O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta defende unha economía "ao servizo da xente" na presentación en Vigo dunha nova campaña da formación.
Quintana e Domínguez, este venres en Vigo
O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, subliñou este venres a importancia de que Galiza conte "canto antes" cun novo Estatuto, co fin de que poida desenvolver unha "estratexia económica nacional" coa que facer fronte á actual crise. Ademais, defendeu unha economía "ao servizo da xente" baseada no autogoberno.
Así o manifestou durante o acto inaugural da campaña Con máis autogoberno. Unha economía ao servizo da xente, organizada en Vigo, no que estivo acompañado polo tenente de alcalde da cidade, Santiago Domínguez.
O líder do BNG subliñou a necesidade de substituír as políticas neoliberais por aquelas baseadas no autogoberno que, na súa opinión, permitirán "reforzar o papel reitor que lle corresponde á Xunta na definición e desenvolvemento dunha estratexia económica nacional".
A ese respecto, recalcou a importancia de que Galiza conte cun novo Estatuto que lle permita avanzar nesa estratexia, para poder desenvolver unha política económica "que teña raíces na terra" e que estea definida pensando nas demandas e necesidades da cidadanía do país.
Ademais, reclamou máis unha vez as competencias en materia de portos, aeroportos, espazo radioeléctrico e sobre o dominio público marítimo-terrestre.
Quintana, que avogou pola intervención dos poderes públicos na economía "non só para garantir a liquidez da banca privada, senón para protexer as empresas e as familias", tamén recordou que "non "debe ser rescatado" o actual modelo económico, que se basea na "deshumanización dos mercados e a mercantilización da vida", senón substituído por un baseado no autogoberno.
Sistema neoliberal
Nese sentido, recordou que o BNG "cuestionou dende o principio" ese modelo neoliberal, defendido polas "elites, conservadoras ou progresistas, de Madrid,", e apuntou que as nacións que practicaron políticas máis autónomas son as que "agora están en mellores condicións para afrontar a crise global".
Pola súa banda, Santiago Domínguez recalcou o "compromiso dos nacionalistas coa clase traballadora" e o seu labor en defensa de sectores produtivos como o naval ou a automoción. Tamén salientou as políticas municipais encamiñadas a promover e dinamizar o comercio e o turismo, ou o reforzo das políticas sociais para evitar situacións de exclusión social.
La crisis sólo vos quedará resuelta cuando el PP vuelva al poder de la mano de D. Manuel Fraga Iribarne. O mejor ainda, cuando Franco se erga victorioso una vez más ante los rojos bloqueros etarras amigos de los moros y hablantes de gallego.
Vos hablo en serio. No vos riais...
¡VASPAÑIA, COÑIO!
A única solución dainte da creba do sistema especulativo mundial é máis control pra aqueles que especualan con cartos virtuais e máis facilidades pra aqueles que fornezan emprego. Evidente, certo... Pero é que ninguén o fai. Se cun novo estatuto podemos acadalo, ADIANTE
Eu,sempre o ollei así.Precisamos un novo Estatuto para Galiza(con Quintana ou sen Quintana).Axiña,deseguido,presto,de contado,,agora,¡XA!.