Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise na automoción

Un cento de traballadores péchanse en Copo Ibérica pedindo a readmisión dos seus compañeiros

Na mañá da sexta feira, esta empresa de compoñentes despediu 18 traballadores, sen previo aviso. Ao resto non lles garantiu a continuidade no futuro.

Redacción - 19:00 21/11/2008
Un dos traballadores de Copo Ibérica

Un dos traballadores de Copo Ibérica

Un cento de traballadores da empresa do sector da automoción Copo Ibérica -dedicada á confección de recheos de asentos, pousa-cabezas e apoia-cóbados-, permanecen pechados nas oficinas da planta, situada en Mos, en protesta polo despedimento de 18 compañeiros, e para pedir a súa "readmisión inmediata".

A protesta comezou ás 14:00 horas, segundo recolle Europa Press, en declaracións de Francisco Miranda Vigo, presidente do Comité de Empresa de Copo Ibérica, quen tamén sinalou que, unha vez comezado o peche, a xerencia chamounos a unha xuntanza. Nela, os representantes dos traballadores pediron a readmisión para os 18 despedidos e, en todo caso, se algún empregado decidise abandonar a empresa por propia vontade, falouse da negociación das condicións ofrecidas nun comezo -20 días por ano traballado, cun máximo de 12 mensualidades-, para melloralas.

En canto á posibilidade de que esta planta realice futuros recortes de persoal;Miranda Vigo explicou que na xuntanza coa xerencia "non se garantiu nada" sobre o futuro do resto de traballadores.


5/5 (2 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 22/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Sin loita non hai futuro

Garavite #2 22/Novembro/2008 Garavite
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Como vai tan "mal" a economia, o Paquito Anguera ja nom pensa en deslocalizar a producción a Marrocos, como nom é tempo de invertir agora adicase a foder ó persoal, primeiro a polos técnicos e despois a polos obreiros, iso si, atendendo ós unicos méritos sindicais e non profesionais.

En COPO Ibérica ainda queda gente viva e o "señor" Paquito rendirase a 250 trabalhadores en loita.

Viva a clase trabalhadora galega!
ADIANTE Á LOITA SINDICAL!
NINGÚN PASO ATRÁS!

Entrevista a "Paquito" fai 20 dias onde promete que nom aplicará ningún ERE
http://www.farodevigo.es/secci...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: