Na elección escenificáronse as diverxencias entre o PSdeG e o BNG, que ocupará a vicepresidencia segunda.
Socialistas e nacionalistas non chegaron finalmente a un acordo para presentar unha lista única. O PSdeG non aceptou a posibilidade dunha presidencia compartida, tal e como reclamaba o BNG. Así, o rexedor de Ames, Carlos Fernández, presidirá a Fegamp; o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez (PPdeG), ocupará a vicepresidencia primeira; e o de Allariz, Francisco García (BNG), terá a segunda.
A nova Executiva da Fegamp queda composta polos alcaldes socialistas Carlos Fernández (Ames), Xosé Fraga (Piñor), Xosé Sánchez Bugallo (Santiago), Xosé Clemente López Orozco (Lugo), Francisco Rodríguez (Ourense), Xulio Sacristán (Culleredo), Xosé Luis Raposo (Pedrafita), Serafín Martínez (Fornelos de Montes) e María Xesús Escudero (Mos); polos populares Perfecto Rodríguez (Ponte Caldelas), Xulio Álvarez (Quiroga), Manuel Taboada (O Pino), Roxelio Martínez (Arnoia), Francisco Caínzos (Curtis) e Francisco Veiga (Riós); e polos nacionalistas Francisco García (Allariz) e Clara Millán (Cangas).
No Consello Federal estarán ademais os alcaldes socialistas de Paderne, Arteixo, Boimorto, Muxía, Fene, Burela, Chantada, A Pontenova, Portomarín, Parada de Sil, Vilardevós, Entrimo, Ribadavia, Cotobade, Silleda, A Estrada, Marín, Redondela, Ares e Catoira; os rexedores populares de Xove, Monterrei, Soutomaior, Oza dos Ríos, Pantón, Melón, Meaño, A Baña, O Corgo, Sandiás, Forcarei e Porto do Son; e os nacionalistas de Pontevedra, Melide, Monforte, Tomiño, Arzúa e Carballo.
Os alcaldes independentes, capitaneados polo de Oleiros, Anxo García Seonae, abandonaron a asemblea durante a votación ao sentirse “marxinados” do proceso.
É mellor que nom haxa ninguem , a que nom haxa algum do pesoe
O psoe está facendo a balsa da merda con isto da fegfamp. Som o mesmo as dereitas espanholas e as esquerdas. Nom se pode deixar que governem sempre.
É mellor que nom haja quem leve isso.
SOM O MESMO AS DEREITAS E AS ESQUERDAS ESPANHOLAS
E QUE SE FODAM OS DE "ESQUERDiAS"
Para além de meterem um dos seu, esquecendo e traindo o pacto de governo, o PSOE escolheu um bom peixe. Ainda bom que neste organismo nom se pode "fazer" tanto como nas Deputaçons. Alguém lembra aquela PSV que fazia vivendas? Carlos Fernández jogara um rol importante nela.