Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En xogo os recursos naturais

Días antes do referendo pola autodeterminación de Grenlandia, a UE move peza

A illa, que vota este martes, é territorio semiautónomo de Dinamarca, un dos estados membros. Baixo o xeo do Ártico, que o quecemento global está a derreter, os intereses son moitos.

F. A. - 13:00 21/11/2008
O xeo cobre a maior parte da illa

O xeo cobre a maior parte da illa

Grenlandia vota o martes en referendo o aumento da autonomía desta illa do Ártico, actualmente baixo soberanía danesa. A vitoria do Si dábase hai uns meses por segura.

"É o primeiro paso cara á independencia", declaraba en maio o primeiro ministro grenlandés, Hans Enoksen, logo do acordo asinado co seu homólogo de Dinamarca. Este último, Anders Fogh Rasmussen, reiteraba pola súa banda o apoio do Executivo que preside a un incremento no autogoberno da illa, que leva consigo a xestión dos recursos naturais.

Uns recursos (petróleo, gas, minerais, peixe) que o desxeo polar, provocado polo quecemento global, está a converter en facilmente explotábeis, ademais de crear nova rutas marítimas entre continentes. Non é de estrañar, xa que logo, as disputas latentes entre os países con influencia no Ártico, onde as fronteiras son difusas.

O ano pasado Rusia enviou dous pequenos submarinos para colocar a súa bandeira baixo o Polo Norte, e Canadá anunciou a instalación dun centro de adestramento militar e mais dun porto. EUA, Canadá e Noruega son outras das nacións presentes, así como tamén, con tres estados membros na zona (Dinamarca, Finlandia e Suecia), a UE.

Máis comensais, menos a repartir
Precisamente esta quinta feira, a Comisión Europea anunciaba a intención de pelexar polo seu anaco de pastel, particularmente na extracción de cru e na explotación do gas. Un comensal máis, seguro que non do agrado da Rusia que subministra combustíbel a media Europa.

Mentres, en Grenlandia -que ten un convenio de colaboración especial coa UE- agardan que dentro de cinco días acabe a dependencia económica de Copenhague, a onde agora van parar todos os ingresos saíntes da explotación dos seus recursos. E, ademais, eliminar totalmente o subsidio que o Estado danés achega a Grenlandia. Sempre e cando gañe o Si.


4,62/5 (13 votos)

Comentarios (12)

piugo #1 21/Novembro/2008 piugo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se hai un caso que está afastado do galego, dentro dos países sen estado, é o grenlandés. Cunha poboación inferior a 60.000 persoas, menor xa que logo que a cidade de Pontevedra, pensar nunha independencia é un disparate. O aquel está en preservar o fomentar a cultura propia, pero con esa poboación, non pode ser independente. En Copenhague, un dos meirandes problemas é a integración social dos grenlandeses, que case nun proporción do 50% viven na capital dinamarquesa. E dentro de este número, cómpre encadrar outro, un 30% de grenlandeses vivindo na rúa. Por certo,o subsidio que reciben do estado é moito maior que o que a día de hoxe aporta Grenlandia á economía de Dinamarca. De calquera maneira, nas culturas de tolerancia que se adoitan practicar en Escandianvia, sempre hai espazo para o diálogo, mesmo cando Fogh Rasmussen é con certeza o peor gobernante que tivo o país en polo menos dous centos anos.
Pola contra, o caso das illas Feroe resulta máis interesante, aínda que eu tamén o vexo moi distinto do galego. Abonda con ver cifras de poboación.

Saúdos.

P.s.: que ninguén tome a mal o que digo, que eu para o noso país quero o mellor, que é a independencia. Dígoo por se algún me quere tachar de langrán, que o son, mais non por isto.

aovellaquemira #2 21/Novembro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +19 Negativo]

#1 A esses dados que achegas faltou-te incluir os relativos os "ingresos saíntes da explotación dos seus recursos" que vão parar a Copenague.
Na minha opinião Groenlândia é uma Noruega em pequeno e ainda com os seus recursos por explorar. Quantas menos pessoas, maior renda per capita. Assim de simples.

piugo #3 21/Novembro/2008 piugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

páxinas 26 a 30.

http://books.google...

#2 non teño dúbida de que Groenlandia ten que acadar un maior autogoberno e sobre todo o dereito sobre o subsolo do que agora carece (segundo un obsoleto pacto americano-danés, pero Independencia, home, meu, sentidiño, que estamoa a falar da poboación dunha vila nun continente xeado. Sentidiño, home.

Por diversos motivos, poucos grenlandeses miran máis aló do subsidio, e é lóxico, pois teñen non poucos problemas: o primeiro, a súa falta de integración social, co maltrato á muller sen ir máis lonxe, ou a intolerancia ao alcool, que soa a brincadeira pero que é un problema grave.

