus son moi longos...

Tino #5 11/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E q dicir do inValedor do... pobo? Valedor dos señoritingos!

Hermerico #6 11/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Impunidade da casta judiciária

Celso #7 11/Setembro/2008 Celso
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Homem, como não vão extraviar alguma denúncia? Era um expediente velho da mesma série, o nº FVV 1.625.

Barcelos #8 11/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto é "pecata minuta" comparado coa corrupción que hai detrás da adquisición da súa casa na rua Tabernas.

No Vaticano síntese seguro, baixo a protección da Santa Sede que sacia co Zumo Pontífice.

O Valedor do pobo, non vale un carallo. Semella o valedor do polbo.

xardon #9 12/Setembro/2008 xardon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ui! que despistaditos te son en los juljados de la coru...

xardon #10 12/Setembro/2008 xardon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vaia, desculpas a tod@s @s coruñes@s polo desafortunado do meu comentario anterior. xa está ben de difamar lingüísticamente a 300000 galeg@s por culpa do españolismo rancio da burguesía autóctona! (estoume berando a min mesmo)
ala, saúde e menos coñas coa coruña (voume rachar unha vimbia nos dedos e volvo)

Tino #11 12/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É q

Tino #12 12/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É q os do Opus só están baixo a lei de deus, non dos humanos, e desde logo, se fai falta perder un relatorio, pois pérdese e xa está.
Xa deus o xulgará cando chegue alá... A ver se non tarda en chamar por el!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: