O colectivo de Ferrol denuncia a dobre contabilidade que emprega a regasificadora: din que manexa dous orzamentos diferentes co ánimo de defraudar.
A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) volverá a ter que decidir sobre supostas ilegalidades en torno á planta de Reganosa. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol presenta unha nova denuncia, desta volta poñendo o acento nunha dobre contabilidade da regasificadora. Segundo explica o voceiro desta organización, Humberto Fidalgo, a empresa leva presentando dous orzamentos diferenciados dende o ano 2004 até hoxe. Dunha banda teñen unhas contas "autorizadas", que serían as que presentan para o pago de impostos, taxas e obrigas tributarias: estas cifras ascenderían a 190 millóns de euros (cantidade avalada polo Ministerio de Industria). Doutra banda, habería un segundo presuposto, que ascende a 292 millóns de euros, que o que se manexa para as inversións, é dicir, o que presenta cando lles toca recibir as retribucións (ao ser un sector regulado, é o propio Estado o que garante o 100% dos investimentos). En suma, segundo denuncia o Comité, Reganosa está a falsificar as súas contas, cunhas diferencias de até un 75%, para aproveitar a achega económica de recursos públicos. "É un saqueo con todas as letras", di Fidalgo, "parécenos inaceptábel que unha empresa que vive exclusivamente dos fondos públicos escatime cando ten que pagar os seus impostos".
Outras denuncias
A retribución da empresa gasista, regulada por parte do Ministerio de Industria, ascende este ano a 44,5 millóns de euros, o que supón máis de un millón de euros por traballador e ano. O Comité recorda que Reganosa ten na actualidade 40 traballadores, polo que considera estes datos unha dilapidación de cartos públicos, sobre todo nestes tempos de crise.
A terceira reclamación do Comité Cidadán refírese a unhas facturas inexistentes. Segundo denuncian, en 2001, cando o Grupo Tojeiro merca os terreos de Reganosa por 23 millóns de euros presenta á Axencia Tributaria unha factura de 2,3 millóns de gastos de apoio a esa venda. Porén, non existe ningún xustificante sobre o destino exacto que se lle deu a esa cantidade. Daquela a propia Facenda abriu unha inspección, non obstante, semella que quedou paralizada "ao mesmo tempo que tornaron en apoios as críticas dalgúns partidos políticos á planta regasificadora", di Fidalgo. "Sería moi interesante coñecer quen foron os beneficiarios destes 2,3 millóns de euros gastados por Tojeiro, xa que curiosamente coincide no tempo cun cambio radical na postura que certos partidos mantiñan respecto á situación da planta de gas no interior da ría de Ferrol e os apoios que efectivamente comezaron a chegar por aquelas datas".
por que só vieiros conta isto? por que só en vieiros non aparece a publicidade duns supermercados relacionados con este Grupo que si se publicita no resto da prensa?
Paco R. foi o gran valedor de Reganosa. Algún día terá que explicar por qué.
Para suspicaz
Galicia Hoxe:
Vivir Hoxe Galicia MUGARDOS
Denuncia no TSXG das "dobres contas" que ten Reganosa
O Comité Cidadán suxire o desvío de cartos a políticos para apoiar a planta
EFE
As asociacións que integran o Comité Cidadán de Urxencia pola ría de Ferrol remitíronlle onte á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) unha denuncia sobre a presunta "dobre contabilidade" que ó seu xuízo ten a empresa Reganosa e suxiren que o diñeiro podería ser desviado a partidos políticos para que cambiasen de opinión.
Ferrol Sábado 8 de Noviembre de 2008
--------------------------------------------------------------------------Diario de Ferrol------
El Comité Cidadán se muestra disconforme con las cuentas de Reganosa
REDACCIÓN > FERROL
El Comité Cidadán de Emerxencia expresó en rueda de prensa su disconformidad con las cuentas de Reganosa. Al hilo de las discrepancias, portavoces de la entidad hacen referencia a supuestas intencionalidades de la compañía que anunciaron que pondrían en conocimiento de la Fiscalía del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Humberto Fidalgo, miembro del citado comité, dijo que no concordaba el presupuesto constructivo inicial de la planta con el que finalmente se validó. Entre las presuntas anomalías aludió, asimismo, a los gastos de los gasoductos y afirmó que la Agencia Tributaria había abierto un expediente a raíz de que se presentasen unos gastos de apoyo a Reganosa por importe de 2,3 millones de euros “que no fueron justificados”. Recordó Fidalgo, por último, una operación denunciada en su momento en torno a las plusvalías de unos terrenos que Forestal del Atlántico vendió a Reganosa.
La Voz de Galicia
Dous dos portavoces deste colectivo cidadán, Humberto Hidalgo e Manuel Carballeira, acusaron nunha conferencia de prensa a dirección da empresa de beneficiarse de "retribucións inmorais" do Estado pagadas por "todos os contribuíntes". O colectivo oposto á localización da planta suxire, ademais, que o grupo Tojeiro, accionista de Reganosa, podería empregaría 2,3 millóns de euros en beneficiar "certos partidos políticos" que inicialmente se opuxeron a construír a planta.
El Comité de Emerxencia insta al TSXG a investigar la contabilidad de Reganosa
Autor:
La Voz
Fecha de publicación:
8/11/2008
El Comité de Emerxencia de la Ría de Ferrol acaba de remitir un escrito a la Fiscalía del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en el que pide que investigue la contabilidad de Reganosa, la sociedad promotora de la planta de gas de Mugardos.
El colectivo considera que pueden haberse producido desviaciones presupuestarias en el proyecto de la regasificadora y de su red de gasoductos desde que se inició la tramitación de esta infraestructura hasta su puesta en marcha.