Sáudos

aovellaquemira #4 21/Novembro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +19 Negativo]

#3 O sentidinho é um conceito indeterminado. A sua opinião não coincide com a minha. Não apele a nenhum lugar comum nem a uma maioria de opiniões coincidentes para suster a sua. Sustenha-a sobre argumentos. O segundo parágrafo do seu comentário não é nenhum argumento.

Quanto ao primeiro:
http://pt.wikipedia.org/wiki/L...
População
- Estimativa de 2005 34 521 hab. (211º)
- Censo 2000 33 307
- Densidade 215 hab./km² (52º)

Indicadores sociais
- IDH (1997) 0,946 (12º) – alto
- Esper. de vida 79,81 anos (18º)
- Mort. infantil 4,58/mil nasc. (201º)

E sem petróleo, gás natural, imensos caladoiros, etc.

aovellaquemira #5 21/Novembro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +17 Negativo]

Ah, e em Groenlândia (ou Gronelândia) acho pouco ajeitado falar de indígenas, como faz o informe da sua (interessante) ligação.

Arroas #6 21/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Piugo, parés que coñeces ben as rúas de Strøget,Nyhavn e Cristiania... e Dannmark eos Dansk ; )
Falaches ben, ouh. Oes, non podemos chegar a xustificarnos polas nosas opinións nestes foros (dígoo pola túa P.S).
En ben entendo que es bo e xeneroso, e se non, ik problem.
Sabedes que cando arrivan barcos, neste caso pesqueiros, a Nûk, estes homiños ofrecían ás súas mulleres aos visitantes (seica é algo cultural, aínda que non sei eu...)e a cambio algo de alcohol e tabaco es o rei???¡¡¡ A min díxome alguén que si arrivou en pesqueiro galego a esas terras xélidas mais cheas de beleça xeomorfolóxica e natural.
Abofé que Dinamarca ten aí un grande neghossio.

aovellaquemira #7 21/Novembro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +19 Negativo]

#6 Arroas, isso que comentas em #6 também ocorria noutras vilas marinheiras de todo o mundo, incluindo as da Galiza. Acho que a finalidade é (era) evitar a endogámia e o cretinismo.
Se mal não lembro creio que fora a própria Rosalia quem sofrera grandes críticas em Madrid por contar isso mesmo referido às vilas galegas.
Abofé que Dinamarca, Noruega no seu dia, ou as pessoas que vivam na Groenlândia se esta obtém a independência, têm um grande negócio.

piugo #8 22/Novembro/2008 piugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6.
Arroas, levas razón que non debo de xustificarme na P.d., non obstante aquí ás veces sae algún lusista exaltado e ve demos onde soamente hai pobres desgraciados coma min, carallo.

E logo, tamén ti coñeces ben Nørrebro, Kongens Nytorv e mais os drogatas trasnoitados de Cristiania? Coñecémonos, rapás?

Arroas #9 22/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Ei, aovellaquemira, si, xa sei, sabemos que os mariñeiros, andaban a "sexear" nos portos de todo o mundo, facendo "uso" dun servizo de prostitución que ás máis das veces (África, nomeadamente) "asaltaban" os barcos a cambio dun bocadillo e unha camiseta. Xa sabemos onde leva a miseria e empobrecemento deses países. Pero "non me consta" que neses países, por exemplo, de SudAmérica (Arxentina, Uruguai,pp.)ou África sudoccidental (Namibia, Angola...) entregasen ás mulleres propias nese plan como o fan en Grønland. Bon, non vou facer de antropólogo aficionado que non é o meu. Oes, piugo, non sei se nos coñecemos; acho que non. Moraches lá en Dk??
Hylser pa deg

Arroas #10 22/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

... en Nørrebro (bonita "gate") moraban uns amigos, agora fanno na outra beira, en Malmö.

limosolar #11 23/Novembro/2008 limosolar
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

É ridiculo falarmos da Autodeterminação da Gronelândia quando a Galiza está ocupada. Há que estabelecer prioridades.
Faça uma reflexão.
Com humor se diz muitas verdades:
http://br.youtube...

Freemannnnn #12 24/Novembro/2008 Freemannnnn
[Valora este comentario Positivo +17 Negativo]

#13 hai limosolar
Acertas en cheo. O que nos interesa a autodeterminación dos outros sen a nosa ser exercida?

"É ridiculo falarmos da Autodeterminação da Gronelândia quando a Galiza está ocupada. Há que estabelecer prioridades.
Faça uma reflexão.
Com humor se diz muitas verdades:
http://br.youtube...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: