Os expertos defenden a aposta polo tren de proximidade, non só con novas vías, senón co aproveitamento das existentes, en perigo coa chegada da alta velocidade.
"O metro lixeiro utiliza enerxía eléctrica para a súa mobilidade o que supón un índice moito menor de contaminación e case o dobre de rendemento que os actuais combustibles", destacaba este xoves Margarita Novales Ordax, membro do Comité Organizador deste VIII Congreso Internacional de Enxeñaría do Transporte e á vez especialista neste tema.
Novales puxo o exemplo da área metropolitana da Coruña e explicou que a proposta dun metro lixeiro para a cidade resulta "totalmente factíbel", recordando que está de feito en estudo un proxecto de introdución real deste no centro urbano da cidade. Salientou a redución na conxestión do tráfico urbano e interurbano e a valiosa alternativa aos vehículos privados que implicaría esta aposta. Margarida Novales propón a utilización da vía férrea que, partindo da praza de Ourense, chega até Betanzos.
Manter e reforzar as liñas férreas de proximidade
"O quilómetro de metro lixeiro é moi caro", apuntou Margarida Novales, "máis de doce millóns de euros e iso sería imposible de asumir para a área metropolitana, pero na Coruña podemos utilizar a vía ferroviaria que xa existe".Unha infraestrutura que, precisamente, corre o perigo de desaparecer coa entrada do TAV á cidade e o aproveitamento urbanístico da zona portuaria. Novales Ordax considerou que sería importante manter esta infraestrutura xa que "o máis difícil é dispoñer de espazo para ela, así que, unha vez que xa o temos, deberiamos mantelo e sacarlle a máxima rendibilidade".
Por outra parte, a experta tamén falou da necesidade de aplicarmos en Galiza medidas como os aparcamentos disuasorios, de grande éxito en países como Francia ou Alemaña. Unha proposta que consistiría en que os usuarios deste metro lixeiro na Coruña achegaríanse ás paradas nos seus vehículos privados dende Oleiros ou Cambre e deixaríanos nese párking, o custo do cal xa estaría incluído no billete do transporte metropolitano.
Por outro lado, o secretario da comisión de transporte do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Julián Sastre, asegurou que o sistema de metro lixeiro podería supoñer "unha solución definitiva para os problemas de tráfico nas cidades galegas". Sastre González recoñeceu que "é necesaria unha inversión moi considerábel", pero opinou que "as marxes de explotación deste sistema son moi importantes". Por iso, ao seu entender, "dispoñermos dun servizo de autobús en plataforma reservada é unha boa medida como etapa inicial, de forma que a cidade estea preparada para dar o salto ao metro lixeiro cando a demanda o xustifique".
Podese dicer máis alto, mais non máis claro: SR LOSADA, SR TELLO, SRS ALCALDES DA AREA, XUNTA E GOBERNO CENTRAL, son os tecnicos quen o din.
Deixense de tonterías de se pontes ou novos carrís, e poñanse a tarefa. XA ESTA BEN DE FACER TONTERIAS, ESTAMOS FARTOS.
E a vía do tren de Ferrol, como a levanten non ten perdon. A vía é absolutamente necesaria.
E os cidadans, que pensades que o "modelno" é levar o coche ata o water.... Veña xa. Se non sodes máis tontos é porque non estudiades, co que pagades de máis polo combustible cada día que levades o coche o traballo ou o que sexa, poderías ter unha calidade de vida mellor.
TREN DE PROXIMIDADES XA. METRO LIXEIRO, TRANVIA OU COMO SE CHAME XA.
Non vaian agora descubrir a pólvora: claro que hai que facer aparcamentos disuasorios GRATUÍTOS (propostos en actos públicos p.e. en Pontevedra xa desde finais dos anos 78/80), ferrocarris de cercanías electrificados (metros nas conurbacións), e buses nas espalladas vilas "satélites" alonxadas do tren, TODOS COORDENADOS (buff!)
XENTE: eu paso por riba dos comentarios do Gaviotero ese pq NON KERO LE-LOS, pero vós OBRIGÁDESME coas vosas respostas.
TAN DIFICIL É IGNORA-LO? Organizaçao e atençao ao fundo da noticia!
E não só até Betanços. A linha do FEVE está em ruinas.
A senhora Margarida Novales o que não diz é que melhor e mais barato ainda são o caminhos de ferro. Ainda que na galiza vão a gasóleo, no resto do mundo também vão com electricidade...
O problema para não o fazer é que ocupa mais (ferrovia dupla) que o metro. É o grande problema que tem Oriol Bohigas para fazer o ordenamento urbanístico da zona do porto, porque os especuladores não querem as ferrovias em primeira linha de costa, criando uma faixa verde costeira, pois também é apta para excelentes e lucrativos edifícios....
O "Metro lixeiro" é puro eleitoralismo.
Caminhos de ferro de proximidade, com novas linhas e suficientes comboios nas existentes. E que se deixem de "metros lixeiros" e planos de estradas para asfaltarem Galiza as empresas construtoras dos amiguinhos.
Entre a diferença entre metro e trem, amais das técnicas são de gestão.
O "metro lixeiro" é competência municipal ou de vários concelhos duma área metropolitana.
Os caminhos de ferro são competência do Estado Espanhol, que os está a liquidar, e a Junta da Galiza ainda nunca falou duma rede autonómica própria como os caminhos de ferro da Generalitat Catalana, que são um exemplo de excelente gestão.
Estes do PSOE são o extremo do cinismo, a hipocrisia e a mentira.
Com essas declarações tentam manipular à opinião pública, que achará um "metro" (que moderna e cosmopolita palavra!) com algo muito atractivo.
Vejam vocês quanto se fala dos caminhos de ferro de proximidade nas Directrizes de Ordenação Territorial recentemente apresentadas pelos cerebrinhos dos enxenheiros socialistos:
http://www.cptopt.xunta.es/por...
Amais de ridículas e erradas, há uma total descoordenação com o plano de estradas e tudo quanto delas deveria depender.
Neoliberalismo ao estilo "vai-che boa" e destruição física e socioeconómica da Galiza.
¡Jajajaja! ¿Con qué dinero? ¡Pero si llevan años mareando la perdiz con la autovía de Vigo a Pontevedra! Y no hay ningún plazo REAL para llevarla a cabo porque no hay un duro!!!
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
Constrúan xa metros (lixeiros ou non) en Vigo, A Coruña e Ourense, e déixense de lerias varias tipo autoestradas de circunvalación, que ao cabo non provocan máis que novos colapsos, ou trens de alta velocidade para elitistas ou turistas que só veñen de fóra comer marisco en restaurantes baratos (vaia turismo apañamos nós!). As Directrices que vén de presentar a conselleira non están mal de todo, pero como sempre moita autoestrada, moito tren de alta velocidade para a Meseta, pero pouco (pouquísimo) transporte público nas áreas metropolitanas galegas. A ver se seguimos o exemplo do Porto!!! (cunha poboación, por certo, idéntica á de Vigo): metro e cercanías xa feitos e funcionais, e menos teimas de altas velocidades.
En Ourense está clarísimo que o tren de alta velocidade deixará sen servizo a liña actual de tren convencional, que estrutura os máis dos barrios da cidade. Que fagan un tranvía ou o que queiran, pero que non deixen perder a oportunidade de ter un trazado enteiro xa feito e -por favor- non especulen unha vez máis co espazo que fique baleiro. Mediante tranvía poderíase ir ás pozas de Outariz perfectamente co trazado do tren actual, evitándose o cristo que hai agora para ir en coche. Teñen que vir investigadores de Catalunya para dicírnolo:
http://www.lavozdegalicia.es/o...
Tan difícil é decatarse? E que non me veñan co rollo dos cartos, xa me amola: pensan que somos parvos?
Xa outra vez saíu o tema de AVE versus camiños de ferro de cercanías, proximidade metro lixeiro ou o que queirades. E ainda non entendo porque algúns de vos facedes dicotomía onde non hai tal. Precisamos AVE e precisamos todas eses medios de trasporte dos que falades, cómpre ter ambas as dúas cousas para combater o atraso. A expresión "trens de alta velocidade para elitistas ou turistas que só veñen de fóra comer marisco en restaurantes baratos (vaia turismo apañamos nós!)" discúlpoa totalmente porque provén necesariamente da ignorancia da situación de moitos galegos que viaxamos cada fin de semana á capital do estado para traballar (non entro en argumentos económico-turísticos porque os descoñezo, simplemente). Falo de ser testemuña do desplazamento de máis de medio millar de galegos durmindo en bus nocturno, (e dicer, sen estimar os viaxeiros diurnos), de ambos sexos e menos cativos de todalas idades, de Alsa dende Ferrol, A Coruña, Santiago e Lugo e no Auto-res dende Vigo, Ourense e Pontevedra. E do coñecemento directo de que unha viaxe en tren de alta velocidade-liña de media distancia duns oitenta quilómetros dende Madrid tarda vintecinco minutos e custa nove euros en troques que os buses de Arriva entre A Coruña e Lugo custan o mesmo e poden chegar a tardar ata dúas horas se non che cadra coller o servizo directo (que é directo máis non é rápido), coñecemento empírico que me fixo mudar todas as miñas ideas para me cuestionar onde vai o beneficio desas empresas de transporte (que non admiten tal e aínda negociaron unha suba do trasporte seica do 3% para agosto).
O que di Roi_Ourense de que o tren de alta velocidade deixará sen servizo o tren convencional voume atrever a pólo un pouco en cuestión, aínda que admitindo descoñecer a realidade de Ourense, e por tanto con risco de metela pata; se en Madrid conseguese que chegue o metro, o tren de cercanías e tódalas liñas do AVE ó pe da Castellana, Ourense tamén pode ter todos eses servizos ata a actual estación ou senón (por aquelo de que descoñezo se hai impedimentos xeográficos) a outro lugar que debera ser razoabemente céntrico e accesible para os cidadáns de ourense. E se os políticos din que non, eu penso que é porque non queren poñer riba da mesa os cartos precisos.
Que queres decir Xoan_da_Tolda, que o TAV é necesario para satisfacer os viaxeiros de Alsa dende Ferrol, A Coruña, Santiago e Lugo e no Auto-res dende Vigo, Ourense e Pontevedra? Cantos son? e Para iso tanto destrozo? non será mellor gastar uns poucos cartos menos (que o TAV) e fomentar un posto de traballo para eses traballadores en Galicia?
O que fai falta neste pais é ordenamento, planeamento e sobra improvisación. Non ten sentido invertir agora en trasporte individual co que está a subir o prezo do comustibel e co cambio climático. Hai que conectar as zonas residenciais, cos centros productivos, pero antes hai que planificar donde se vai a producir e donde habitar. É dificil ordenar o desorden e diseñar un plan de trasporte. Por suposto non fai falta traer profesionais de Catalunya ou Madrid, pois os nosos profesionais hai tempo que o están a decir pero os políticos daiquí non fan caso e gardan no caixon os estudos e os proxectos. En Vigo é necesario un "Metro", sobran autovías que conecten Pontevedra con Vigo e o seu aeroporto, ca futura A-57, xa aprobada, non ten sentido facer outra en paralelo a 3 quilómetros de distancia da futura A-57 e a 8 quilómetros da AP-9. Non ten sentido tanta infraestructura e as listas de espera, a falta de médicos e persoal nos centros médicos e hospitais, a falta de xulgados, a acumulación e ralentización da xustiza, a carencia de trasporte colectivo urbano que conecte o rural cas vilas, ou vilas, etc. O tren é máis seguro que o coche. O metro é maís competitivo que o bus urbano. En Vigo é case imposibel circular en coche. Metemos un par de autovías para que a xente chegue antes a un atasco?, e logo, contruimos máis parquins soterrados para que axente pague un riñon e vaia andando o traballo?, ou fomentamos as motos para que aparquen enriba das aceras e os peóns imos pola rua?
Dende as altas esferas estanse a mandar mensaxes contradictorias, se queren reducir as emisións de gases, non ten sentido que fomenten o trasporte individual (as autovías), que por outra parte empeoran a calidade do aire e enferman a poboación. + autovías = + coches + contaminación + enfermos - médicos + mortes. É o peixe que se morde a cola
Concordo con moito do que dis, eu só digo que o AVE é necesario para o desenrolo de Galiza e que é compatible con todo o resto de solucions no transporte de proximidade. Eu só quería amosar que son solucións compatibéis e necesarias, hai unha demanda real de viaxeiros para esa infraestructura, por outra banda, a proposta de crear postos de traballo para os traballadores no exterior é simplemente irreal. De tódolos modos, se ti ves a forma de facelo, tes o meu voto e firmo onde seña contra o AVE, pero o primeiro posto libre é para min, que estou desexando voltar á terra
Por outra banda semella que a construcción das estructuras ferroviarias de proximidade (que presisamos con urxencia, vaia por diante) vanse construir con innovadores sistemas que eviten as manifestacións, expropiacións, detonacións, perforacións, e outros máis -óns desagradables asociados á inversión pública. Tanto ou máis destrozo van provocar esas necesarias infraestructuras coma o AVE, e ambas as dúas son necesarias. Non podemos rexeitar infraestructuras e investimentos que os cataláns, por exemplo, saben aproveitar.
Respecto a algúsn dos problemas que interrelacionas na túa exposición, dicir que se queren máis médicos e enfermeiras que suban os soldos, médicos e enfermeiras galegas están traballando en Portugal e no resto de España porque lles pagan máis, non hai outra cousa. E tres cuartos do mesmo para a ralentización da xustiza, máis gasto en informatización e equiparación salarial cos funcionarios autonómicos.
Mira a min non me vas convencer con eses exemplos "é que os cataláns aproveitan .. . ." "os vascos fuman en pipa..." a min dame igual, non envexo nada de ninguén, nin pico desas argumentacións . . . "é que en Coruña, fano millor", "é que en Holanda saben máis", vaia tontería!. Non chupes tanta propanganda electoral pola tele. Creeste as paisadas que contan os políticuchos!
Non me creo nada esa suposta demanda que dis do AVE, só hai unha ilusión idiota creada polos ilusionistas poolíticos e mediáticos, e nos coma parvos creemolas. Hai que vender xornais, hai que distraer a opinión pública, ti buscando chollo e a eles a marear a perdiz co AVE, que si aquí que si alí, que si agora que si despois. O único motivo, é que os amigos dos políticos (constructores, banqueiros, . . . ) teñen que facer caixa, senón quen te crees que lles pagan as campañas electorais, quen crees que empregan a seus fillos, . . . . . se foras fillo dun alcalde non andarías a traballar fora de Galicia, ainda que foralo máis parvo do povo, podocho asegurar. Non é certo que concordes moito co que dixen, só hai que leer o que dis.
Non é compatibel o AVE con outras cousas, sinxelamente porque o AVE custa moitos cartos e os cartos que van para o AVE, non van para outras cousas. Xa teñen dificultades para manter os trens de agora, para máis mantelo AVE e o tren de cercanáis a vez, pero ti que te pensas, que nacen no Banco de España?