O BNG solicitou a presenza en comisión de seis representantes da cultura e da sociedade da comarca.
Varios representantes de institucións sociais e culturais do Bierzo están chamados a comparecer no Parlamento para dar a coñecer a situación da lingua galega na comarca. A solicitude, presentada polo grupo do BNG, responde ao acordo acadado por unanimidade pola Cámara en xuño de 2007, para poñer en marcha programas de galeguización no Bierzo.
O principal impulsor da iniciativa, Bieito Lobeira, comprometérase en Vilafranca co presidente do Consello Comarcal do Bierzo a adoptar medidas na defensa do galego na zona. O parlamentario lembra que na comarca hai 40 mil habitantes que usan unha lingua que carece de recoñecemento xurídico.
Lobeira explicou que a convocatoria forma parte da idea de promover e protexer a lingua galega fóra dos límites administrativos de Galiza. O feito de que sexan as propias institucións bercianas as que se presenten perante unha institución oficial como o Parlamento é un xeito de "acabar coa distorsión de que o BNG practica o imperialismo lingüístico, que acadou eco en determinados medios".
"Que sexan representantes da comarca do Bierzo os que dean o seu punto de vista para evitar calquera tipo de susceptibilidade", engadiu o parlamentario.
A petición de comparecencia en comisión inclúe os nomes de Héctor Silveiro, membro correspondente no Bierzo da RAG e coordinador da Comisión Cultural Martín Sarmiento de Vilafranca do Bierzo; Xabier Lago, presidente da asociación cultural Fala Ceibe; Manuel Mañá, presidente da asociación Xarmenta; Marisa Cela, directiva da Escola de Gaitas de Vilafranca; María Luisa González, alcaldesa da Veiga de Valcarce e membro do Consello Comarcal do Bierzo e José Manuel González, alcalde de Valboa.
Lobeira explicou que entre as persoas que forman parte da comparecencia, hai un abano que inclúe políticos do PP e do PSOE e institucións representativas da comarca. Tamén lembrou que o pobo da comarca xa amosou o seu interese en recibir as emisións dos medios de comunicación públicos galegos, así como participar na cobertura informativa no noso país. E, como mostra da súa implicación en accións culturais e deportivas, xa iniciaron colaboracións coas direccións xerais de Xuventude e Deporte.
Moito me agrada esta nova. É un paso dos moitos que levan dado, e dos que deben vir.
E o Eo-Navia que, señor Lobeira?
No Bierzo na súa lingua territorial propia coma en Burgos na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a propia do territorio ou iocandi causa, docendi causa ou outras causas igualmente xustificadas.
A oficialidade do galego en todo o seu territorio propio évos unha obriga constitucional incumprida. Sería ben que o Parlamento galego llo lembrase ó estatuínte castelán-leonés (asturiano, ...)!
carxeva en el occidente asturiano tienen una lengua propia que la academia de la llingua asturiana es la que tiene poder de decision,ya que es una lengua asturiana en territorio asturiano.Los demas que se metan en sus cosas,que suficiente tienen para ellos
Por iso foi o presidente de Asturias a Fonsagrada falando do "Bable" que se falaba alí. Hai unha cousa innegable, e son as fronteiras dun idioma. Neste caso chega a unha parte asturiana. Mais alén está o Bable.. Se lle queredes dicir que en Asturias hai duas linguas asturianas alá vos, pero ter tedes unha o igual ca nos, e a nosa penetra no voso territorio. Tampouco vou negar ca iso é Asturias, pero sí debía haber unha normalización linguística, pra non desfavorecer os habitantes disas zoas.
De feito a zoa do Eo-Nabia en tempos pertenceu o bispado de Mondoñedo. o igual ca zoa do bierzo foi do condado de Lemos. Isa é a razón da presenza do noso idioma nistes territorios. Non é un intento de usurpación territorial, mais sí de que se respete o noso idioma ali onde se fale