A empresa asinou un convenio con Industria para ofrecer a nosa lingua nos seus terminais, en menús e en aplicacións.
Respondendo a unha demanda nacida hai uns meses, a Consellería de Innovación e Industria e a sociedade Eroski promoverán e fomentarán o uso do galego de xeito progresivo no ámbito do sector da telefonía móbil, en virtude dun convenio subscrito este mércores por Fernando Blanco, a directora da Secretaría Xeral de Eroski, Leire Barañano, e o director xeral de Vegalsa Joaquín González.
Mediante este convenio -vixente ata final de ano- Eroski fomentará nos seus terminais a opción do idioma galego nos seus menús e aplicacións, así como nos pedidos aos fabricantes. Ademais, realizará unha campaña entre os seus abonados para informar da dispoñibilidade de renovar ou substituír o seu terminal por outros que conte con esta opción. Igualmente a operadora terá que facilitar as comunicacións, tanto orais como escritas, entre os seus abonados en galego, así como difundir este idioma na rede de establecementos que o grupo posúe nesta comunidade autónoma.
Exemplo catalán
Hai un par de meses anunciábase o acordo ao que chegaran a Generalitat de Catalunya e Orange para ofrecer servizos wap en catalán. No portal wap.orange.es/orangecat, Orange distribúe xogos, servizos de noticias de varios medios de comunicación en catalán e mesmo e emisión en directo da TV3. No portal tamén se poderá descargar música de autores cataláns. Antes, en outubro, o goberno catalán creara a páxina El Teu Mòbil para que os mozos e mozas puidesen saber que clases e marcas de teléfonos móbiles teñen a opción de programarse en catalán.
E a Conselleria de Educación e Normalización lingüística a q se dedica?
sería bo que lhe comunicassen á pessoa que envía o SMS da foto que em galego é choio, nom curro!
Txari, quitáchesmo da boca. Áínda hai outro erro máis... a ver quen é o listo que o atopa. A verdade é que non hai quen nos supere!
ah! por non falar do de mensagem ( que non se nos ofenda ninguén)
Tino, unha cousa é a Consellaría de Educación e outra a de Presidencia (da que depende a Secretaría Xeral de Política Lingüística).A que se dedican, pregúntallelo a eles. En todo non vexo ningún problema en que a Consellaría de Innovación e Industria dedique parte dos seus orzamentos á promoción do galego.